Circuíto de Spa-Francorchamps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Spa-Francorchamps
Plano do circuíto
Datos
Inauguración agosto 1921
Outros nomes O triángulo
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio de Bélxica
Blancpain Endurance Series
24 Horas de Spa
Campionato Mundial de Resistencia
6 Horas de Spa
Spa-Classic
Localización Bélxica Francorchamps, Spa, Bélxica
Coordenadas Coordenadas: 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889
Capacidade 70.000 espectadores
Circuíto moderno con novo pit lane e a chicana da parada do Bus (2007-presente)
Lonxitude 7´004 km.
Curvas 19
Volta rápida (2018) 1:46.286
Piloto récord Finlandia Valtteri Bottas
Escudería récord Mercedes
Circuíto moderno coa modificación da chicana da parada de autobús (2004-2006)
Lonxitude 6´976 km.
Curvas 19
Volta rápida (2004) 1:45.108
Piloto récord Finlandia Kimi Räikkönen
Escudería récord McLaren
Circuíto moderno coa chicana en Eau Rouge (1994)
Lonxitude 7´001 km.
Curvas 19
Volta rápida (1994) 1:57.117
Piloto récord Damon Hill
Escudería récord Williams
Circuíto moderno coa chicana orixinal da parada de autobús (1981-1993, 1995-2003)
Lonxitude 6´968 km.
Curvas 19
Volta rápida (2002) 1:47.176
Piloto récord Alemaña Michael Schumacher
Escudería récord Ferrari
Circuíto vello (1939–1978)
Lonxitude 14´1 km.
Curvas 21
Volta rápida (1973) 3:13.4
Piloto récord Francia Henri Pescarolo
Escudería récord Matra
Circuíto orixinal de pre-guerra (1921-1938)
Lonxitude 14´9 km.
Curvas 25
Volta rápida (1937) 5:04.1
Piloto récord Alemaña Hermann Lang
Escudería récord Daimler Benz
Vista do Circuíto

O Circuíto de Spa-Francorchamps é un circuíto de carreiras permanente onde se disputa o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 e as probas de resistencia das 24 horas de Spa e os 1000 quilómetros Spa.

É un dos circuítos máis difíciles do mundo, principalmente debido á súa natureza rápida, sinuosa e accidentada. Spa é o circuíto favorito de moitos pilotos e afeccionados.[1]

Malia o seu nome, o circuíto non está en Spa, pero atópase na contorna da localidade de Francorchamps por completo dentro dos límites do municipio de Stavelot.

A pista[editar | editar a fonte]

O triángulo[editar | editar a fonte]

O trazado da pista orixinal de 15 km
O trazado da pista máis rápida 14 km
Comparación do trazado da guerra e a pista renovada nos anos setenta
Vista actual do circuíto
Eau Rouge & Raidillon en 1997
O Raidillon, coa famosa combinación Eau Rouge ao fondo

Deseñado en 1920 por Jules de Their e Henri Langlois Van Ophem[2], o circuíto orixinal en forma de triángulo tiña 15 quilómetros de extensión, e percorría as estradas que unen as vilas belgas de Francorchamps, Malmedy e Stavelot. A pista foi pensada para recibir a súa carreira inaugural en agosto de 1921, pero, tivo que ser cancelada xa que só había un participante. A primeira carreira automobilística celebrouse no circuíto en 1922, e dous anos máis tarde viu a primeira edición da xa famosa carreira das 24 Horas de Spa. O circuíto foi utilizado por primeira vez nun Gran Premio de automovilismo en 1925.

O circuíto vello de Spa era esencialmente unha carreira de velocidade cos pilotos circulando a moitas máis altas velocidades medias que noutros circuítos, factor que fixo a Spa moi popular desde o seu inicio. Naquel entón, os belgas enorgullecíanse de ter un circuíto moi rápido, e para mellorar a velocidade media, en 1939 entre outras cousas remodelouse a lenta e tortuosa sección da chamada Ancienne Douane (ata 1920, houbo aquí unha aduana do Imperio Alemán [3]), utilizando unha combinación rápida e pronunciada de curvas de esquerda-dereita cara a arriba (en 240 metros de pista hai un desnivel de 24 metros), que se convertería nunha das curvas máis famosas do mundo, o Raidillon (en francés, subida forte), é coñecida polos afeccionados e público en xeral xunto coa curva a esquerda na parte inferior do val de Eau Rouge (Auga Vermella, o nome do río que corre baixo a curva), que unidas, forman a sección Eau Rouge-Raidillon, a máis característica do circuíto. Ata o ano 2000 era posible circular sobre a pista de carreiras, cando aínda era unha vía pública.

