Patrimonio Galego
Patrimonio Galego | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | asociación cultural ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Manuel Gago Mariño ![]() | ||
Actividade | |||
Obxectivo | conservación e restauración ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2011 ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | patrimoniogalego.net ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Patrimonio Galego é un catálogo social do patrimonio cultural galego en Internet. Comezou a elaborarse no ano 2011.[1] En 2018 acadaron os dez mil elementos catalogados.
Descrición
[editar | editar a fonte]O proxecto está baseado en persoas colaboradoras voluntarias de toda Galiza que visitan lugares e elementos patrimoniais de interese, os catalogan, describen e soben á páxina descricións deles xunto con imaxes. O proxecto está supervisado por colaboradores que deben validar as achegas para ser engadidas. Os elementos catalogados están xeorreferenciados e con imaxes. Pode ser consultado libremente facendo buscas polo miúdo. Hai que estar rexistrado na páxina e ter unha conta de usuario para facer achegas aínda que cada elemento catalogado ten ficha propia e pódense achegar comentarios.
É un proxecto desenvolvido por Manuel Gago, Elisa Amigo, Adela Oyonarte, Carmela Sánchez Arines, Pancho Gallego, Elixio Vieites, Álex Bragaña, Soledad Felloza, Eladio Rial, Xurxo Salgado e Félix Aragunde.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2021 foi galardoado nos Premios Rodolfo Prada da Deputación de Ourense.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Patrimoniogalego.net supera os dez mil elementos catalogados". Praza Pública. 10 de abril de 2018.
- ↑ "Os Premios Rodolfo Prada distinguen ao FITO". La Voz de Galicia. 10 de outubro de 2021.