Nürburgring
Nürburgring | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | ![]() |
Lonxitude | 5´148 km |
Curvas | 16 |
Volta rápida (2004) | 1:29.468 |
Piloto récord | ![]() |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
![]() |
Nürburgring é un autódromo situado ao redor do pobo e castelo medieval de Nürburg nas montañas Eifel, Alemaña. Considerado como o circuíto máis difícil e esgotador do mundo, coñéceselle como Grüne Hölle ou "inferno verde", apelativo inventado polo piloto de Fórmula 1 Jackie Stewart.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O circuíto orixinal concibiuse como lugar de probas das marcas alemás de automóbiles. A construción do circuíto, deseñado por Otto Creutz, iniciouse en setembro de 1925. Nesta época existía un único trazado de 28.3 km de 6.7 m de ancho e estaba formado por dúas seccións, a sección sur, Südschleife, de 7.5 km, e a sección norte, Nordschleife, de 22.8 km. O primeiro Campionato Mundial de Motociclismo disputouse nesta pista o 19 de xuño de 1927 e un mes máis tarde, o primeiro Gran Premio de Alemaña.

En 1929 utilizouse por última vez o circuíto completo en competicións internacionais. Os pilotos que conseguiron recordar cada curva e gañar foron chamados Ringmeister ("mestre do anel"), como Rudolf Caracciola, Tazio Nuvolari e Bernd Rosemeyer.
As competicións de Fórmula 1 iniciáronse en 1951 e desde o principio incluíron o Gran Premio de Alemaña (en 1959 disputouse en AVUS, en Berlín). Xurdiron novos Ringmeister, tales como Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Stirling Moss, John Surtees, Jackie Stewart e Jacky Ickx. A finais dos anos 1960, a pista era cada vez máis perigosa debido ao aumento constante de velocidade dos Fórmula 1, polo que en 1970 o Gran Premio de Alemaña mudouse temporalmente ao Hockenheimring mentres se reconstruía a sección norte. Elimináronse obstáculos e instaláronse barreiras de seguridade, pero isto foi suficiente por poucos anos. Desde 1976, a pista xa non cumpría coas novas regulacións de seguridade e, polas súas dimensións, tampouco se adaptaba o espectáculo en televisión - era imposible cubrir o percorrido enteiro mediante cámaras de televisión. Un accidente case fatal de Niki Lauda, un dos maiores opoñentes ao circuíto, precipitou a saída do Nürburgring das competencias de Fórmula 1.
Entre 1981 e 1984, reconstruíuse o circuíto, en parte sobre o antigo trazado, cunha lonxitude reducida a 4,5 km. Este foi completado en 1984 co que a Fórmula 1 regresou a Nürburgring ese ano, en 1985 e logo desde 1995. Chamouse Gran Premio de Europa pero tamén Gran Premio de Luxemburgo. En 1999 as choivas intermitentes fixeron que moitos fanáticos cresen que a "pantasma do Nordschleife" volvera - durante uns minutos unha zona da pista estaba absolutamente mollada, e a outra totalmente seca.
O Nordschleife utilízase en competicións especiais, como as 24 horas de Nürburgring, e como pista de probas. Ademais calquera persoa pode pagar para correr nela co seu automóbil, sexa un turismo de baixa potencia ou un superdeportivo.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Nürburgring
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nürburgring Nordschleife | ||||||||
1951 | ![]() |
Ferrari | 3:23:03,300 h | 22´810 km | 20 | 134´801 km/h | 29. xullo | ![]() |
1952 | ![]() |
Ferrari | 3:06:13,300 h | 22´810 km | 18 | 132´288 km/h | 3. agosto | |
1953 | ![]() |
Ferrari | 3:02:25,000 h | 22´810 km | 18 | 135´047 km/h | 2. agosto | |
1954 | ![]() |
Mercedes GP | 3:45:45,800 h | 22´810 km | 22 | 133´366 km/h | 1. agosto | |