A pista de carreiras vella continuaba a través das curvas de Kemmel agora enderezadas á parte máis alta da pista (104 metros por encima da parte máis baixa), e logo ía costa abaixo en Les Combes, rapidamente, peraltada lixeiramente a esquerda cara a Burnenville, pasando esta vila lanzabanse rapidamente a dereita. Preto de Malmedy, comezaba a recta de Masta, que só era interrompida pola rápida Masta Kink entre as casas da granxa antes de chegar á localidade de Stavelot. A continuación, a pista continuaba a través dunha sección recta costa arriba con algunhas pequenas curvas chamadas la Carriere, pasando por 2 curvas ultrarrápidas (un xiro á dereita sen nome e logo Blanchimont) antes de frear moi duro para entrar na forquita de La Source, e que empalmaba coa sección en descenso da liña de saída a diferenza de hoxe, onde a sección de saía e meta está antes de la Source.

Spa está situado na campiña das Ardenas belgas, e o vello circuíto era (e segue sendo) usado como camiño público todos os días, había casas, árbores, postes eléctricos, currais, campos e outros obstáculos situados xusto á beira da pista. Ata 1970, non houbo modificacións de seguridade de ningún tipo no circuíto e as condicións do circuíto eran, agás dunhas cantas balas de palla, practicamente idénticos ao uso civil cotiá. O expiloto de Fórmula Un Jackie Oliver comentou "se saías da estrada, non sabías o que ías golpear".[4]

Spa foi o circuíto máis rápido por estrada en Europa no momento, e que tiña unha mala reputació,n por ser perigoso e moi rápido, era un circuíto coñecido por ser para valentes, a maioría dos pilotos asustábanse nel. O vello circuíto de Spa era o único en que a velocidade era consistentemente alta sen apenas tregua en absoluto durante 3-4 minutos. Isto fixo que fose un reto mental extraordinariamente difícil, porque a maioría das curvas eran tomadas a máis de 290 quilómetros por hora e cada curva era tan importante como a anterior. Se un piloto levantaba minimamente o pé do acelerador, perdía non décimas, senón segundos enteiros. Incluso o máis mínimo erro de calquera tipo era castigado moi duramente en máis dun sentido. Con todo, esta realidade inversamente tamén provocaba poder obter enormes vantaxes se un piloto saía dunha curva un pouco máis rápido.

Do mesmo xeito que os circuítos de Nürburgring e Le Mans, Spa fíxose famoso polos accidentes mortais, xa que cada ano había moitas mortes na pista ultra-rápida, no Gran Premio de Bélxica de 1960 2 pilotos, Chris Bristow e Alan Stacey morreron con 15 minutos de diferenza (aínda que o accidente de Stacey causouno un paxaro que golpeouno na cara) e Stirling Moss estrelouse en Burnenville durante a práctica e lesionouse gravemente. Cando engadíronse as barreiras de seguridade Armco á pista en 1970, as mortes fixéronse menos frecuentes alí, pero a pista seguía sendo notoria por outros factores. O bosque das Ardenas tiña un clima moi impredicible e había partes onde estaba chovendo e a pista estaba mollada, e outras partes onde o sol brillaba e a pista estaba completamente seca. Este factor foi un elemento común nos circuítos longos, pero o tempo en Spa foi sempre máis impredicible que noutros circuítos longos, combinado co feito de que era unha pista de ultra alta velocidade con todas as curvas, agás La Source, de extremadamente alta velocidade converterona nunha das pistas de carreiras máis perigosas do mundo. 1970 foi o último ano ata 1983 en que se diputou nel unha carreira de F1. Múltiples vítimas mortais durante as carreiras de turismos das 24 Horas de Spa de 1973 e 1975 selaron o destino do vello circuíto, e 1978, foi o último ano do circuíto de Spa no seu trazado orixinal, as únicas grandes carreiras disputadas alí foron o Gran Premio de Bélxica de motociclismo e as 24 Horas de Spa de carreiras de turismos, A carreira dos 1000 km Campionato Mundial de Sportscar non se disputou logo de 1975 e non regresou ata 1982.[Cómpre referencia]

