Gran Premio de Alemaña de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1997
Detalles da carreira
Carreira 10 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997.
Trazado do circuíto de Hockenheimring.
Trazado do circuíto de Hockenheimring.
Data 27 de xullo de 1997
Nome oficial LIX Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland
Localización Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6´823 km
Distancia 45 voltas, 307´035 km
ClimaAsollado e seco
Pole position
Piloto Austria Gerhard Berger Benetton-Renault
Tempo 1:41.873
Volta rápida
Piloto Austria Gerhard Berger Benetton-Renault
Tempo 1:45.747 na volta 9
Podio
Primeiro Austria Gerhard Berger Benetton-Renault
Segundo Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Terceiro Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Michael Schumacher (Ferrari 310B) finalizou segundo, detrás de Gerhard Berger.

O Gran Premio de Alemaña de 1997 (oficialmente o LIX Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland) foi unha carreira de motor de Formula 1 celebrada o 27 de xullo de 1997 en Hockenheimring, Hockenheim, Baden-Württemberg, Alemaña. Foi a décima carreira da tempada de de 1997 de Fórmula Un. A carreira de 45 voltas gañouna Gerhard Berger para o equipo Benetton, desde a pole position. Michael Schumacher terminou segundo no Ferrari, con Mika Häkkinen terceiro para o equipo McLaren.

Informes[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Gran Premio foi disputado por 22 pilotos, en once equipos de dous pilotos, os equipos, tamén coñecidos como construtores, foron Williams, Arrows, Ferrari, Benetton, McLaren, Jordan, Prost, Sauber, Tyrrell, Minardi e Stewart.

Antes da carreira, o piloto de Ferrari Michael Schumacher lideraba o campionto con 47 puntos. O piloto de Williams Jacques Villeneuve era segundo conn 43 puntos. Detrás deles no Campionato de Pilotos, Jean Alesi era terceiro con 21 puntos nun Benetton, con Heinz-Harald Frentzen e Eddie Irvine con 19 e 18 puntos respectivamente.[1] No Campionato de Construtores, Ferrari lideraba con 65 puntos e Williams era segundo con 62 puntos e Benetton terceiro con 35 puntos.[1]

Logo do Gran Premio do Reino Unido de 1997 o 13 de xullo, os equipos realizaron sesións de proba no Autodromo Nazionale Monza do 14 ao 17 de xullo.[2] Shinji Nakano (Prost) marcou o mellor tempo o primeiro día, mentres que Giancarlo Fisichella (Jordan) rematou na segunda xornada. Johnny Herbert (Sauber) foi o máis rápido o terceiro día e Ralf Schumacher (Jordan) marcou o mellor tempo no último día de probas.[3]

Houbo un cambio de piloto na carreira. Foi nun dos dous coches de Benetton, desde a sétima carreira da tempada en Canadá, Alexander Wurz retirouse do seu papel de piloto de carreira e foi substituído por Gerhard Berger. Berger perdérase as tres roldas anteriores debido a un novo problema de sunusite, que requirira dúas operacións.[4]

O 22 de xullo, catro días antes das primeiras sesións de práctica libre do evento, Benetton confirmou que o equipo contrataría a Fisichella para 1998, mentres que os organizadores do Gran Premio de Alemaña asinaron un acordo coa FIA, para seguir hospedando a carreira ata o 2001.[5]

Práctica e cualificación[editar | editar a fonte]

Realizáronse catro sesións de prácticas antes da carreira do domingo, dúas o venres e dúas o sábado. As sesións de mañá e tarde do venres duraban unha hora cada unha. A terceira sesión de prácticas realizouse o sábado pola mañá e durou 45 minutos.[6] As dúas sesións de prácticas foron afectadas por chuvias ocasionais e pista húmida, o que fixo a pista moderadamente deslizante. Ralf Schumacher logrou o mellor tempo da sesión, cunha volta de 1:46.196, unha décima de segundo máis rápido que Michael Schumacher.[7]

A sesión de cualificación da tarde do sábado durou unha hora. Cada piloto estaba limitado a doce voltas, coa orde da grella decidida polas voltas máis rápidas dos pilotos. Durante esta sesión, a regra do 107% estaba en vigor, o que necesitaba que cada piloto fixase un tempo no 107% da volta máis rápida para cualificar para a carreira.[6] Berger asegurouse a duodécima pole a súa carreira e a primeira para o equipo Benetton desde o Gran Premio do Xapón de 1995 con un tempo de 1:41.873. Dixo que o seu tempo de volta era "máis ou menos" o que podía conseguir e case perdeu o control do seu Benetton na súa última cronometrada antes de trompear na Curva Sachs. Berger uniuse na primeira fila da grella a Fisichella que rexistrou unha volta 0.023 segundos máis lenta que Berger e sentiu que podería ter tomado a pole position mentres se deslizaba na curva Opel. Häkkinen cualificou terceiro e quedou satisfeito coa súa actuación. Era máis rápido que Berger no primeiro sector da pista, pero continuou na chicana Senna e atrasouse polo trompo de Berger. Michael Schumacher quedou cuarto e experimentou cunha configuración de carga aerodinámica máis alta durante a sesión. Estaba diante de Frentzen no máis rápido dos dous Williams e estaba afectado por mal agarre e equilibrio. Alesi logrou o sexto posto tras trompear o seu coche no último minuto da sesión. Ralf Schumacher freou tarde na chicana Ost no seu primeiro crono e perdeu catro décimas de segundo na sección da pista, conseguiu a sétima posición. Coulthard quedou oitavo e trompeou na curva 15 e quedou atrapado na trampa de grava ao final da sesión. Villeneuve estaba afectado por un déficit de velocidade na recta principal de 3 km/h no seu automóbil de carreiras e cambiou ao coche de substitución de Williams preparado para Frentzen, que era máis difícil de conducir e quedou noveno. Irvine completou os dez primeiros e informou de que o seu coche corría mal por encima dos bordos do circuíto pero confiaba que tería un Gran Premio máis competitivo.[8][9]

Carreira[editar | editar a fonte]

Os pilotos chegaron á pista ás 09:30 CEST (UTC + 1) para unha sesión de quecemento de 30 minutos.

