Aviñón
Aviñón[1][2][3][4] (en francés: Avignon, en occitano: Avinhon ou Avignoun) é unha cidade do sueste de Francia, situada no departamento de Vaucluse, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. En 2006 tiña unha poboación de 94.787 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Aviñón foi residencia dos papas entre 1309 e 1377, cando a cidade se atopaba baixo o goberno dos reis de Sicilia pertencentes á Casa de Anjou. En 1348, o papa Clemente VI comproulle unha residencia á raíña Xoana I de Sicilia. Ese período, no que residiron na cidade os papas Clemente V, Xoán XXII, Bieito XII, Clemente VI, Inocencio VI, Urbano V e Gregorio XI, é coñecido como Papado de Aviñón. Despois dese período, en 1378, produciuse o Gran Cisma de Occidente que non se resolveu ata 1417.
Os antipapas Clemente VII e Bieito XIII continuaron residindo na cidade aínda despois de que os papas regresasen a Roma en 1377. Clemente VII permaneceu en Aviñón durante todo o seu pontificado (1378-1394) mentres que Bieito XIII viviu en Aviñón ata que fuxiu cara a Aragón, fixando a súa residencia finalmente en Peníscola, onde morreu aos 96 anos en 1423.
Aviñón fora sede episcopal desde o ano 70, e converteuse en arcebispado en 1476. Nel celebráronse varios sínodos de menor importancia. O papa Bonifacio VIII fundou a Universidade de Aviñón en 1303, e debido á súa reputación polos seus estudos en leis, tivo grande importancia ata a Revolución francesa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada na marxe esquerda do río Ródano, no sueste do país. Está preto da costa, a 80 km ao noroeste de Marsella e a 650 km de París. O seu clima é mediterráneo, con invernos frescos e veráns cálidos.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Aviñón é unha vila de rico patrimonio protexido e o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995. Entre os seus lugares de interese destacan:
- Pazo dos Papas
- Conxunto episcopal
- Ponte de Aviñón
- Murallas
- Basílica de San Pedro
- Hôtel de Ville, casa do concello.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Aviñón (Francia)
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ "Aviñón". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 246.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aviñón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Aviñón Arquivado 02 de xuño de 2005 en Wayback Machine. (en francés)
| Predecesor: |
Capital Europea da cultura xunto con 2000 |
Sucesor: |
