Cidade de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 19°26′N 99°8′W / 19.433°N 99.133°W / 19.433; -99.133

Cidade de México
Ciudad de México (en castelán)
Flag of Mexican Federal District.svg Coat of arms of Mexican Federal District.svg
Cd. de México Collagek2.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Cidade de México en México
Cidade de México
Cidade de México
País Flag of Mexico.svg México
Entidade Distrito Federal
Barrios 16 barrios:
Álvaro Obregón
Azcapotzalco
Benito Juárez
Coyoacán
Cuajimalpa
Cuauhtémoc
Gustavo A. Madero
Iztacalco
Iztapalapa
Magdalena Contreras
Miguel Hidalgo
Milpa Alta
Tláhuac
Tlalpan
Venustiano Carranza
Xochimilco
Xeografía
Altitude 2.250 msnm
Superficie 1.485 km²
Poboación
Poboación 8.851.080 hab. (2011)
Densidade 6.000 hab/km²
Xentilicio Capitalino/a
Defeño/a
Mexiqueño/a
Chilango/a
Información
Código postal 00–16
Alcalde
Páxina web Páxina oficial da Cidade de México

Cidade de México (oficialmente e en castelán Ciudad de México) é a capital da República Mexicana, os seus límites administrativos coinciden co seu distrito federal.

É a cidade maior, con diferenza, do país (8.851.080 habitantes, datos de 2012), e incluíndo a poboación que habita na área urbana 20.116.842 en 2010. É unha das urbes máis grandes do mundo, sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 m de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao sueste, os impresionantes Popocatépetl (5.452 m) e Iztaccíhuatl (5.286 m), chamados popularmente "o pai e a nai".

Zócalo.

Os españois edificárona sobre as ruínas da antiga Tenochtitlán, a gran capital azteca que aqueles conquistaron en 1521 ao mando de Hernán Cortés. No lugar central onde se situaban a gran pirámide e os templos, construíron a catedral, a capela do Sagrario e o palacio vicerreinal ao redor da gran praza do Zócalo, verdadeiro corazón da actual cidade.

Economía[editar | editar a fonte]

Na historia moderna do país, Cidade de México é o seu motor económico. A comezos do século XIX caracterizabase pola expecialización no sector servizos e por un entorno de claro caracter agrícola, ao longo do século foise desenvolvendo na cidade un potente sector industrial téxtil e papeleiro, centrandose nese sector as evolucións tecnolóxicas.

Entre as décadas de 1950 e 1980 a Cidade de México chegou a produccir o 36% do Produto Interior Bruto nominal do país, porén ao longo dos anos foi perdendo peso específico representando a comezos do século XXI apenas o 25%. Esta mesma progresión seguiuna o número de postos de traballo que producía, pasando de dar traballo ao 45% dos traballadores da industria ao aproximadamente 33% de 1990.

Pese a este claro retroceso o PIB per cápita dos habitantes da Cidade de México sigue sendo con diferencia o máis alto do país.

Deporte[editar | editar a fonte]

Como capital do país alberga gran parte das institucións deportivas do Estado, coma o Comité Olímpico Mexicano, a Escola Nacional de Educación Física ou a Escola Nacional de Adestradores Deportivos. Así como as principais instalacións deportivas, coma a Cidade Deportiva d'La Magdalena Mixiuhca, o Estadio Azteca ou o Estadio Olímpico Universitario.

A Cidade de México foi sede dos Xogos Olímpicos de 1968, convertíndose na primeira cidade de Latinoamérica en ser sede olímpica. Tamén albergou distintos eventos internacionais como dous Mundiais de Fútbol en 1970 e 1986, dúas veces os Xogos Panamericanos (1955 e 1975) ou aos Xogos Centroamericanos e do Caribe, en tres ocasións (1926, 1954 e 1990).

O deporte máis popular da ciade é o fútbol, existindo varios equipos que compiten na máxima categoría do país, o Club América, o Cruz Azul e o Club Universidad Nacional, máis coñecido como Pumas de la UNAM. O Estadio Azteca, casa do Club América, tamén é a sede da Selección de fútbol de México.

Na cidade tamén teñen ampla presenza outros deportes como o fútbol americano, con tres equipos na máxima categoría: as Águilas Blancas do IPN, os Burros Blancos do IPN e os Pumas CU da UNAM, o baloncesto co equipo Gansos Salvajes da UIC ou o automobilismo ca competición NASCAR.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Berlin - City Partnerships". Der Regierende Bürgermeister Berlin. Arquivado do orixinal o 2013-05-21. http://web.archive.org/web/20130521054019/http://www.berlin.de/rbmskzl/staedteverbindungen/staedtepartnerschaft_ueberblick.en.html. Consultado o 2013-09-17. 
  2. "Ciudades Hermanas (Sister Cities of Cusco)" (en Spanish). Municipalidad del Cusco. http://www.municusco.gob.pe/ver.php?id=6. Consultado o 23 de setembro de 2009. 
  3. "Sister Cities of Istanbul". Arquivado do orixinal o January 16, 2010. http://www.greatistanbul.com/sister_cities.htm. Consultado o July 1, 2009. 
  4. Erdem, Selim Efe (July 1, 2009). "İstanbul'a 49 kardeş" (en Turkish). Radikal. Arquivado do orixinal o January 18, 2010. http://www.webcitation.org/5msQD8Sly. "49 sister cities in 2003" 
  5. "Mapa Mundi de las ciudades hermanadas". Ayuntamiento de Madrid. http://www.munimadrid.es/portal/site/munimadrid/menuitem.dbd5147a4ba1b0aa7d245f019fc08a0c/?vgnextoid=4e84399a03003110VgnVCM2000000c205a0aRCRD&vgnextchannel=4e98823d3a37a010VgnVCM100000d90ca8c0RCRD&vgnextfmt=especial1&idContenido=1da69a4192b5b010VgnVCM100000d90ca8c0RCRD. 
  6. "International Cooperation: Sister Cities". Seoul Metropolitan Government. www.seoul.go.kr. Arquivado do orixinal o 10 December 2007. http://web.archive.org/web/20071210175055/http://english.seoul.go.kr/gover/cooper/coo_02sis.html. Consultado o 26 January 2008. 
  7. "Seoul -Sister Cities". Seoul Metropolitan Government. Arquivado do orixinal o March 25, 2012. http://web.archive.org/web/20120325052520/http://english.seoul.go.kr/gtk/cg/cityhall.php?pidx=6. Consultado o 2013-08-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade de México

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas
Distrito Federal