Medellín
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Antioquia ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.529.403 (2018) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 380,74 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.495 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Bello Itagüí (pt) ![]() Envigado (pt) ![]() Rionegro (pt) ![]() Guarne (pt) ![]() La Estrella (pt) ![]() Heliconia (pt) ![]() Angelópolis (pt) ![]() San Jerónimo (pt) ![]() Ebéjico (pt) ![]() Copacabana (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 22 de novembro de 1675 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | alcaldía de Medellín ![]() | ||||
• Alcalde ![]() | Federico Gutiérrez (2016–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | concello de Medellín Circunscrición: 0, (Escano: 20) ![]() | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 050001 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cali Miami Milán Tacuarembó (pt) ![]() Maracay (pt) ![]() Tarapoto (pt) ![]() Gold Coast (pt) ![]() Hyderabad Barcelona Bilbao Fort Lauderdale Buenos Aires Varna Rosario (2011–) Santa Fe, Arxentina (2011–) Monterrey (2014–) Río de Xaneiro (2017–) ![]() | ||||
Sitio web | medellin.gov.co ![]() |
Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.
É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.
Toponimia[editar | editar a fonte]

Debe o seu nome a que Pedro Portocarrero y Luna, presidente do consello de Indias de España, solicitou dar o nome da súa vila, Medellín (en Badaxoz), a unha localidade de nova fundación en ultramar. O 22 de novembro de 1674 a raíña rexente Mariana de Austria (en representación do seu fillo, Carlos II de España, menor de idade), outorgou a cédula real que confirmaba a fundación da Villa de Nuestra Señora de la Candelaria de Medellín. A proclamación oficial da fundación realizouna o gobernador Miguel Aguinaga y Mendiogoitia o 2 de novembro de 1675.
Ademais, a raíña outorgou o escudo de armas do Medellín estremeño ó americano, a petición do Cabido da Vila, o 24 de xuño de 1676.
Historia[editar | editar a fonte]
O val de Aburrá xa era percorrido hai 10.500 anos por tribos nómades de cazadores e recolectores. Ó chegaren os conquistadores españois xa había asentada unha poboación nativa numerosa, que opuxo pouca resistencia. Eran aburraes, iamesíes, peques, ebéicos, noriscos e maníes, que posiblemente estaban alí desde o século V a.C. Tiñan grandes cultivos de millo e feixón, criaban curíes e cans mudos, tecían mantas de algodón e comercializaban sal. Coñecían a ourivaría. Baixo o dominio español foron repartidos en encomendas e desprazados das súas terras. A deserción, o maltrato, as enfermidades e o duro traballo intensivo na terra e as minas, decimaron o número de habitantes en poucos anos.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medellín ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)