Michele Alboreto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1956 Milán, Italia |
Morte | 25 de abril de 2001 (44 anos) Klettwitz, Alemaña |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Residencia | Milano 3 (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de carreiras, piloto de motociclismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Michele Alboreto, nado en Milán o 23 de decembro de 1956 e finado en Klettwitz (Brandeburgo) o 25 de abril de 2001, foi un piloto italiano de Fórmula 1. É famoso por terminar segundo tras Alain Prost na tempada de Fórmula Un de 1985 así como por gañar as 24 Horas de Le Mans de 1977 e as 12 Horas de Sebring de 2001. Alboreto competiu en Fórmula Un de 1981 ata 1994, con varios equipos, destacando sobre todo as súas cinco tempadas (1984-88) pilotando un Ferrari.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia apaixonada polo automobilismo, comezou a frecuentar Monza aos 12 anos. Ademais dos automóbiles, a súa outra paixón era xogar ao fútbol. Reservado e introspectivo, iniciouse no automobilismo en 1977 ao volante dun Fórmula Monza da "Scuderia Salvati", cuxo prototipo estaba equipado cun motor Fiat 500 de dous cilindros. Alboreto aproveitou aquela oportunidade única e mostrou paixón ao conducir aquel coche. O ano seguinte (1978), trasladouse á Fórmula Italia, categoría que contaba con monoprazas máis potentes.
Tras conquistar os títulos da Fórmula 3 Italiana en 1979 e o Campionato Europeo de F3 en 1980, Michele Alboreto demostrou versatilidade ao disputar o Mundial de Prototipos con Lancia. Xunto o seu compatriota Riccardo Patrese, conquista a súa primeira vitoria nas 6 horas de Watkins Glen de 1981. O seu último ano con coches de "Endurance", na tempada de 1982, vence ás 6 horas de Silverstone (con Patrese), os 1000 km de Nürburgring (con Teo Fabi e novamente Patrese) e os 1000 km de Mugello (en dúo con Piercarlo Ghinzani).
Probas con Tyrrell e vitoria con Minardi na F-2
[editar | editar a fonte]Co apoio de Ceramica Imola, Alboreto é convidado para unha proba co equipo Tyrrell, en 1981. Completou algunhas voltas e pronto foi contratado para substituír o arxentino Ricardo Zunino no Gran Premio de San Marino. Foron dez carreiras e un 9º lugar no Gran Premio dos Países Baixos, en Zandvoort, como mellor resultado. Aquel mesmo ano, conquista a única vitoria da historia de Minardi nunha proba da Fórmula 2.
Tyrrell (1981-1983)
[editar | editar a fonte]O estilo do italiano agradou a Ken Tyrrell e Alboreto permanece no equipo na tempada de Fórmula 1 de 1982. A primeira vitoria foi conquistada nesta conturbada temporada, marcada polos accidentes nefastos de Gilles Villeneuve e Riccardo Paletti. Revelación daquel mundial, Michele, con 25 anos, venceu o difícil Gran Premio de Las Vegas. A carreira foi moi disputada entre el e o norteirlandés John Watson de McLaren, que batallaba polo título co finlandés Keke Rosberg de Williams. As cores azul e amarela de seu casco, homenaxe ao seu grande heroe Ronnie Peterson, pasaran a ser coñecidas por todos na F-1.
Tanteo
[editar | editar a fonte]Alboreto pasou a ser tanteado polos grandes equipos da Fórmula 1, mais non podía desvencellarse do contrato con Tyrrell. Enzo Ferrari, que procuraba un substituto para Gilles Villeneuve, convidou ao piloto, mais Ken Tyrrell esixiu un motor turbo de Ferrari en troco da liberación do piloto. "Os italianos criticanme por non asinar con Alboreto para o próximo ano, mais o que moitos non saben é que o convidei no medio desta tempada. Alboreto non optou por rescincidir seu contrato con Tyrrell. En resposta, mandoume unha carta moi educada, que mostrou seu gran carácter. Cando Alboreto estea libre de calquera tipo de contrato, haberá un Ferrari á súa disposición", declarou, na época, o vello comendador.
