Ramón Segura de la Garmilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Segura de la Garmilla
Ramón Segura de la Garmilla.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacementoséculo XIX
 Estremadura
Falecemento30 de marzo de 1939
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor e político
editar datos en Wikidata ]

Ramón Segura de la Garmilla, nado en Estremadura e finado en Pontevedra o 30 de marzo de 1939[1], foi un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de literatura. En 1918 estaba destinado en Almería[2]. En 1922 publicou a antoloxía Poetas españoles del siglo XX, con notas bibliográficas, pero criticada pola súa falta de rigor nos criterios á hora de escoller os 116 autores antologados[3][4]. O 12 de outubro de 1924 foi xurado dos Xogos Florais celebrados en Cáceres[5], e nese ano publicou nesa cidade un texto sobre Pedro Romero Mendoza. Nese mesmo ano celebrouse en Cáceres a Exposición Regional Extremeña de Arte, sobre a que escribiu no semanario Prometeo, de Badaxoz. Colaborou tamén no periódico El Correo de la mañana.

En 1930 presentouse a oposicións en Cádiz á cátedra de Pedagoxía[6]. Destinado en Pontevedra, deu clase na Escola Normal e foi profesor auxiliar do Instituto de Pontevedra. En setembro de 1932 publicou un artigo en El Eco de Santiago sobre a representación teatral da compañía La Barraca en Pontevedra durante a xira por Galicia de Federico García Lorca[7] En 1937 publicou unha antoloxía de vilancicos de autores como Gómez Manrique, Enzina, Santa Teresa de Jesús, Fray Pedro de Padilla, Ocaña, Góngora, Lope de Vega ou Valdivielso.

Protagonista da vida política local de Pontevedra, foi candidato monárquico nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 con Celso López Blanco (médico), Plácido García González (comerciante), Víctor Lis Quibén (médico), Peregrino Fariña Otuna (mariñeiro), Tomás Abeigón Pazos (médico), José Paz Vidal (industrial) e Francisco Rodríguez Arruñada (procurador e corredor de comercio).[8] Foi alcalde de Pontevedra do 8 de outubro de 1934 ao 12 de novembro do mesmo ano, logo da destitución de Bibiano Fernández Osorio-Tafall no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934.[9][10][11]

Casou con Carmen Marcos Segovia en Salamanca o 31 de agosto de 1911[12], e tiveron oito fillos: Ramón, Luis, Felipe, María del Carmen, María de las Mercedes, Joaquín, José e Ascensión.


Predecesor:
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1934
Sucesor:
Vicente Quintá Somoza

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noticiero Gallego, 4 de abril de 1939, p. 3.
  2. La Acción. Diario de la noche. 30 de xullo de 1918, páx. 3.
  3. "Índice de lecturas". Cosmópolis nº 43, xullo de 1922.
  4. Phillips, A. W. (1986): "La poesía española (1905-1930) en algunas antologías de la época". Inti: Revista de literatura hispánica, nº 24.
  5. ABC, 14 de agosto de 1924, páx. 19.
  6. El Sol, 15 de abril de 1930, páx. 5.
  7. Franco Grande, X. L.; Landeira Yrago, X. (1974): "Cronología gallega de Federico García Lorca y datos sincrónicos". Grial nº 44, páx. 18.
  8. El Progreso, 5-4-1931, p. 1.
  9. "Pontevedra, outubro de 1934 (2)", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Os anos do medo, 13 de xullo de 2012.
  10. "Destitución de Tafall", artigo en Faro de Vigo, 15 de outubro de 2017 (en castelán).
  11. El País, 11-10-1934.
  12. El Adelanto. Diario de Salamanca. 1 de setembro de 1911. Páx. 1.