En 1969, o Gran Premio de Bélxica foi boicoteada pola F1 debido ao perigo extremo de Spa. Houbera 10 vítimas mortais en total na pista na década de 1960, incluíndo 5 nos 2 anos anteriores. Os pilotos esixiron realizar cambios en Spa, que non eran posibles no curto prazo, polo que o Gran Premio de Bélxica foi suspendido ese ano. Engadíronse barreiras Armco á pista e melloráronse seccións da mesma (especialmente as seccións Stavelot e Holowell). Na última carreira alí o ano seguinte as melloras na pista aínda non eran o suficientemente satisfactorias (ata engadiuse unha chicana temporal en Malmedy só para esa carreira) para os pilotos en termos de seguridade, e ata coa chicana, os pilotos facían unha media de máis de 240 km/h durante a carreira. Para a carreira de 1971, os donos da pista e as autoridades non instalaran na pista as medidas de seguridade obrigatorias, e a carreira foi cancelada. A Fórmula 1 non volveu a Spa ata 1983 na pista moderna.

Masta Kink[editar | editar a fonte]

A Masta Kink foi unha das seccións máis temibles en calquera circuíto de carreiras no mundo, requiría habilidade e valor na mesma medida para facelo ben. Logo dunha longa recta desde Malmedy, os coches chegaban a toda velocidade antes de ter que negociar Masta, unha chicana esquerda-dereita de alta velocidade, e unha boa velocidade de saída era de vital importancia, xa que era seguido por outro longo tramo recto de Stavelot. Esta era unha curva moi rápida e moi perigosa, xa que se atopaba xusto no medio de dúas rectas moi longas e continuas ambas ao redor de 2´4 km de longo. A velocidade neste sector podía alcanzar os 306 km/h.

Masta perdeuse para as carreiras de F1 logo da carreira de 1970. Jackie Stewart loitou para mellorar a seguridade nas carreiras logo do seu accidente alí en 1966, cando o seu BRM terminou boca abaixo na adega da granxa situada no exterior da curva, coas costelas rotas e caendolle encima un abundante fluxo de combustible do tanque para engadir dramatismo. Neste punto, a moitos dos pilotos de Fórmula Un non lles gustaba Spa (incluíndo Stewart e Jim Clark, que lograra algunhas das súas máis grandes vitorias alí) debido ás inmensas velocidades que eran constantes na pista. Mentres estaba de espectador nas 12 Horas de Sebring de 1972, Stewart tratou de organizar un boicot a carreira dos 1000 km de Spa dese ano, unha medida que non foi respaldada por moitos dos pilotos, porque Spa aínda era popular para os pilotos de carreiras fóra da Fórmula Un. En 1986 Stewart comparou o antigo circuíto de Spa por ser tan feroz como un tigre, e máis tarde nunha entrevista en 2011 describiu Masta como quizais a curva máis difícil en calquera pista de carreiras nas que competiu na súa carreira, ata máis que Eau Rouge.[5]

Outra historia particularmente horrible sucedeu na carreira das 24 horas para turismos de 1972.[6] Durante unha das súas paradas en boxes pola noite, Hans-Joachim Stuck gritou ó seu copiloto Jochen Mass por encima do ruído que debía "ter coidado coas partes do corpo en Masta Kink". Mass chegou alí esperando ver anacos de coche todo o camiño, pero arrepiouse ao descubrir que eran, de feito, os restos dun comisario da carreira.[7]

Logo de Masta, e ao final da recta posterior a Holowell, adoitaba haber unha forquita na entrada á vila, que posteriormente foi anulada por unha curva peraltada á dereita máis rápida. Outra sección rápida no medio do bosque conducía a Blanchimont. Onde, a nova pista curta do ano 1979 únese ao antigo trazado.

Dezaoito grandes premios do campionato mundial de Fórmula Un celebráronse na configuración orixinal do circuíto de Spa-Francorchamps, que foi boicoteado pola F1 en 1969,[8] o récord de volta da antiga pista en forma de triángulo é de 3 minutos e 13,4 segundos, en poder do piloto francés Henri Pescarolo, pilotando un Matra nos 1000 km. de Spa de 1973 unha carreira do Campionato Mundial de Sportscar a unha velocidade media de 262 km/h, pero o tempo máis rápido xamais rexistrado no vello circuíto de Spa foi o tempo da pole para a mesma carreira de 3 minutos e 12,7 segundos logrado por Jacky Ickx nun Ferrari 312PB.

