María Xosé Rodríguez Galdo
María Xosé Rodríguez Galdo | |
---|---|
Nome completo | María José Rodríguez Galdo |
Nacemento | 23 de febreiro de 1949 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Ocupación | economista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Xosé Rodríguez Galdo, nada en Ferrol o 23 de febreiro de 1949[1], é unha historiadora da economía galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Catedrática de Historia e Institucións Económicas, foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela (1984-1986), directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (1986-1991), vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, directora do Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones (CEPAM) e do portal www.emigratio.com, e pertence ao CIFEX e ao Seminario Mulleres e Universidades da USC. Dende 2009 é directora do Centro de Estudos Avanzados – Casa Europa[2].
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- A crise agraria de 1853 e a emigración galega a Cuba, 1977.
- O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, 1995.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Textos para a historia das mulleres en Galicia, 1999, Consello da Cultura Galega (coordinadora).
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XV, 1976.
- Contribución española a la formación del mercado de trabajo en Argentina (1882-1926): una evaluación a partir de las listas de pasajeros argentinas, 2003.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Curriculum vitae" (PDF). Universidade de Alacant. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2019.
- ↑ "A profesora María Xosé Rodríguez Galdo tomará posesión como directora do Centro de Estudos Avanzados". usc.es. 29 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2012.