Úbeda, Xaén
| Himno | Anthem of Úbeda (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Xaén | ||||
| Capital de | La Loma (2003–) | ||||
| Capital | Úbeda | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 33.588 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 397,1 km² | ||||
| Altitude | 748 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | arcanxo Miguel e Q16646663 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Antonia Olivares Martínez (2015–) | ||||
| Órgano lexislativo | Ubeda City Council (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Orzamento | 35.943.862,28 € (2008) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 23400, 23509, 23413 e 23314 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 953 75 e 953 79 | ||||
| Código INE | 23092 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | ubeda.es | ||||
Úbeda é unha cidade da provincia de Xaén (Andalucía), capital da fértil comarca de La Loma. Segundo o INE en 2017 tiña 34.733 habitantes, dos cales 17.046 eran homes e 17.687 mulleres. A cidade, xunto coa próxima Baeza, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco o 3 de xullo de 2003 debido á calidade e boa conservación dos seus numerosos edificios renacentistas e da súa singular contorna urbanística.
A cidade, situada sobre un cerro e envorcada cara ao val do río Guadalquivir fronte á impoñente Serra Mágina e cerca do centro xeográfico da provincia, constitúe un importante centro de atracción ao contar con hospital comarcal, centros educativos e escolas universitarias (UNED e SAFA), delegacións de facenda e da seguridade social, xulgados, Centro do Profesorado (CEP) etc, derivando nun dos índices de centralidade máis altos de toda Andalucía. Segundo o anuario de La Caixa, trátase da capital dunha das provincias económicas de España, cunha poboación de máis de 200.000 habitantes que acode habitualmente a comprar nela.
Úbeda vive principalmente do sector servizos, o comercio e a administración, que ocupan o 49% da poboación activa. Pero ademais o peso da agricultura é enorme, sendo un centro neurálxico do oliveiral e a produción aceiteira e un dos maiores produtores e envasadores da provincia de Xaén de aceite de oliva, pedra angular de toda a súa economía. Outras actividades complementarias son a industria, a gandería e un incipiente turismo.
O xentilicio formal da localidade é ubetense, aínda que os seus habitantes, principalmente nas vilas de ao redor como Torreperogil, Sabiote, Baeza, Villacarrillo, Rus ou Canena, tamén son coñecidos como ubedeños.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Úbeda, Xaén |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Úbeda en OpenStreetMap.- Web oficial del Ayuntamiento de Úbeda
- Patrimonio cultural de Úbeda en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
- Conjunto Monumentales Renacentistas de Úbeda y Baeza
- Artigo sobre María de Molina de Manuel Almagro Chinchilla. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