Novo trazado[editar | editar a fonte]

Cos anos, a pista de Spa modificouse varias veces. A pista tiña orixinalmente 15 km de longo, logo da segunda guerra mundial, a pista sufriu algúns cambios. En 1930 a chicana en Malmedy foi eliminada para que fose aínda máis rápida, pero a chicana foi reinstalada en 1935, aínda que lixeiramente diferente. En 1939, a "Virage de Ancienne Douane" (curva da vella aduana) foi eliminada e recurtada, dando así nacemento á curva costa arriba de Eau Rouge/Raidillon. En 1947, a chicana en Malmedy foi de novo eliminada e fíxose parte da recta Masta. A lixeira curva a dereita que era orixinalmente Holowell (a curva antes de Stavelot logo da segunda recta de Masta) foi eliminada. E, para rematar, no canto de entrar na cidade de Stavelot construíuse un acceso directo que se converteu nun xiro moi rápido, que pasaba por alto Stavelot. Todos estes cambios fixeron un trazado final do vello circuíto de Spa de 14 km de longo. Todos estes cambios fixeron de Spa o circuíto viario aberto máis rápido do mundo, e nos últimos anos do vello circuíto, os pilotos poderían facer unha media de 241 km/h no circuíto. O cambio máis grande, con todo, foi a redución de 14 km a 7 km en 1979, a dirección do circuíto decidiu construír unha nova pista semipermanente, que continuou utilizando os camiños ordinarios e unha nova estrada de enlace permanente que conecta os dous extremos que quedaban da antiga pista. A liña de saída/meta, que orixinalmente estaba na baixada recta antes de Eau Rouge, foi trasladada á recta antes da forquita de La Source en 1981, do mesmo xeito que o seu predecesor, o novo trazado aínda é unha vía rápida e montañosa a través das Ardenas onde se pode chegar a velocidades superiores a 330 km/h.

A nova pista con pouco menos de 7 km. inagurouse ao final de 1979 co Gran Premio de Bélxica de motociclismo, aínda que non estaba listo para a Fórmula 1, non había pianos e a chicana "bus stop" non existía. En 1980, insérese a nova chicane dobre chamada a Parada de autobús, xa que está situada preto dunha parada do autobús de liña entre a curva de Blanchimont e a pinza da Source. Neses mesmos anos, tamén se construíron uns novos boxes para a Fórmula 1 pouco antes da última curva. Finalmente, a partir de 1985, todos os Grandes Premios de Bélxica disputanse en Spa-Francorchamps.

Desde o principio, o lugar foi famoso polo seu clima impredicible. Con frecuencia os pilotos enfróntanse a unha parte da pista que se está clara e brillante, mentres que outro tramo é chuvioso e esvaradizo. O circuíto probablemente demostra a importancia da habilidade do piloto máis que calquera outro no mundo. Isto débese en gran parte ás curvas de Eau Rouge e Blanchimont, que deben tomarse a fondo para lograr unha saída rápida nas rectas logo delas, que axudan ao piloto, tanto a lograr unha volta rápida como a adiantar.

Auga vermella ("Eau rouge" en francés), a beira do río preto do circuíto

Eau Rouge[editar | editar a fonte]

A parte máis famosa do circuíto é a combinación de Eau Rouge/Raidillon. Logo de negociar forquita de La Source, os pilotos baixan por unha recta ata o punto no que a pista atravesa a corrente do río Eau Rouge por primeira vez. Os coches de Fórmula 1 poden chegar a acadar velocidades de ata 320 km/h ao pasar o punto máis baixo, antes de cambiar abruptamente costa arriba nun varrido de esquerda a dereita que continua na recta Kemmel e remata nun cume cego. Falando con propiedade, a curva Eau Rouge é unicamente a curva a esquerdas da parte inferior. A seguinte curva a dereitas que apunta cara á subida foi introducida en 1939 para atallar a curva orixinal "Ancienne Douane", chamada Raidillon (fr:Raidillon de l'Eau Rouge).

A curva require gran cantidade de habilidade do piloto para negociala ben e a longa recta Kemmel produce boas oportunidades de adiantamento para os pilotos na seguinte curva "Les Combes". A curva era máis estreita e máis angosta (se fixo máis ampla en 1970, cando se actualizou o circuíto) no vello circuíto do que é hoxe en día. Agora é máis rápida.

