Nantes, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°25′39″N 08°48′06″O / 42.42750, -8.80167

Santa Baia de Nantes
Nantes, Sanxenxo.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloSanxenxo
Área4,3 km²
Poboación758 hab. (2016)
Densidade176,28 hab./km²
Entidades de poboación15

Santa Baia de Nantes é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 758 habitantes (371 mulleres e 387 homes), o que representa un descenso continuado respecto ó ano 2009, cando tiña 793 habitantes, e ó ano 2000, cando tiña 781.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É a única parroquia do concello que carece de costa. Linda ó norte e ó este con Meaño, ó oeste coas parroquias de Gondar e Adina e ó sur coa de Padriñán. A superficie da parroquia é de 4,3 km 2, distribuída en 15 entidades de poboación.

Nantes está cruzada de norte a sur pola autovía AG-41, que deixa á súa esquerda o Parque Empresarial de Nantes. Trátase dun parque empresarial de 650.000 m 2, cuxos terreos comezaron a expropiarse en 2003 e que a febreiro de 2017 segue sen subministración de auga nin luz, e cuns accesos insuficientes; nesta data só había dúas empresas instaladas no polígono [1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O actual templo parroquial foi levantado en 1965, sobre o solar que ocupaba a igrexa anterior, románica, da que non quedan restos.

Si que se conserva algún dos sepulcros antropomorfos atopados durante as obras de construción. Están no patio da igrexa, en estado de case abandono.

No lugar do Santo hai unha pequena capela do século XV, dedicada ó beato San Xoán de Navarrete, a quen disque fai alusión o topónimo. Na fachada loce un escudo coa imaxe de dous bois, que lembra a xugada que doou o abade para traer a pedra necesaria para a construción da capela [2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Nantes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Nantes no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Bouzón | Buezas | A Cachada | A Cancela | O Casal | Contomil | Dadín |Gandra | A Igrexa | Pazos | Pedroño | Pedrouzos | A Revolta | O Santo | Seixomil

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El polígono fantasma" (Faro de Vigo, 20.10.2013).
  2. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, t. 40, px. 163.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]