Jean Alesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jean Alesi (54 anos)
Jeanalesi2011.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19892001
Escudería(s) Tyrrell, Ferrari, Benetton, Sauber, Prost, Jordan
Grandes Premios disputados 202 (201 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 32
Pole positions 2
Voltas rápidas 4
Primeiro GP Gran Premio de Francia de 1989
Primeira vitoria Gran Premio do Canadá de 2005
Derradeira vitoria Gran Premio do Canadá de 2005
Derradeiro GP Gran Premio do xapón de 2001

Jean Alesi (nado como Giovanni Alesi o 11 de xuño de 1964) é un piloto de carreiras francés de orixe italiana. O seu pai, Franco, era un mecánico de Alcamo, Sicilia, e a súa nai era de Riesi.

Logo de varios éxitos nas categorías menores, o máis notable o campionato da fórmula 3000 de 1989, a súa traxectoria na Fórmula 1 incluíu tempadas en Tyrrell, Benetton, Sauber, Prost, Jordan e Ferrari, onde demostrou ser moi popular entre os tifosi. Durante a súas tempadas en Ferrari de 1991 a 1995, o seu estilo de condución agresivo, combinado co uso do número 27 no seu coche, levou a algúns xornalistas, e aos tifosi, a comparalo con Gilles Villeneuve.[1] Gañou o Gran Premio do Canadá de 1995, pero resultou ser a única vitoria da súa carreira na Fórmula 1. Durante a súa estadía na Fórmula 1, Alesi era particularmente bo en mollado, e era un corredor temperamental e apaixonado, cuxas emocións ás veces mellorábano.[2]

Logo de abandonar a Fórmula 1, de 2002 a 2006 Alesi correu no campionato de Deutsche Tourenwagen Masters (DTM), gañando algunhas carreiras, e o seu mellor resultado foi un quinto lugar no campionato de pilotos. Competiu na serie de Speedcar en 2008 e 2009, e correu en Le Mans en 2010. Tamén competiu nas 500 Millas de Indianapolis en 2012 e converteuse no piloto profesional máis vello en realizar a proba do novato para a admisión á competición. Durante varios anos tamén foi comentarista do programa de televisión italiano Pole Position. En 2006 Alesi recibiu a Chevalier de la Légion d’honneur.[3]

Inicios[editar | editar a fonte]

Alesi naceu en Avignon, Vaucluse de pais sicilianos. Comezou a súa carreira cunha paixón polos rallys en lugar da velocidade,[4] empezou no karting á idade de 16 anos,[5] E logo nos monoprazas en 1984 a través do campionato francés Renault 5, onde correu dúas tempadas. Gañou o título de 1987 de Fórmula 3.[6] Antes de pasar á Fórmula Internacional 3000 en 1988. A tempada de 1988 foi unha decepción, terminou décimo no campionato con dous podios, non axudado por problemas dentro do equipo. Con todo, en 1989 uniuse ao equipo Jordan Formula 3000 e gañou o campionato. En 1989 Alesi empatou en puntos para o título da F3000 con Érik Comas, pero gañou o título polo número de triunfos, anotara tres por dous de Comas. Tamén correu nas 24 Horas de Le Mans no mesmo ano, pero un lume obrigouno a retirarse na cuarta hora da carreira.[7]

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Jean Alesi logrou o seu único triunfo na Fórmula 1 con este Ferrari no Gran Premio do Canadá en 1995.

Alesi substituíu a Michele Alboreto no Gran Premio de Francia de 1989 no equipo Tyrrell. Alesi fixo un ilusionante debut. Na súa primeira carreira estivo longo tempo detrás do experimentado campión mundial Alain Prost no segundo posto, e finalmente terminou cuarto, o cal era un resultado notable para un piloto debutante, detrás de tres consagrados como Prost, Nigel Mansell e Riccardo Patrese.

A tempada seguinte, no Gran Premio dos Estados Unidos de 1990 en Phoenix, Alesi volveu sorprender ao mundo do motor obtendo un impresionante segundo posto co Tyrrell, chegando ata a liderar durante un par de voltas, ata que foi superado polo tricampión mundial Ayrton Senna quen se levaría o triunfo. Pero Alesi cumprira o seu cometido, e chamara a atención de dous dos equipos máis importantes da F-1: Williams e Ferrari querían os seus servizos para acompañar a Nigel Mansell e Alain Prost respectivamente. Alesi recoñeceu anos despois que non decidiu ben ao elixir á marca italiana con base en Maranello, decidindo máis co corazón que coa cabeza: Williams era a opción que prometía triunfos, Ferrari podía prometer ser unha lenda. O mozo Jean elixiu a segunda opción.

Con todo, desde o principio viuse que a relación non traería demasiadas alegrías. Alesi sufriu catro anos cun equipo Ferrari extrañamente pouco competitivo, que case se conformaba con saír cuarto ou quinto no campionato mundial, sendo desprazado por McLaren, Williams e Benetton.