1956 | ![]() |
Ferrari | 3:38:43,700 h | 22´810 km | 22 | 137´656 km/h | 5. agosto | |
1957 | ![]() |
Maserati | 3:30:38,300 h | 22´810 km | 22 | 142´943 km/h | 4. agosto | |
1958 | ![]() |
Vanwall | 2:21:15,000 h | 22´810 km | 15 | 145´338 km/h | 3. agosto | |
1961 | ![]() |
Lotus-Climax | 2:18:12,400 h | 22´810 km | 15 | 148´538 km/h | 6. agosto | |
1962 | ![]() |
BRM | 2:38:45,300 h | 22´810 km | 15 | 129´312 km/h | 5. agosto | |
1963 | ![]() |
Ferrari | 2:13:06,800 h | 22´810 km | 15 | 154´222 km/h | 4. agosto | |
1964 | ![]() |
Ferrari | 2:12:04,800 h | 22´810 km | 15 | 155´429 km/h | 2. agosto | |
1965 | ![]() |
Lotus-Climax | 2:07:52,400 h | 22´810 km | 15 | 160´542 km/h | 1. agosto | |
1966 | ![]() |
Brabham-Repco | 2:27:03,000 h | 22´810 km | 15 | 139´606 km/h | 7. agosto | |
1967 | ![]() |
Brabham-Repco | 2:05:55,700 h | 22´835 km | 15 | 163´200 km/h | 6. agosto | |
1968 | ![]() |
Matra-Ford | 2:19:03,200 h | 22´835 km | 14 | 137´943 km/h | 4. agosto | |
1969 | ![]() |
Brabham-Ford | 1:49:55,400 h | 22´835 km | 14 | 174´498 km/h | 3. agosto | |
1971 | ![]() |
Tyrrell-Ford | 1:29:15,700 h | 22´835 km | 12 | 184´191 km/h | 1. agosto | |
1972 | ![]() |
Ferrari | 1:42:12,300 h | 22´835 km | 14 | 187´676 km/h | 30. xullo | |
1973 | ![]() |
Tyrrell-Ford | 1:42:03,000 h | 22´835 km | 14 | 187´961 km/h | 5. agosto | |
1974 | ![]() |
Ferrari | 1:41:35,000 h | 22´835 km | 14 | 188´824 km/h | 4. agosto | |
1975 | ![]() |
Brabham-Ford | 1:41:14,100 h | 22´835 km | 14 | 189´474 km/h | 3. agosto | |
1976 | ![]() |
McLaren-Ford | 1:41:42,700 h | 22´835 km | 14 | 188´586 km/h | 1. agosto | |
Nürburgring Grand-Prix-Kurs | ||||||||
1984 | ![]() |
McLaren-TAG-Porsche | 1:35:13,284 h | 4´542 km | 67 | 191´751 km/h | 7. outubro | ![]() |
1985 | ![]() |
Ferrari | 1:35:31,337 h | 4´542 km | 67 | 191´147 km/h | 4. agosto | ![]() |
1995 | ![]() |
Benetton-Renault | 1:39:59,044 h | 4´556 km | 67 | 183´180 km/h | 1. outubro | ![]() |
1996 | ![]() |
Williams-Renault | 1:33:26,473 h | 4´556 km | 67 | 196´007 km/h | 28. abril | |
1997 | ![]() |
Williams-Renault | 1:31:27,843 h | 4´556 km | 67 | 200´244 km/h | 28. setembro | ![]() |
1998 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:32:14,789 h | 4´556 km | 67 | 198´545 km/h | 27. setembro | |
1999 | ![]() |
Stewart-Ford | 1:41:54,314 h | 4´556 km | 66 | 177´034 km/h | 26. Setembro | ![]() |
2000 | ![]() |
Ferrari | 1:42:00,307 h | 4´556 km | 67 | 179´541 km/h | 21. Maio | |
2001 | ![]() |
Ferrari | 1:29:42,724 h | 4´556 km | 67 | 204´143 km/h | 24. Xuño | |
2002 | ![]() |
Ferrari | 1:35:07,426 h | 5´146 km | 60 | 194´742 km/h | 23. xuño | |
2003 | ![]() |
Williams-BMW | 1:34:43,622 h | 5´148 km | 60 | 195´633 km/h | 29. xuño | |
2004 | ![]() |
Ferrari | 1:32:35,101 h | 5´148 km | 60 | 200´160 km/h | 30. maio | |
2005 | ![]() |
Renault | 1:31:46,648 h | 5´148 km | 59 | 198555 km/h | 29. maio | |
2006 | ![]() |
Ferrari | 1:35:58,765 h | 5´148 km | 60 | 193´081 km/h | 7. maio | |
2007 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 2:06:26,358 h | 5´148 km | 60 | 146´567 km/h | 22. xullo | |
2009 | ![]() |
Red Bull-Renault | 1:36:43,310 h | 5´148 km | 60 | 191´599 km/h | 12. xullo | ![]() |
2011 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:37:30,224 h | 5´148 km | 60 | 190´059 km/h | 24. xullo | |
2013 | ![]() |
Red Bull-Renault | 1:41.14.711 h | 5´148 km | 60 | 182´896 km/h | 7. xullo |
Record Nordschleife: J.M.Fangio/J.Stewart (3 Veces); Record GP-Kurs: M.Schumacher (5 Veces)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Circuíto (en inglés)