A segunda vitoria na Fórmula 1 aconteceu en Detroit, na temporada seguinte 1983. O brasileiro de Brabham, Nelson Piquet, lideraba a carreira e conseguía abrir espazo co Tyrrell de Alboreto. Faltando 9 voltas para o fin, Piquet tivo unha picada nun pneumático e tivo que facer un pit-stop. O italiano asumiu o liderado e administrou a súa vantaxe co finés Keke Rosberg, de Williams, estabelecendo a última vitoria do clásico motor Cosworth DFV de oito cilindros na F-1. Foi unha carreira en que, do 1º ao 6º, só o 4º colocado era Turbo. Acabou sendo tamén a última vitoria do equipo do "Tío Ken" na categoría.
Ferrari (1984-1985)
[editar | editar a fonte]Tras 11 anos sen un piloto da "casa" (o último foi en 1973, Arturo Merzario), Enzo Ferrari contrata a Michele Alboreto para pilotar o coche vermello número 27 para a temporada de 1984. Pilotar para o equipo de Maranello era seu gran soño e a primeira vitoria acontece no Gran Premio da Bélxica de 1984, en Zolder. O ano de estrea, Alboreto termina a temporada en 4º lugar con 30´5 puntos; aínda marcou unha pole e unha volta rápida, pasando a ser moi popular en Italia.
En 1985, é o primeiro piloto e un forte aspirante ao título, grazas ao modelo 156/85. Venceu en Canadá e en Alemaña e poderían ser tres se non fose por unha picada no pneumático traseiro esquerdo en Mónaco; tivo catro segundos e dous terceiros lugares, tres voltas rápidas e durante cinco probas seguidas (da canadense á alemá) liderou o Mundial, mais en Austria perdeuna para o francés Alain Prost de McLaren, o vencedor da proba, e co italiano terminándoa en 3º lugar, marcou tres puntos co 4º en Holanda. Con 3 puntos de desvantaxa, iniciou o Gran Premio de Italia confiando que podería recuperar o liderado da táboa, tanto que os tifosi abarrotaban as bancadas do autódromo de Monza crendo na vitoria da máquina e do piloto que non acontecía desde a tempada 1966 con Ludovico Scarfiotti, porén o soño dos fanáticos xiareiros durou 45 voltas, porque o motor do coche do piloto milanés rompeu. No Gran Premio de Bélxica, en Spa-Francorchamps, abandonou prematuramente na 3ª volta por problemas de embrague. Con dúas probas sen puntuar, a diferenza aumentaba a 16 puntos. Na antepenúltima carreira, o Gran Premio de Europa, en Brands Hatch, en Inglaterra, a súa actuación durou só 13 voltas cando comezou a pegar fogo na parte traseira debido a rotura do turbo. Nas últimas dúas probas do campionato, Alboreto tampouco terminou. Na clasificación final foi subcampión con 53 puntos. Terminaba a súa mellor oportunidade de alcanzar o tan soñado título.
En 1986, o coche non conseguiu seguir o ritmo do McLaren - TAG-Porsche de Prost, do Lotus-Renault de Senna e dos Williams-Honda, que mostraran unha grande evolución na temporada anterior con Mansell e agora con Piquet. Alboreto obtivo só un podio co 2º lugar no GP de Austria. O 9º lugar no campionato con só 14 puntos foi todo que conseguiu.
En 1987, ten un novo compañeiro de equipo: o austríaco Gerhard Berger. Con el, o piloto italiano é constantemente batido polo seu novo compañeiro tanto en adestramentos como en carreiras. Alboreto tampouco vence ningunha carreira como no ano anterior e o máximo que consegue é o 2º lugar en Australia e dous 3º lugares: San Marino e Mónaco. Novamente os coches do cavalinho rampante son batidos polos coches de Frank Williams. Clasifícase 7º no campionato con 17 puntos.