O Campión do Mundo de F1 de 2005 e 2006 Fernando Alonso a explicou:

"Entras na curva costa abaixo, tes un repentino cambio de dirección na parte máis baixa e entón hai unha abrupta subida. Desde o cockpit non se pode ver a saída, e conforme subes ata o cume non sabes onde vas aterrar. É unha curva crucial para o tempo da volta, e tamén na carreira, porque hai unha longa subida que a segue onde se pode perder moito tempo se cometes un erro. Pero tamén é unha curva importante para as sensacións do piloto. Xera sensacións especiais en cada volta, porque tamén se comprime todo o corpo cando pasas polo punto máis baixo da curva. É moi estraño, pero tamén moi divertido".[9]

O reto para os pilotos sempre foi tomar Eau Rouge-Raidillon co acelerador a fondo. Os coches de turismo poden tomar a curva a 160–180 km/h, os de Fórmula Un a máis de 300 km/h.[10] Isto é debido á enorme cantidade de carga aerodinámica nos coches. Un coche pode ir a tope, senón levanta o pé do acelerador en Eau Rouge, desde a curva de La Source ao longo da recta Kemmel ata Les Combes, unha distancia total de 2´015 km.

Aínda así, unha perda de control nesta sección a miúdo conduce á grandes derrapes, adoitase perder a parte traseira do coche e o impacto é a maioría das veces lateral. Eau Rouge cobrouse varias vítimas nos últimos anos, entre eles Stefan Bellof nun Porsche deportivo, Guy Renard durante as 24h de Spa-Francorchamps en 1990 nun Toyota Corolla GT e tamén causou espectaculares accidentes a Alex Zanardi en 1993 e Jacques Villeneuve na cualificación en 1999, quen cualificouno como "O meu mellor accidente da historia", seguido polo seu compañeiro de equipo Ricardo Zonta nun accidente similar, que levou ao debuxante Jim Bamber mostrando ao xefe de BAR, Craig Pollock dicindo a Zonta: "Jacques é o máis rápido en Eau Rouge, así que vaia e faga exactamente o que fai Jacques ..."

Trala morte de Roland Ratzenberger e Ayrton Senna en Imola en 1994, as seguintes carreiras de F1 introduxeron chicanas compostas de pneumáticos apilados. A entrada a Eau Rouge foi obstruida de tal xeito no ano 1994, malia que foi devolto á súa gloria anterior ao ano seguinte. A curva foi lixeiramente modificada para o ano 2002, pero aínda conserva o seu carácter.

Spa Francorchamps recta Kemmel

Blanchimont[editar | editar a fonte]

A alta velocidade da curva a esquerda de Blanchimont, presente tanto no vello circuíto de 14 km. como no máis curto de 7 km., é unha longa curva ao final da pista antes da chicana que conduce á recta de boxes.

Esta curva e o achegamento a ela causaron accidentes graves no tempo, o máis recente en 2001, cando Luciano Burti perdeu o alerón dianteiro do seu Prost debido a un choque co Jaguar de Eddie Irvine, perdeu a carga aerodinámica dianteira e a dirección, saíuse da pista a 298 km/h e bateu contra o muro de pneumáticos, o impacto noqueouno e enterrou o coche nun montículo de pneumáticos. Tamén producíronse problemas nas fórmulas máis baixas Tom Kristensen tivo un choque moi violento nun coche de Fórmula 3000 en 1997 logo de derrapar na entrada da curva de Blanchimont e posteriormente chocar contra a muro, rebotou e quedou no medio da pista, onde foi golpeado por varios coches antes de deterse por completo.[11]

A zona de escape é máis estreita que noutras curvas desa velocidade, e detrás das barreiras de protección hai unha caída de 7-8 metros. Esta é a primeira curva, tomada polos coches logo de que a nova pista reúnese co trazado da antiga pista de 14 km. Blanchimont foi tamén o escenario onde en 1992 logo de que Érik Comas se estrelara fortemente durante a sesión do venres, Ayrton Senna detívose, apeouse do seu coche e correu para axudar ao piloto ferido, con outros coches pasando a velocidades de carreira.

Trazado do circuíto[editar | editar a fonte]

Tras atravesar a lenta pinza de A Source, os pilotos aceleran por unha recta en baixada tras o cal deben encarar unha subida cunha serie de curvas zigzagueantes (a primeira das cales é Eau Rouge, e o resto a combinación Raidillon) que finalizan en contracurva cega. O gran desafío para todo piloto é tomar Eau Rouge co acelerador a fondo, o cal dise que se simplificou nos últimos anos debido ao uso de tecnoloxía moderna nos monoplazas. Aínda así, seguen sendo moi poucos os pilotos que a toman pisando a fondo o seu acelerador. Na parte intermedia da pista sobresaen as curvas rápidas Stavelot e Blanchemont. Ao final do circuíto atópase a famosa curva de "A parada do bus", unha chicane que antecede á recta principal.

