Teresa Chao Maciñeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1893 A Habana, Cuba |
Morte | 1956 (62/63 anos) A Coruña, España |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón Villar Ponte |
Fillos | José Ramón Villar Chao |
Irmáns | Micaela Chao Maciñeira |
Teresa Paulina Modesta Chao Maciñeira, nada na Habana o 24 de febreiro de 1893 e finada na Coruña en 1956, foi unha activista galega ligada ás Irmandades da Fala.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da familia de Federico Maciñeira Pardo de Lama, era irmá de Micaela Chao Maciñeira, naceu en Cuba, onde emigrara a súa familia. Na illa actuou como afeccionada en pezas dramáticas no elenco da Sociedad Gallega de Declamación Rosalía de Castro. Coa súa familia estableceuse en Galicia o 25 de xullo de 1910. De ideoloxía fondamente galeguista, participou activamente nas Irmandades, e ao se fundar a Sección Feminina no seo da irmandade coruñesa pasou a formar parte dela, chegando a se converter na súa vicesecretaria. Tamén actuou en diversas montaxes realizadas polo Conservatorio Nacional de Arte Galega [1].
Casou con Ramón Villar Ponte en 1919 e ao ano seguinte tivo o seu primeiro fillo, Xaime Villar Chao que educou dende o berce en galego, o que constituía cousa inusitada entre a burguesía da época, como relatou Ramón Villar nunha dedicatoria de nacemento:
...cicais do único infante que xa no berce, pertencendo a unha familia non labrega nin artesá, ven sendo aloumiñado por seus pais, d'un xeito conscente e ateigado de intenzón, co'as verbas da lingua doce e groriosa da Patria...[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conservatorio Nacional de Arte Galega en HLG
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 217. ISBN 978-84-9121-304-8.