No campionato de 1988, un ano dominado polos McLaren-Honda, Alboreto pouco puido facer. Obtén tres pódios, dous terceiros postos en: Mónaco e en Francia, mais cando aparece a mellor oportunidade para vencer, quen alí está é o seu compañeiro Berger, que gaña o GP de Italia, case un mes despois da morte do Comendatore, obtendo el o segundo lugar (último podio no equipo) e o dobrete na carreira. Termina o campionato con 24 puntos: tres pódios e unha volta rápida, dándolle o 5º lugar na última tempada no equipo de Maranello.
Tanteo de Williams, volta á Tyrrell e fichaxe en Larrousse
[editar | editar a fonte]Foi sondado por Williams, mais as negociacións non progresan e o piloto italiano volveu para Tyrrell na tempada de Fórmula 1 de 1989. A pesar dos problemas, conseguiu o 5º lugar en Mónaco e o 3º en México. Alboreto saíu na metade da tempada con problemas co equipo e o seu patrocinador. Antes do Gran Premio de Francia, Ken Tyrrell aceptou o patrocinio de Camel. "Non me gusta quebrar contratos e pedín a Tyrrell conversar con Marlboro. Mais Ken dixo que o problema era meu." - revelou Alboreto, que acepta o convite de Larrousse-Lamborghini para disputar a pre-clasificación ao final do ano.
=1990-1994: o desgaste en Footwork, fracasos na Scuderia Italia e volta á Minardi
[editar | editar a fonte]Nun deporte marcado polos repentinos cambios de rumbo, o piloto esperaba revivir a mellor fase da súa carreira, en 1990, en Footwork Arrows. O equipo desenvolve unha sociedade con Porsche para a tempada seguinte, mais o conxunto foi desastroso. Despois de tres tempadas de poucos resultados, o piloto acerta coa Scuderia Italia. O equipo italiano usaba motores Ferrari e chasis Lola, mais despois de 1993, uniu forzas con Minardi. Así, Alboreto disputou a súa última tempada na Fórmula 1 co equipo de Faenza e marcou o último punto no Gran Premio de Mónaco de 1994, retirandose aos 37 anos de idade.
DTM e Le Mans
[editar | editar a fonte]O ano seguinte (1995), Michele disputou a DTM cun Alfa Romeo 155 V6, porén non obtivo logro na categoría alemá. Aquel mesmo ano, correu na IRL e retomou súa carreira nas probas de Endurance. Despois de poucos resultados positivos, Alboreto vence a tradicional 24 Horas de Le Mans de 1997 e revive seus días de gloria no automobilismo. O piloto italiano compartiu o TWR-Porsche do equipo Joest Racing, co sueco Stefan Johansson (o seu excompañeiro de equipo en Ferrari), e o danés Tom Kristensen.
A vitoria en Le Mans abre novos camiños para Alboreto. A partir de 1998, disputa a "ALMS" (American Le Mans Series) con TWR-Porsche. En 1999, Alboreto se torna peza importante no desenvolvemento da Audi. O último triunfo do piloto acontece nas 12 Horas de Sebring de 2001 co italiano Rinaldo Capello e o francés Laurent Aïello, co Audi R8.
Morte tráxica
[editar | editar a fonte]Cando todo indicaba unha vitoria máis en Le Mans, o mundo levou unha sorpresa cunha triste noticia. En 25 de abril de 2001, Alboreto morre tras sufrir un accidente examinando o novo Audi R8, que sería usado na tradicional proba francesa. O accidente aconteceu no momento en que o prototipo cruzaba a recta do circuíto alemán de Lausitzring, en Alemaña, a 300 km/h. O coche levantou voo e capotou por varias veces até bater no gardarail. Segundo a investigación, o accidente aconteceu por un rebenton no pneumático, provocado por un obxecto cortante. Terminaba así a carreira dun piloto que traballou duro para superar tantas adversidades.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- ‡ A carreira detívose con menos do 75% das voltas completadas, outorgáronse a metade dos puntos
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michele Alboreto |