Recentemente remodelouse a pinza de A Source que foi movida cara a fóra da pista, e a chicane de "A parada do bus" foi movida cara a atrás, co fin de construír uns pits máis amplos e alongar a recta principal, o trazado do circuíto despois das últimas modificacións alcanza os 7´004 km, seguindo unha ruta rápida e sinuosa a través das Ardenas que permite superar os 330 km/h.

Ata o ano 2000, era posible viaxar a través da pista de carreiras, cando aínda era unha vía pública. En Eau Rouge, ó tráfico en dirección sur permitíaselle usar a famosa curva costa arriba, mentres que o tráfico oposto tiña que utilizar a antiga estrada e a curva en U por detrás das bancadas grandes, reincorporándose á pista de carreiras na parte inferior de Eau Rouge.

A pista caracterizouse desde as súas orixes polo imprescindible das condicións meteorolóxicas, que moitas veces fan que unha parte da pista estea seca mentres no outro extremo chove de forma torrencial. Tanto pilotos como seguidores da máxima categoría adoitan mostrar a súa preferencia polo circuíto de Spa. As carreiras disputadas aquí son (na maioría dos casos) entretidas, á vez que presentan desafíos interesantes aos pilotos.

Nesta pista vivíronse grandes duelos, como o de Mika Häkkinen e Michael Schumacher no ano 2000, cando o finlandés pasou ao alemán na recta de Kemmel dobrando á súa vez ao piloto brasileiro Ricardo Zonta. Ademais o circuíto foi escenario de numerosos accidentes, como o producido na saída do Gran Premio de Bélxica de 1998 na cal 13 pilotos víronse involucrados nun espectacular accidente, afortunadamente sen consecuencias.

Características[editar | editar a fonte]

  • Capacidade espectadores: 70.000
  • Lonxitude do circuíto: 7´004 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 44 voltas = 308´052 quilómetros. 20 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/baixa. Velocidade máxima estimada 322 km/h con DRS, 312 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 70% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 14% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: baixo
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
  • Marca volta: Sebastian Vettel Red Bull, 1.47.263 en 2009

Outras carreiras[editar | editar a fonte]

Ademais da Fórmula 1, en Spa-Francorchamps hai outras diferentes clases de carreiras de deportes a motor. As máis salientables son a Blancpain Endurance Series, a Fórmula 3, a RCN, o Motocicletas Endurance, o ADAC GT Masters, e anteriormente o DTM e o WTCC. As carreiras de vehículos deportivos de resistencia máis famosos son as 24 Horas de Spa e os 1000 km. de Spa. O circuíto tamén alberga unha carreira de 24 horas de 2CV.[12]

Actual

Problemas[editar | editar a fonte]

Debido as prohibicións lexislativas europeas sobre a publicidade do tabaco, e como un caso especial, a Fórmula Un enfróntouse a unha ameaza importante con respecto a este punto. Debido a estas circunstancias políticas e lexislativas, o Gran Premio neste circuíto quedou fóra do calendario de 2003 como consecuencia da lexislación interna sobre o tabaco en Bélxica. O evento foi etiquetado como evento de clase mundial polo Senado da Nación, e polo tanto salvouse para a tempada 2004.

Spa eliminouse do calendario de Fórmula Un en 2006. O organizador do evento foi a créba a finais de 2005, e non se realizaron as melloras previstas na pista de carreiras e no paddock. O goberno de Valonia interveu e proporcionou os fondos necesarios, pero era demasiado tarde para que a carreira de 2006 disputárase.

Reurbanización para a tempada 2007[editar | editar a fonte]

Cun novo respaldo financeiro, a renovación comezou o 6 de novembro de 2006 e rematou en maio de 2007, custando uns 19 millóns de euros.[13]

A Fórmula 1 volveu a Spa en 2007, cun deseño de pista modificado. A chicana da parada do autobús volveuse cara a Blanchimont e a forquita de La Source avanzou. Isto permitiu máis espazo para o novo carril de boxes. As modificacións deron unha recta de inicio/chegada máis longa.