Alesi gañou unha carreira con Ferrari, a única carreira que gañaría na Fórmula 1. O Gran Premio do Canadá da tempada 1995 sería o gran día de Jean tras tanto penar cun auto pouco fiable e pouco competitivo.[8] Pero para a tempada 1996, Ferrari xa contratara a Michael Schumacher que levaría o inevitable número un no equipo. Tras está situación Alesi decidiu abandonar o equipo.

Tras isto, Alesi pasou de equipo en equipo sen maior éxito. En 1996 e 1997 correu para Benetton,[9] que tivo dúas tempadas frustrantes comparados co dominio que impuxeron con Schumacher en 1994 e 1995.

Jean Alesi no DTM.

Nos dous anos seguintes a bordo do Sauber mostrouse un Alesi probablemente no seu mellor momento, correndo máis tranquilo que antes en Ferrari, pero claramente o auto non estaba para chegar máis aló do cuarto posto. Só obtivo un podio no Gran Premio de Bélxica de 1998. Así Alesi volvería frustrarse e pasou a ser piloto do equipo propiedade do seu excompañeiro de equipo, Alain Prost na tempada 2000. Só máis frustración, cun auto pouco fiable que terminaría último no campionato. Isto que concluiría cando Alesi cortou o seu contrato con Prost a metade da tempada 2001 pasándose ao equipo Jordan Honda para substituír ao despedido Heinz-Harald Frentzen por unhas cantas carreiras. Con este equipo puido chegar no Gran Premio dos Estados Unidos ao seu Gran Premio número 200, todo un fito para el, logo de 10 anos de ininterrompida carreira.

Tras lograr aquela cifra, Alesi retirouse da Fórmula 1 a final de tempada,[10] e tras unha tempada de receso, paticipou no DTM alemán cun Mercedes-Benz onde tivo relativo éxito.

Resultados completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1989 Tyrrell Racing Organisation Tyrrell 018 Cosworth V8 BRA SMR MON MEX USA CAN FRA
4
GBR
Ret
ALE
10
HUN
9
BEL ITA
5
POR ESP
4
XPN
Ret
AUS
Ret
8
1990 Tyrrell Racing Organisation Tyrrell 018 Cosworth V8 USA
2
BRA
7
13
Tyrrell 019 SMR
6
MON
2
CAN
Ret
MEX
7
FRA
Ret
GBR
8
ALE
11
HUN
Ret
BEL
8
ITA
Ret
POR
8
ESP
Ret
XPN
NTS
AUS
8
1991 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 642/2 Ferrari V12 USA
12
BRA
6
SMR
Ret
MON
3
CAN
Ret
21
Ferrari 643 MEX
Ret
FRA
4
GBR
Ret
ALE
3
HUN
5
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
3
ESP
4
XPN
Ret
AUS
Ret
1992 Scuderia Ferrari SpA Ferrari F92A Ferrari V12 RSA
Ret
MEX
Ret
BRA
4
ESP
3
SMR
Ret
MON
Ret
CAN
3
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
5
HUN
Ret
18
Ferrari F92AT BEL
Ret
ITA
Ret
POR
Ret
XPN
5
AUS
4
1993 Scuderia Ferrari Ferrari F93A Ferrari V12 RSA
Ret
BRA
8
EUR
Ret
SMR
Ret
ESP
Ret
MON
3
CAN
Ret
FRA
Ret
GBR
9
ALE
7
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
2
POR
4
XPN
Ret
AUS
4
16
1994 Scuderia Ferrari Ferrari 412T1 Ferrari V12 BRA
3
PAC SMR MON
5
ESP
4
CAN
3
24
Ferrari 412T1B FRA
Ret
GBR
2
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
Ret
EUR
10
XPN
3
AUS
6
1995 Scuderia Ferrari Ferrari 412T2 Ferrari V12 BRA
5
ARX
2
SMR
2
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
1
FRA
5
GBR
2
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
5
EUR
2
PAC
5
XPN
Ret
AUS
Ret
42
1996 Mild Seven Benetton Renault Benetton B196 Renault V10 AUS
Ret
BRA
2
ARX
3
EUR
Ret
SMR
6
MON
Ret
ESP
2
CAN
3
FRA
3
GBR
Ret
ALE
2
HUN
3
BEL
4
ITA
2
POR
4
XPN
Ret
47
1997 Mild Seven Benetton Renault Benetton B197 Renault V10 AUS
Ret
BRA
6
ARX
7
SMR
5
MON
Ret
ESP
3
CAN
2
FRA
5
GBR
2
ALE
6
HUN
11
BEL
8
ITA
2
AUT
Ret
LUX
2
XPN
5
EUR
13
36
1998 Red Bull Sauber Petronas Sauber C17 Petronas V10 AUS
Ret
BRA
9
ARX
5
SMR
6
ESP
10
MON
12
CAN
Ret
FRA
7
GBR
Ret
AUT
Ret
ALE
10
HUN
7
BEL
3
ITA
5
LUX
10
XPN
7
11º 9
1999 Red Bull Sauber Petronas Sauber C18 Petronas V10 AUS
Ret
BRA
Ret
SMR
6
MON
Ret
ESP
Ret
CAN
Ret
FRA
Ret
GBR
14
AUT
Ret
ALE
8
HUN
16
BEL
9
ITA
9
EUR
Ret
MAL
7
XPN
6
16º 2
2000 Gauloises Prost Peugeot Prost AP03 Peugeot V10 AUS
Ret
BRA
Ret
SMR
Ret
GBR
10
ESP
Ret
EUR
9
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
14
AUT
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
12
USA
Ret
XPN
Ret
MAL
11
22º 0
2001 Prost Acer Prost AP04 Acer V10 AUS
9
MAL
9
BRA
8
SMR
9
ESP
10
AUT
10
MON
6
CAN
5
EUR
15
FRA
12
GBR
11
ALE
6
15º 5
B&H Jordan Honda Jordan EJ11 Honda V10 HUN
10
BEL
6
ITA
8
USA
7
XPN
Ret

