O cemiterio municipal de Santo Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. Foi proxectado en 1879 polo arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurado o 29 de setembro de 1882. O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.[1]
En 2012 o concello puxo en marcha un programa de visitas guiadas polo camposanto.[2]