Manuel García Filgueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel García Filgueira
Nacemento16 de febreiro de 1882
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Filgueira, nado en Mourente (Pontevedra) o 16 de febreiro de 1882, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o líder da Sociedade Agraria de Mourente e o presidente da Federación Obreira Local de Pontevedra. Foi concelleiro socialista en Pontevedra nas eleccións de 1913 e volveu ser concelleiro en 1920. Foi membro do primeiro Comité Rexional do PCE (1923). Na República foi concelleiro en Pontevedra ata a súa detención e destitución polos sucesos de outubro de 1934 e colaborou en ¡¡Revolución!!. Despois do triunfo da Fronte Popular foi elixido primeiro tenente alcalde e despois alcalde en substitución de Bibiano Fernández Osorio-Tafall que marcharía a Madrid coma Subsecretario de Gobernación.

Durante a Guerra civil estivo agochado no monte con Rogelio González Suárez e o 20 de xullo de 1949 presentouse ás autoridades[1]. Foi xulgado o 29 de outubro de 1949 acusado de auxilio á rebelión e sentenciado a 12 anos de reclusión menor. En novembro reducíronlle a pena a 2 anos de prisión menor e finalmente foi indultado. Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo do que quedou coxo.


Predecesor:
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1936
Sucesor:
Eladio Becerril González

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai do pintor Carlos García Mourón.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]