José Santiago Seijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Santiago Seijo
José Santiago Seijo 1935.jpg
Nacemento1877
 Viveiro
Falecemento25 de abril de 1945
 Viveiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

José Santiago Seijo, nado en Viveiro en 1877 e finado na mesma vila o 25 de abril de 1945,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado en Viveiro. Integrado no maurismo, en 1912 organizou a Juventud Conservadora de Viveiro. Concelleiro de Viveiro, en novembro de 1913 foi nomeado alcalde por Real Orde[2], posto no que permaneceu até agosto do ano seguinte. Foi director do semanario El Vivariense en 1914, e foi detido e procesado. Ao ano seguinte dirixiu Verdad y Justicia. Secretario do concello de Mondoñedo, foi nomeado secretario do concello de Viveiro en novembro de 1923[3]. Volveu ser nomeado alcalde de Viveiro ao rematar a ditadura de Primo de Rivera e tomou posesión o 14 de abril de 1930. Foi elixido concelleiro o 12 de abril de 1931. Coa proclamación da Segunda República integrouse na ORGA facéndose co control da organización ao desprazar e marxinalizar ao sector de Ramón Villar Ponte. Presidiu o Partido Republicano Independiente de Viveiro que editou en 1933 o semanario Vox Pópuli. Foi nomeado alcalde en abril 1934 e permaneceu no cargo ate setembro de 1935, cando foi destituído polo gobernador civil, sendo substituído no cargo polo primeiro tenente alcalde Eugenio Pérez Abadín.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto e xulgado por rebelión, co resultado de sobresemento provisional. Saíu en liberdade o 14 de decembro de 1936, a disposición da autoridade gobernativa.


Predecesor:
José Marqués González
 Escudo de Viveiro.svg
Alcalde de Viveiro
 
1913 - 1914
Sucesor:
José Marqués González
Predecesor:
Luís Carnicero García
 Escudo de Viveiro.svg
Alcalde de Viveiro
 
1930 - 1931
Sucesor:
Ramón Villar Ponte
Predecesor:
Eugenio Pérez Abadín
 Escudo de Viveiro.svg
Alcalde de Viveiro
 
1934 - 1935
Sucesor:
Eugenio Pérez Abadín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 2-5-1946, p. 3.
  2. El Norte de Galicia, 25-11-1913, p. 3.
  3. La Voz de Galicia, 4-11-1923
  4. El Progreso, 18-9-1935, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]