Gran Premio dos Estados Unidos de 1989

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 33°26′52.5″N 112°4′28.5″O / 33.447917, -112.074583

Gran Premio de Estados Unidos de 1989
Detalles da carreira
Carreira 5 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989.
Trazado do circuíto de Phoenix
Trazado do circuíto de Phoenix
Data 4 de xuño 1989
Nome oficial XXVI Iceberg United States Grand Prix
Localización Circuíto urbano de Phoenix
Phoenix (Arizona Estados Unidos)
Percorrido Circuíto urbano
3´800 km
Distancia 75 voltas, 285 km
ClimaCálido, asollado, 36 °C[1]
Pole position
Piloto Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:30.108
Volta rápida
Piloto Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:33.969 na volta 38
Podio
Primeiro Francia Alain Prost McLaren-Honda
Segundo Italia Riccardo Patrese Williams-Renault
Terceiro Eddie Cheever Arrows-Ford

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 4 de xuño de 1989 en Phoenix (Arizona).

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En outubro de 1988, o concello de Detroit, Míchigan negouse a investir máis diñeiro para adaptar o circuíto de Detroit as novas regulacións da Fórmula 1. Isto provocou a cancelación da carreira de Detroit para a tempada de 1989. O concello da cidade de Phoenix estaba interesado en acoller un grande evento deportivo para promover a cidade de Phoenix en todo o mundo. A carreira de Fórmula 1 entrou en xogo logo dun intento desesperado de Bernie Ecclestone de non perder o Gran Premio dos Estados Unidos. O 13 de xaneiro de 1989, o Consello da Cidade de Phoenix aprobou un contrato de cinco anos coa F1 para promover e executar a carreira, con data do evento o 4 de xuño. Era ben coñecido que o clima de Phoenix é moi quente en xuño, pero era a única data dispoñible porque conseguiu a carreira en pouco tempo.[2] No xoves antes da cualificación, a Fórmula Atlántica, a categoría de apoio para a fin de semana, tivo a primeira sesión de práctica na nova pista antes de que chegasen os coches de Fórmula 1 ao circuíto para a precualificación as 8 da mañá do venres. A sesión da fórmula atlántica viu un par de problemas. Levantouse unha cuberta de sumidoiro e a superficie da pista na curva 10 ao final da recta traseira (Washington Street) comezou a romperse do mesma xeito que Detroit e Fair Park fixeran no pasado. Durante a noite, utilizouse cemento seco rápido para remendar a superficie rota, o cemento mantívose durante o resto da fin de semana.

Cualificación[editar | editar a fonte]

Na cualificación o venres, Ayrton Senna foi progresivamente máis e máis rápido, fixando un tempo 1.5 segundos por diante do McLaren do seu compañeiro de equipo Alain Prost e o resto dos participantes. O tempo do venres de Senna de 1:30.710 conseguiuno na segunda sesión e deulle a súa 34ª pole position da súa carreira, rompendo a marca de Jim Clark de 33 que igualara na carreira anterior en México.

Práctica libre[editar | editar a fonte]

Durante a práctica da mañá do sábado, Prost trompeou e foise contra unha parede e danou o monocasco e a caixa de cambios. Foi o primeiro monocasco que rompeu Prost desde que se unira ao equipo en 1984. Entón Prost tivo que tomar o auto de reposto de Senna para a carreira. Alessandro Nannini estrelouse fortemente na sesión de quecemento da mañá e viuse obrigado a comezar a carreira non só no coche de reposto, senón tamén cun corsé debido a ter o pescozo moi dorido.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

Prost conseguiu pasar a Senna na saída, pero colleu unha fochanca na recta, facendo que as súas rodas patinasen e o motor cortara momentaneamente polo limitador de revolucións permitindo que Senna se adiantasee, pero ao final da primeira volta a súa vantaxe era de só 0´45 segundos. Nannini corría terceiro seguido por Nigel Mansell, Alex Caffi, Stefano Modena, Martin Brundle, Gerhard Berger, Andrea de Cesaris e Michele Alboreto. O pescozo de Nannini só aguantou 10 voltas antes de entrar en boxes para retirarse. Era terceiro ata que un trompo na volta catro deixouno oitavo e retirouse logo de non ser capaz de soster a súa cabeza correctamente e queixándose de mareos. Logo de 16 voltas, a vantaxe de Senna sobre Prost era de 4´25 segundos. Repentinamente dobrou a diferenza na seguinte volta, cando o motor de Prost empezou a sobrequentarse, obrigando ao francés a levantar o pé do acelerador unhas cantas voltas nun intento por recuperar as temperaturas da auga e da gasolina. Malia a posición aparentemente dominante de Senna, Prost seguiu confiando en gañar, xa que notara que o seu McLaren respondía mellor que o do seu compañeiro de equipo. Razoou que máis adiante na carreira o seu único problema sería conseguir pasalo.