Modificacións[editar | editar a fonte]

Engadiuse unha nova zona de escape de asfalto ao interior e ao exterior de Les Combes para a carreira de 2010, en liña coas tendencias imperantes noutros circuítos de Fórmula Un.

Antes da carreira de 2013, cortáronse rañuras de drenaxe no asfalto na recta de saída/chegada, debaixo das primeiras 11 rañuras da grella. Os pilotos estaban inicialmente preocupados [Cómpre referencia] de que isto afectase ao agarre na saída.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Spa-Francorchamps[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Ø-Tempo Data GP de
1 1950 Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Alfa Romeo P 2:47:26,000 h 14,120 km 35 177,097 km/h 18. xuño Bélxica Bélxica
2 1951 Italia Giuseppe Farina Alfa Romeo Alfa Romeo P 2:45:46,000 h 14,120 km 36 183,989 km/h 17. xuño
3 1952 Italia Alberto Ascari Ferrari Ferrari P 3:03:46,300 h 14,120 km 36 165,962 km/h 22. xuño
4 1953 Italia Alberto Ascari Ferrari Ferrari P 2:48:30,300 h 14,120 km 36 180,999 km/h 21. xuño
5 1954 Juan Manuel Fangio Maserati Maserati P 2:44:42,400 h 14,120 km 36 185,173 km/h 20. xuño
6 1955 Juan Manuel Fangio Mercedes Mercedes C 2:39:29,000 h 14,120 km 36 191,238 km/h 5. xuño
7 1956 Peter Collins Ferrari Ferrari E 2:40:00,300 h 14,120 km 36 190,614 km/h 3. xuño
8 1958 Tony Brooks Vanwall Vanwall D 2:37:06,300 h 14,100 km 36 209,093 km/h 15. xuño
9 1960 Australia Jack Brabham Cooper Climax D 2:21:37,300 h 14,100 km 36 215,052 km/h 19. xuño
10 1961 Phil Hill Ferrari Ferrari D 2:03:03,800 h 14,100 km 30 206,235 km/h 18. xuño
11 1962 Jim Clark Lotus Climax D 2:07:32,300 h 14,100 km 32 212,266 km/h 17. xuño
12 1963 Jim Clark Lotus Climax D 2:27:47,600 h 14,100 km 32 183,175 km/h 9. xuño
13 1964 Jim Clark} Lotus Climax D 2:06:40,500 h 14,100 km 32 213,712 km/h 14. xuño
14 1965 Jim Clark Lotus Climax D 2:23:34,800 h 14,100 km 32 188,550 km/h 13. xuño
15 1966 John Surtees Ferrari Ferrari D 2:09:11,300 h 14,100 km 28 183,360 km/h 12. xuño
16 1967 Dan Gurney Eagle Weslake G 1:40:49,400 h 14,100 km 28 234,946 km/h 18. xuño
17 1968 Bruce McLaren McLaren Ford G 1:40:02,100 h 14,100 km 28 236,797 km/h 9. xuño
18 1970 Pedro Rodríguez B.R.M. B.R.M. D 1:38:09,900 h 14,100 km 28 241,308 km/h 7. xuño
19 1983 Francia Alain Prost Renault Renault M


