Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do edificio do KDB.

Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web. O obxectivo principal da institución é recoller, clasificar, e facer investigación da arte, especialmente na pintura barroca nos Países Baixos.

Grazas á disposición de bases de datos, o visitante pode investigar a vida de moitos artistas dos séculos pasados. A biblioteca dispón de preto de 450.000 títulos, dos cales preto de 150.000 son catálogos de poxa. Hai ó redor de 3.000 revistas. Aínda que moito do catálogo está en neerlandés, o formato de rexistro estándar inclúe unha ligazón a entradas de biblioteca e imaxes de obras coñecidas, que inclúen títulos tanto en inglés como en neerlandés.

O RKD tamén xestiona a versión neerlandesa de Art & Architecture Thesaurus, unha enciclopedia de termos para a xestión da información en arte e arquitectura. A versión orixinal é unha iniciativa do Museo J. Paul Getty en Malibú (California).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]