A diferenza entre os dous McLarens variou a medida que avanzaban no tráfico, pero na volta 29, Prost pechou a diferenza cando Senna sufriu un fallo de encendido. O problema desapareceu momentaneamente, e Senna fixo a volta rápida da carreira, pero apareceu de novo, peor que antes. Na volta 34, con Prost só un segundo atrás, Senna fixo un xesto ao seu compañeiro de equipo para que pasara e logo entrou en boxes.

Logo de dúas paradas en boxes para cambiar a caixa negra, a batería e as buxías, e con sucesivas voltas rápidas entre eles, Senna retirouse na volta 44. Foi a súa primeira retirada debido a un fallo do motor Honda e o primeiro fallo do seu motor V10 en condicións de carreira. Tamén foi a segunda vez en 21 carreiras con McLaren que fallaba un motor de Honda, o primeiro foi cando o turbo de Prost reventou a metade do Gran Premio de Italia de 1988, a única carreira da tempada de 1988 que McLaren non gañou.

Alex Caffi, que comezara sexto no seu Dallara - Ford calzado con Pirelli, subiu ata o segundo posto coa retirada de Senna. Unha parada para poñer pneumáticos novos, logo de ser pasado por Berger (cuxas palmas aínda estaban en carne viva e doridas debido ao seu choque en Imola soamente seis semanas antes), fíxoo caer dous postos máis á quinta. Con todo, ao intentar pasar ao seu compañeiro de equipo de Cesaris, de Cesaris dobrou cara a dentro, botando a Caffi contra o muro e deixándoo fóra da carreira. Logo da carreira de Cesaris dixo que simplemente non viu Caffi e nin sequera sabía que batera no muro ata logo da carreira. De Cesaris continuou no 8º posto. O Ferrari de Berger sufriu a rotura do alternador (significando que no llegaba potencia á transmisión semiautomática) 9 voltas logo da retirada de Caffi. Os reporteiros trataron de entrevistar a Berger, pero o seu mecánico pechou a porta do garaxe, xusto antes de que a porta do garaxe pechásese. O reporteiro de boxes de ESPN viu a Berger salpicado de auga.

Ao longo da carreira, Riccardo Patrese, Ivan Capelli e Eddie Cheever estiveran moi próximos. Cando Capelli retirouse na volta 21 cun fallo na caixa de cambios, Patrese e Cheever continuaron a batalla. Logo da volta 51, a pelexa foi polo segundo lugar, con Patrese por diante. Malia un problema co combustible do seu motor, Cheever retouno nas voltas finais ata que os seus freos dianteiros e un freo traseiro fallaron. Terminou en terceiro lugar.

Como se predixo, o límite de tempo de dúas horas foi alcanzado logo de 75 das 81 voltas programadas, e Prost logrou o seu único triunfo nos Estados Unidos (logo de non gañar en Watkins Glen, Long Beach, Las Vegas, Detroit ou Dallas), e aumentou a súa entón mellor marca de todos os tempos de 36 vitorias e a súa primeira vitoria cun motor atmosférico (a súa única outra tempada na F1 sen potencia de turbo fora a súa tempada de novato con McLaren en 1980 cando o equipo usou o Cosworth DFV Motor V8). Tamén tomou unha vantaxe de dous puntos sobre Senna, no Campionato de Pilotos, que finalmente gañou. O segundo posto de Patrese foi o seu segundo seguido. Logo de loitar na práctica, a cualificación e o quecemento, e partindo do posto 14, Patrese e o director técnico Patrick Head lograron unha boa configuración e finalmente conseguirono para a carreira. O terceiro posto de Eddie Cheever foi o noveno e último podio da súa carreira na F1. Christian Danner beneficiouse das retiradas por diante del para lograr o cuarto lugar para Rial Racing. Foi o seu mellor final de carreira e coincidiu co mellor final da historia para o equipo.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pre Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:32.293
2 21 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 1:32.992 +0.699
3 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:33.768 +1.475
4 8 Italia Stefano Modena Brabham-Judd 1:33.924 +1.631
5 18 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:34.281 +1.988
6 32 Francia Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1.35.110 +2.817
7 33 Suíza Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:35.805 +3.512
8 17 Italia Nicola Larini Osella-Ford 1:36.470 +4.177
9 41 Alemaña Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:36.498 +4.205
10 39 Alemaña Volker Weidler Rial-Ford 1:36.583 +4.290
11 34 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:36.610 +4.317
12 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:37.776 +5.483
13 37 Bélxica Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:45.530 +13.237

