Xosé Antón Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Antón Castro (Arteixo, 1959), xornalista e escritor.

Xosé Antón Castro Fernández, nado en Muxía o 10 de abril de 1953, é un historiador e crítico de arte galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus coñecementos de arte contemporánea no MOMA e no Metropolitan Museum of Art de Nova York. Foi director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta, organizador da Bienal de Arte de Pontevedra e conservador do CGAC. Foi profesor no Liceo Internacional de París e na Universidade de Vigo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Colmeiro desde Colmeiro, 1987.
  • A arte galega dos 80.
  • Arte y nacionalismo. La vanguardia gallega 1925-1936, 1992.
  • Freixanes, 1992.
  • Manuel Colmeiro. Monografías da Arte Galega, Galaxia, 1994, ISBN 84-7154-924-7.
  • As mazás de Yoko Ono, 1995.
  • Laxeiro, a invención dun mundo, 1997.
  • Enredos críticos. Travesuras de un arte de fin de siglo, 2000.

Conversas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]