1:27:11,502 h 6,949 km 40 191,275 km/h 22. maio
20 1985 Ayrton Senna Lotus Renault G 1:34:19,893 h 6,940 km 43 189,811 km/h 15. setembro
21 1986 Nigel Mansell Williams Honda G 1:27:57,925 h 6,940 km 43 203,548 km/h 25. maio
22 1987 Francia Alain Prost McLaren Porsche (TAG) G 1:27:03,217 h 6,940 km 43 205,680 km/h 17. maio
23 1988 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:28:00,549 h 6,940 km 43 203,447 km/h 28. agosto
24 1989 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:40:54,196 h 6,940 km 44 181,576 km/h 27. agosto
25 1990 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:26:31,997 h 6,940 km 44 211,729 km/h 26. agosto
26 1991 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:27:17,669 h 6,940 km 44 209,883 km/h 25. agosto
27 1992 Alemaña Michael Schumacher Benetton Ford G 1:36:10,721 h 6,974 km 44 191,429 km/h 30. agosto
28 1993 Damon Hill Williams Renault G 1:24:32,124 h 6,974 km 44 217,795 km/h 29. agosto
29 1994 Damon Hill Williams Renault G 1:28:47,170 h 7,001 km 44 208,170 km/h 28. agosto
30 1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton Renault G 1:36:47,875 h 6,974 km 44 190,204 km/h 27. agosto
31 1996 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:28:15,125 h 6,968 km 44 208,443 km/h 25. agosto
32 1997 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:33:46,717 h 6,968 km 44 196,159 km/h 24. agosto
33 1998 Damon Hill Jordan Mugen G 1:43:47,407 h 6,968 km 44 177,238 km/h 30. agosto
34 1999 David Coulthard McLaren Mercedes B 1:25:43,057 h 6,968 km 44 214,596 km/h 29. agosto
35 2000 Finlandia Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:28:14,494 h 6,968 km 44 208,468 km/h 27. agosto
36 2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:08:05,002 h 6,968 km 36 221,050 km/h 2. setembro
37 2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:21:20,634 h 6,968 km 44 226,133 km/h 1. setembro
38 2004 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:32:35,274 h 6,976 km 44 198,824 km/h 29. agosto
39 2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:30:01,295 h 6,976 km 44 204,580 km/h 11. setembro
40 2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari B 1:20:39,066 h 7,004 km 44 229,266 km/h 16. stembro
41 2008 Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:22:59,394 h 7,004 km 44 223,873 km/h 7. setembro
42 2009 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari B 1:23:50,995 h 7,004 km 44 220,431 km/h 30. agosto
43 2010 Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:29:04,268 h 7,004 km 44 207,510 km/h 29. agosto
44 2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:26:44,893 h 7,004 km 44 213,066 km/h 28. agosto
45 2012 Jenson Button McLaren Mercedes P 1:29:08,530 h 7,004 km 44 207,344 km/h 2. setembro
46 2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:23:42,196 h 7,004 km 44 220,817 km/h 25. agosto
47 2014 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Renault P 1:24:36,556 h 7,004 km 44 218,453 km/h 24. agosto
48 2015 Lewis Hamilton} Mercedes Mercedes P 1:23:40,387 h 7,004 km 44 215,874 km/h 23. agosto
49 2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:44:51.058 h 7,004 km 44 176,279 km/h 28. agosto
50 2017 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:24:42.820 h 7,004 km 44 218,183 km/h 27. agosto
51 2018 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:23:34.476 h 7,004 km 44 221,157 km/h 26. agosto
52 2019 Charles Leclerc Ferrari Ferrari P 1:23:45.710 h 7,004 km 44 220,663 km/h 1. setembro
53 2020 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:24:08.761 h 7,004 km 44 219,655 km/h 30. agosto
54 2021 Austria Max Verstappen Red Bull Honda P 0:03:27,071 h 7,004 km 1 121,767 km/h 27. agosto
55 2022 Austria Max Verstappen Red Bull Red Bull Racing-RBPT P 1:49.354 h 7,004 km 44 215,216 km/h 28. agosto
56 2023 Austria Max Verstappen Red Bull Red Bull Racing-RBPT P 1:22:30,450 h 7,004 km 44 224,017 km/h 30. xullo

Vitorias
Piloto: Michael Schumacher (6), Ayrton Senna (5), Jim Clark/Lewis Hamilton/Kimi Räikkönen (todos 4)
País: Gran Bretaña (17), Alemaña (10), Brasil (6)
Construtores: Ferrari (14), McLaren (12)
Motor: Ferrari (14), Mercedes (11), Renault (8)
Pneumáticos: Goodyear (16), Pirelli (15), Dunlop (9)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hamilton, Maurice (2008-11-05). "Belgian GP: different strokes". Top Gear. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 2011-01-22. 
  2. "Circuit History". Circuit de Spa Francorchamps. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 2011-01-22. 
  3. "Deutsche Topographische Karte „5501 Bürnenville“, Ausgabe 1893". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2012. 
  4. http://www.youtube.com/watch?v=_VtQ9Uc062M
  5. http://www.youtube.com/watch?v=ISOEXQG5vOo 19:04
  6. Léon Grisard Motorsport Memorial
  7. GP Encyclopedia > Circuits > Spa-Francorchamps Grandprix.com
  8. "Spa-Francorchamps". ESPN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 2010-09-01. 
  9. 2004 Belgium Grand Prix – Selected driver quotes The Official Formula One Website
  10. F1 performance map at Spa-Francorchamps
  11. The Official Tom Kristensen Website[Ligazón morta]
  12. 2cvRacingTeams. "24h02' 2cv - Spa Francorchamps". www.24h2cv.be. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  13. Renovation of Francorchamps-circuit starts in November F1Technical.net, xullo de 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]