Xosé Álvarez Castro
Aparencia
(2022) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1953 Pontevedra, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador |
| Premios | |
| |
Xosé Álvarez Castro, nado en Pontevedra en 1953, é un historiador e escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e Mestrado en Educación ambiental, deu clases de Historia en Sanxenxo ata xubilarse. O seu labor como historiador centrouse na época da guerra civil española no ámbito local da cidade de Pontevedra.[2]
Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario[3] e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo».[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (2013). Vigo: Xerais, Crónica. 344 páxs. ISBN 978-84-9914-535-8.[4]
- Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951) (2022). Vigo: Xerais, Crónica. 504 páxs. ISBN 978-84-1110-033-5.[5] ePub: ISBN 978-84-1110-083-0.
Obra colectiva
[editar | editar a fonte]- Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017). Sermos Galiza. 288 páxs. ISBN 978-8469747261.
- Rebeldía galega contra a inxustiza. Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo (2018). Sermos Galiza. 96 páxs. ISBN 978-84-09-00203-0.
- O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo (2021). Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 9788484574996.
- Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita (2021). Pontevedra: Teucograf.
- "O meu achegamento á figura de Castelao", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda en 2011.
- Concello de Sanxenxo: Cebola de Ouro 2025 no marco de Santa Rosalía.[6]
- IV Salvoconduto de Honra do Colectivo Capitán Gosende (Cerdedo, 2025).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "XOSE ALVAREZ CASTRO Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2022-03-14.
- ↑ Diario, Nós. "Xosé Álvarez Castro - Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2022-03-14.[Ligazón morta]
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2025-08-27). "Pepe Álvarez: "Se as investigacións non chegan á poboación, non valen para nada"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-27.
- ↑ "Capitán Gosende concede su galardón al maestro Xosé Álvarez". La Voz de Galicia. 8 de outubro de 2025. Consultado o 16 de outubro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://anosdomedo.blogspot.com. Os anos do medo, blog de divulgación das súas pescudas históricas.