Gran Premio da Arxentina de 1998
| Nome oficial | XXI Gran Premio Marlboro Argentina |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio da Arxentina |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
| Distancia do evento | 72 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Buenos Aires (Arxentina) Autódromo Oscar Alfredo Gálvez (Buenos Aires) |
| País | Arxentina |
| Data | 12 de abril de 1998 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Michael Schumacher Scuderia Ferrari |
| Pole position | David Coulthard |
| Volta máis rápida | Alexander Wurz |
O Gran Premio Marlboro da Arxentina de 1998 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un celebrada o 12 de abril de 1998 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Bos Aires, Arxentina. A carreira é (ata a data) o último Gran Premio da Arxentina. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998. A carreira de 72 voltas gañouna Michael Schumacher para o equipo Ferrari, desde o a segunda posición de inicio. Mika Häkkinen terminou segundo nun McLaren, Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Resumo
[editar | editar a fonte]Ao comezo da carreira, Michael Schumacher foi alcanzado por Mika Häkkinen, mentres que David Coulthard mantivo o seu primeiro lugar. Schumacher pasou a Häkkinen ao comezo da segunda volta. Na mesma volta, Eddie Irvine superou Heinz-Harald Frentzen. Na volta 4, Schumacher atrapou a Coulthard, e na seguinte volta o escocés tomou a trazada equivocada e Schumacher pasouno. Os dous coches tocáronse, e Coulthard saíuse fóra da pista e volveu entrar no sexto lugar. A carreira entón converteuse nunha batalla entre Schumacher, que parou dúas veces e Häkkinen, nunha estratexia de parada única. O plan de Schumacher demostrou ser correcto, xa que saíu diante logo da súa segunda parada, despois de que Häkkinen perdera tempo detrás de Heinz-Harald Frentzen. Detrás de Häkkinen e os dous Ferraris, Jacques Villeneuve foi atacado por Jean Alesi e Coulthard. Cando Esteban Tuero entrou nos boxes, faltáballe un dos seus pneumáticos. Finalmente, unha dos mecánicos atopouno no garaxe. Coulthard viuse freado por problemas na caixa de cambios e perdeu máis terreo cando se enganchou con Jacques Villeneuve, deixando ao canadense fóra, mentres que o escocés logrou un único punto no sexto lugar detrás de Häkkinen, Eddie Irvine, Alexander Wurz e o Sauber de Jean Alesi. No liderado, Schumacher logrou a vitoria.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 3 | Ferrari | 72 | 1:48:36.175 | 2 | 10 | |
| 2 | 8 | McLaren-Mercedes | 72 | +22.898 | 3 | 6 | |
| 3 | 4 | Ferrari | 72 | +57.745 | 4 | 4 | |
| 4 | 6 | Benetton-Playlife | 72 | +1:08.134 | 8 | 3 | |
| 5 | 14 | Sauber-Petronas | 72 | +1:18.286 | 11 | 2 | |
| 6 | 7 | McLaren-Mercedes | 72 | +1:19.751 | 1 | 1 | |
| 7 | 5 | Benetton-Playlife | 72 | +1:28.437 | 10 | ||
| 8 | 9 | Jordan-Mugen-Honda | 71 | +1 volta | 9 | ||
| 9 | 2 | Williams-Mecachrome | 71 | +1 volta | 6 | ||
| 10 | 18 | Stewart-Ford | 70 | +2 voltas | 14 | ||
| 11 | 12 | Prost-Peugeot | 70 | +2 voltas | 16 | ||
| 12 | 21 | Tyrrell-Ford | 70 | +2 voltas | 13 | ||
| 13 | 22 | Minardi-Ford | 69 | +3 voltas | 19 | ||
| 14 | 20 | Tyrrell-Ford | 68 | +4 voltas | 21 | ||
| 15 | 11 | Prost-Peugeot | 65 | Motor | 15 | ||
| Ret | 23 | Minardi-Ford | 63 | Trompo | 20 | ||
| Ret | 1 | Williams-Mecachrome | 52 | Colisión | 7 | ||
| Ret | 15 | Sauber-Petronas | 46 | Colisión | 12 | ||
| Ret | 10 | Jordan-Mugen-Honda | 22 | Suspensión | 5 | ||
| Ret | 17 | Arrows | 18 | Caixa de cambios | 17 | ||
| Ret | 19 | Stewart-Ford | 17 | Transmisión | 22 | ||
| Ret | 16 | Arrows | 13 | Caixa de cambios | 18 | ||
Fonte:[1]
| |||||||
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio de San Marino de 1998 |
| Carreira anterior: Gran Premio da Arxentina de 1997 |
Gran Premio da Arxentina | Carreira seguinte: Non houbo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1998 Argentine Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- volta rápida: Alexander Wurz 1m 28.179s
- Única volta rápida de Alexander Wurz
- Este foi o último Gran Premio da Arxentina ata a data.
- Os dous Saubers chocaron camiño da grella.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da Arxentina de 1998 |