Resultados nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. xeral Pos. clase
1989 Australia Team Schuppan Flag of the United Kingdom.svg Will Hoy
Flag of the United States.svg Dominic Dobson
Porsche 962C C1 69 Ret Ret
2010 Italia AF Corse Italia Giancarlo Fisichella
Finlandia Toni Vilander
Ferrari F430 GT2 GT2 323 16º

Resultados completos nas Deutsche Tourenwagen Masters[editar | editar a fonte]

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 DC Puntos
2002 HWA Team AMG-Mercedes CLK-DTM HOC
QR

8
HOC
CR

3
ZOL
QR

9
ZOL
CR

10
DON
QR

1
DON
CR

1
SAC
QR

16
SAC
CR

Ret
NOR
QR

5
NOR
CR

4
LAU
QR

14
LAU
CR

8
NÜR
QR

11
NÜR
CR

Ret
A1R
QR

4
A1R
CR

3
ZAN
QR

14
ZAN
CR

8
HOC
QR

Ret
HOC
CR

Ret
24
2003 AMG-Mercedes CLK 2003 HOC
4
ADR
7
NÜR
Ret
LAU
5
NOR
5
DON
1
NÜR
6
A1R
Ret
ZAN
5
HOC
1
42
2004 AMG-Mercedes C-Klasse 2004 HOC
Ret
EST
7
ADR
3
LAU
5
NOR
10
SHA1
4
NÜR
7
OSC
10
ZAN
11
BRN
8
HOC
5
19
2005 AMG-Mercedes C-Klasse 2005 HOC
1
LAU
7
SPA
4
BRN
9
OSC
13
NOR
Ret
NÜR
7
ZAN
Ret
LAU
8
IST
7
HOC
13
22
2006 Persson Motorsport AMG-Mercedes C-Klasse 2005 HOC
6
LAU
7
OSC
8
BRH
6
NOR
Ret
NÜR
4
ZAN
Ret
CAT
14
BUG
11
HOC
8
15

1 - Shanghai foi unha carreira fora de campionato.

Resultados completos nas carreiras americanas de rodas abertas[editar | editar a fonte]

(key)

IndyCar Series[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Ranq. Puntos
2012 Fan Force United Dallara DW12 Lotus STP ALA LBH SAO INDY
33
DET TXS MIL IOW TOR EDM MDO SNM BAL FON 34th 13

Indianapolis 500[editar | editar a fonte]

Ano Chasis Motor Saída Final Equipo
2012 Dallara Lotus 33 33 Fan Force United

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nestore Morosini; Giancarlo Faletti; Carlo Gradini (September 1994). "Alesi, un pomeriggio da Villeneuve". corriere.it. 
  2. Jean Alesi: The Wrong Time and the Wrong Place[Ligazón morta] Retrieved 21 de xuño de 2015.
  3. GPUpdate.net - Jean Alesi, Chevalier de la Légion d'HonneurRetrieved 5 September 2010. Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  4. Cremonesi, Andrea (November 1999). "E ora Alesi s'inventa rallista!". Gazzetta dello sport. p. 24. 
  5. Zambardino, Vittorio (November 1990). "Nel paese dove i vecchi parlano di motori". Repubblica. p. 35. 
  6. "Driver: Jean Alesi" (en English). Consultado o 14 June 2009. 
  7. "24 Heures 1989 - Circuit de 13.535 km". Arquivado dende o orixinal o June 8, 2009. Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  8. Blancafort, Raymond (12 de xuño de 1995). "Alesi y Ferrari rompen el maleficio en Canadá" (PDF). Mundo Deportivo: 43. 
  9. Hermoso, J.M. (17 de agosto de 1995). "Schumacher ficha por Ferrari y Alesi le sustituye en Benetton". El País. 
  10. Agencia EFE (10 de outubro de 2001). "Jean Alesi anuncia su retirada". AS. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]