Saltar ao contido

Universidade Politécnica de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Politécnica de Madrid
Escudo da Universidade no Reitorado
Datos xerais
LocalizaciónEspaña Madrid, España
Datos actuais
ReitorGuillermo Cisneros
Alumnos39 450[1] [cando?]
Datos de contacto
EnderezoC/ Ramiro de Maeztu, 7
28040, Madrid (España)
Páxina webwww.upm.es
Twitter: La_UPM Instagram: somosupm Telegram: eventosUPM BNE: XX93822 Dialnet: 819103 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
Bloque 1 da Facultade de Informática.
Instituto de Enerxía Solar.
ETS Enxeñeiros de Miñas.
Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes de Madrid.
Supercomputador Magerit (CeSViMa)

A Universidade Politécnica de Madrid (UPM), é unha universidade pública con sede na Cidade Universitaria de Madrid e con instalación en varias localizacións de Madrid (Cidade Universitaria, Campus Sur en Vallecas, entre outras) e Boadilla del Monte.

Foi fundada en 1971 ao agrupar diversos centros xa centenarios que estaban adscritos a distintos organismos. As súas facultades ou escolas imparten maioritariamente ensinanzas técnicas, xa que na súa creación agrupou estas ensinanzas mentres que as ciencias experimentais e humanidades foron agrupadas na Universidade Complutense de Madrid.

Nos anos 2008, 2009 e 2010 algunhas das súas antigas escolas de enxeñeiros técnicos e escolas superiores, como as de Enxeñarías Aeronáuticas ou de Agrónomos, sufriron un proceso de fusión para adaptarse ás novas titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior. Xurdiron novos centros, localizados nos mesmos edificios, pero independentes dos centros existentes.

A UPM foi considerada como a mellor universidade politécnica de España durante os últimos anos na clasificación anual do diario El Mundo.

Campus e centros docentes

[editar | editar a fonte]

Novas denominacións[2]

[editar | editar a fonte]

Actualmente iniciáronse os trámites para o cambio na denominación de oito das Escolas, este proceso consiste en obter o informe pertinente do Consello Interuniversitario da Comunidade de Madrid e a autorización do Consello de Goberno da Comunidade para, solicitar ao Goberno de España a inclusión dos novos nomes no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Telecomunicación pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Sistemas de Telecomunicación.
  • A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo.
  • A Escola de Enxeñería Forestal e do Medio Natural pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, Forestal e do Medio Natural.
  • A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas e Enerxía.
  • A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería da Edificación.
  • A Escola Universitaria de Informática pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Sistemas Informáticos.
  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Deseño Industrial.
  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Obras Públicas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil.

Institutos universitarios

[editar | editar a fonte]

Centros de I+D

[editar | editar a fonte]

Outros centros

[editar | editar a fonte]

Antigos alumnos célebres

[editar | editar a fonte]
Pedro Duque, un antigo alumno da universidade.

Desde a constitución da universidade, os reitores foron:

  • Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia (marzo - xullo de 1971)
  • José Luis Ramos Figueras (xullo de 1971 - decembro de 1980)
  • Rafael Portaencasa (decembro de 1980 - xuño de 1995)
  • Saturnino de la Plaza (xuño de 1995 - abril de 2004)
  • Javier Uceda Antolín (abril de 2004 - abril de 2012)
  • Carlos Conde Lázaro (abril de 2012 - 2016)
  • Guillermo Cisneros (desde 2016)
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  2. "Cambios na denominación de oito Escolas da UPM". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  3. "INSIA". 
  4. "Vehículo eléctrico híbrido". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  5. "CeDInt". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2017. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  6. TOP500: Lista junio de 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]