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:30.108 1:30.710
2 2 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:31.620 1:31.517 +1.409
3 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:32.924 1:31.799 +1.691
4 27 Nigel Mansell Ferrari 1:31.927 1:33.383 +1.819
5 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:32.750 1:31.960 +1.852
6 21 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 1:32.819 1:32.160 +2.052
7 8 Italia Stefano Modena Brabham-Judd 1:34.267 1:32.286 +2.178
8 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:33.697 1:32.364 +2.256
9 4 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:33.377 1:32.491 +2.383
10 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:32.640 1:32.492 +2.384
11 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 1:36.136 1:32.493 +2.385
12 30 Francia Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:34.721 1:32.562 +2.454
13 22 Italia Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:33.061 1:32.649 +2.541
14 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 1:34.523 1:32.795 +2.687
15 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:34.794 1:33.031 +2.923
16 5 Bélxica Thierry Boutsen Williams-Renault 1:35.227 1:33.044 +2.936
17 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:33.214 1:33.361 +3.106
18 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:35.236 1:33.324 +3.216
19 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:34.637 1:33.370 +3.262
20 24 España Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:34.636 1:33.724 +3.616
21 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:34.748 1:33.741 +3.633
22 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:33.745 1:33.804 +3.637
23 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:35.188 1:33.782 +3.674
24 40 Italia Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:34.455 1:33.790 +3.682
25 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:35.377 1:33.806 +3.698
26 38 Alemaña Christian Danner Rial-Ford 1:35.453 1:33.848 +3.740
27 26 Francia Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:35.124 1:34.153 +4.045
28 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 2:10.795 1:34.352 +4.244
29 25 Francia René Arnoux Ligier-Ford 1:35.823 1:34.798 +4.715
30 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:35.771 1:35.496 +5.388

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2 Francia Alain Prost McLaren-Honda 75 2:01:33.133 2 9
2 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 75 + 39.696 14 6
3 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 75 + 43.210 17 4
4 38 Alemaña Christian Danner Rial-Ford 74 + 1 volta 26 3
5 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 74 + 1 volta 25 2
6 5 Bélxica Thierry Boutsen Williams-Renault 74 + 1 volta 16 1
7 40 Italia Gabriele Tarquini AGS-Ford 73 Motor 24
8 22 Italia Andrea de Cesaris Dallara-Ford 70 + 5 voltas 13
9 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 69 Sen combustible 21
Ret 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 61 Alternador 8
Ret 21 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 52 Colisión 6
Ret 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 52 Trompo 22
Ret 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 50 Suspensión 19
Ret 24 España Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 46 Motor 20
Ret 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 44 Eléctrico 1
Ret 7 Martin Brundle Brabham-Judd 43 Freos 5
Ret 8 Italia Stefano Modena Brabham-Judd 37 Freos 7
Ret 27 Nigel Mansell Ferrari 31 Alternador 4
Ret 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 26 Motor 15
Ret 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 24 Acelerador 23
Ret 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 22 Transmisión 11
DSC 15 Maurício Gugelmin March-Judd 20 Descualificado 18
Ret 4 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 17 Caixa de cambios 9
Ret 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 10 Problemas físicos 3
Ret 9 Derek Warwick Arrows-Ford 7 Colisión 10
Ret 30 Francia Philippe Alliot Lola-Lamborghini 3 Trompo 12
NSC 26 Francia Olivier Grouillard Ligier-Ford        
NSC 31 Roberto Moreno Coloni-Ford        
NSC 25 Francia René Arnoux Ligier-Ford        
NSC 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Lamborghini        
NSCP 18 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Ford        
NSCP 32 Francia Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford        
NSCP 33 Suíza Gregor Foitek EuroBrun-Judd        
NSCP 17 Italia Nicola Larini Osella-Ford        
NSCP 41 Alemaña Joachim Winkelhock AGS-Ford        
NSCP 39 Alemaña Volker Weidler Rial-Ford        
NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha        
NSCP 34 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha        
NSCP 37 Bélxica Bertrand Gachot Onyx-Ford        
Fonte:[4]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  • Mauricio Gugelmin viu a bandeira negra por engadir líquido de freos incumprindo as regulacións.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historical Weather For 1989 in Phoenix, Arizona, USA". WeatherSpark. Consultado o 2015-12-24. 
  2. Siano, Joseph (January 30, 1989). "Grand Prix Moves to Phoenix". nytimes.com. Consultado o July 15, 2014. 
  3. Rob Walker, Road & Track page 82, September 1989 edition
  4. "1989 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  5. "United States Grand Prix - A sense of relief". motorsportmagazine.com. 7 July 2014. Consultado o 14 November 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rob Walker (setembro de 1989). "United States Grand Prix at Phoenix: Just Desert". Road & Track, 82-85.


Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1989
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1989
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1989
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1980
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1990