Giancarlo Fisichella fixo a súa primeira saída en primeira fila desafiando a Berger pola vitoria ata que picou un pneumático sobre os restos do motor de Jan Magnussen. Este mesmo incidente axudoulle a gañar vantaxe, xa que o fume do motor atrasou a Berger antes da súa parada en boxes. Fisichella só liderou durante dúas voltas antes de que Berger o volvese a pasar. Despois de que Fisichella averiara debido a o dano provocado polo pneumático (provocado cando intentou regresar aos pits), Michael Schumacher levouno de volta aos boxes ao final da carreira.

Jacques Villeneuve tivo unha carreira desastrosa, trompeou ao intentar superar ao novato Jarno Trulli, perdendo así tereo con Schumacher. O compañeiro de equipo de este último Eddie Irvine e o compañeiro de equipo de Villeneuve, Heinz-Harald Frentzen, chocaron na primeira curva, con David Coulthard tamén obrigado a sair por danos no incidente.

A última vitoria de Berger tamén sería a última para Benetton, ao igual que a primeira vitoria de Berger no Gran Premio de México de 1986 foi a primeira do equipo. Tamén foi a única vitoria de Benetton como construtor italiano. Ata 2017, esta é tamén a última carreira gañada por un piloto austríaco.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:41.873
2 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:41.896 +0.023
3 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:42.034 +0.161
4 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:42.181 +0.308
5 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:42.421 +0.548
6 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:42.493 +0.620
7 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:42.498 +0.625
8 10 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes 1:42.687 +0.814
9 3 Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:42.967 +1.094
10 6 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Ferrari 1:43.209 +1.336
11 14 Italia Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 1:43.226 +1.353
12 22 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:43.272 +1.399
13 1 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Arrows-Yamaha 1:43.361 +1.488
14 16 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:43.660 +1.787
15 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 1:43.927 +2.054
16 2 Flag of Brazil.svg Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:44.069 +2.196
17 15 Flag of Japan.svg Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:44.112 +2.239
18 17 Flag of Argentina.svg Norberto Fontana Sauber-Petronas 1:44.552 +2.679
19 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 1:45.372 +3.499
20 18 Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:45.811 +3.938
21 21 Flag of Brazil.svg Tarso Marques Minardi-Hart 1:45.942 +4.069
22 20 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:46.499 +4.626

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 45 1:20:59.046 1 10
2 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 45 +17.527 4 6
3 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 45 +24.770 3 4
4 14 Italia Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 45 +27.165 11 3
5 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 45 +29.995 7 2
6 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 45 +34.717 6 1
7 15 Flag of Japan.svg Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 45 +1:19.722 17
8 1 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Arrows-Yamaha 44 +1 volta 13
9 17 Flag of Argentina.svg Norberto Fontana Sauber-Petronas 44 +1 volta 18
10 18 Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Tyrrell-Ford 44 +1 volta 20
11 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 40 Radiador 2
Ret 22 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Stewart-Ford 33 Motor 12
Ret 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 33 Embrague 19
Ret 3 Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault 33 Trompo 9
Ret 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 27 Motor 15
Ret 20 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Minardi-Hart 23 Sen combustible 22
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Sauber-Petronas 8 Colisión 14
Ret 2 Flag of Brazil.svg Pedro Diniz Arrows-Yamaha 8 Colisión 16
Ret 10 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes 1 Transmisión 8
Ret 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1 Colisión 5
Ret 6 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Ferrari 1 Colisión 10
Ret 21 Flag of Brazil.svg Tarso Marques Minardi-Hart 0 Caixa de cambios 21
Fonte:[10]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1996
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1998

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "F1 Points Tables - 1997". crash.net. Crash Media Group. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. [Ligazón morta]
  2. "Formula One July 1997 Test-Times". Atlas F1. Haymarket Publications. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  3. "Last week at Monza". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. 21 de xullo de 1997. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  4. "Berger back in business". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. 21 de xullo de 1997. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  5. "Germany to host 2 Grands Prix through 2001". Atlas F1. Haymarket Publications. 21 de xullo de 1997. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  6. 6,0 6,1 Domenjoz, Luc (1997). Formula 1 Yearbook - 1997-98 (8th ed.). Parragon. p. 220. ISBN 0-7525-2386-4.
    119. Realizaranse dous adestramentos libres:
    a) dous día (Mónaco : tres días) antes da carreira de 11:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00.
    b) o día antes da carreira de 09:00 a 09:45 e de 10:15 a 11:00
     
  7. "News 97 - German Grand Prix". Gale Force F1. 27 de xullo de 1997. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2006. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  8. "Qualifying". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 26 de xullo de 1997. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 1998. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  9. "Grand Prix Results: German GP, 1997". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  10. "1997 German Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]