Saltar ao contido

Motor V12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1926 BMW VI, refrixerado por auga, motor V-12 dun avión
Motor V12 dun Ferrari 250TR Spyder de 1961.

O motor V12 é un Motor en V con 12 cilindros montado no cárter en dous bancos de seis cilindros, polo xeral, aínda que non sempre, nun ángulo de 60° entre si, cos 12 pistóns movidos por un veo de manivelas común.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Cada bancada é, basicamente, un bloque de 6 cilindros en liña, configuración que se caracteriza pola súa finura de funcionamento, practicamente ausente de vibracións, polo que non necesita eixes de equilibrado. Polo tanto, un motor V12, coas bancadas de cilindros a 60º, 120º ou ata 180º (configuración usada no pasado, por exemplo, Ferrari, no motor do Testarossa de 1984 e no dos seus sucesores 512TR e F512M) caracterízase aínda pola súa maior maior fineza de funcionamento debido a que as explosións dos cilindros sucédense en intervalos de tempo moito menores, producíndose unha cada 60º de xiro do cegoñal nun motor de catro tempos, o que tamén posibilita o funcionamento do motor a moi poucas revolucións (menos de 1500 rpm) sen ningún tipo de vibracións nin tendencia a calarse. É por isto polo que son motores moi usados en vehículos de luxo.

Nun coche de carreiras, as partes xiratorias pódense facer moito máis lixeiras e polo tanto máis sensibles, xa que non hai necesidade de utilizar contrapesos no cegoñal como se necesita nun V8 a 90º e unha menor necesidade de masa inercial no volante de inercia para suavizar a entrega de potencia. É un motor de gran resistencia, un V12 pode funcionar máis lento que os motores máis pequenos, o que prolonga a vida do motor.

  1. Nunney, Malcolm James (2007). Light and Heavy Vehicle Technology (4 ed.). Butterworth-Heinemann. pp. 13–14. ISBN 978-0-7506-8037-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]