Gran Premio de Francia de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francia Gran Premio de Francia de 1997
Detalles da carreira
Carreira 8 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997.
Trazado do Circuíto de Nevers Magny-Cours
Trazado do Circuíto de Nevers Magny-Cours
Data 29 de xuño de 1997
Nome oficial LXXXIII Grand Prix de France
Localización Circuíto de Nevers Magny-Cours, Magny-Cours, Francia
Percorrido Circuíto permanente
4´250 km. km
Distancia 72 voltas, 306´00 km
ClimaSeco ao principio, choiva na parte final
Pole position
Piloto Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Tempo 1:14.548
Volta rápida
Piloto Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Tempo 1:17.910 na volta 37
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Segundo Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault
Terceiro Eddie Irvine Ferrari


O Gran Premio de Francia de 1997 de fórmula 1 celebrouse no Circuíto de Nevers Magny-Cours en Francia o 29 de xuño de 1997. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de 1997, o 75º Gran Premio de Francia, ou o 83º Gran Prix de l'ACF. A carreira de 72 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando o Ferrari tras comezar desde a pole position. Heinz-Harald Frentzen terminou segundo co equipo Williams, con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada e a súa segunda vitoria consecutiva logo de gañar o Gran Premio do Canadá de 1997.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

No inicio, Michael Schumacher liderou desde a pole con Frentzen no Williams detrás deél todo o camiño. Foi un mal inicio para Damon Hill, que perdeu unha á na primeira curva despois da saída e non amosou moito despois diso.

A carreira foi relativamente tranquila ata o final cando unha tormenta trouxo a choiva ao circuíto. Algúns pilotos entraron en boxes a poñer pneumáticos de chuvia mentres que outros quedaron na pista cos seus pneumáticos de seco. Varios pilotos trompearon baixo a chuvia, incluíndo a Michael Schumacher. Con todo, Schumacher mantivo o seu liderado.

Ao final, Michael cruzou a liña por diante de Frentzen pero nas últimas dúas voltas viuse unha gran batalla entre Ralf Schumacher, David Coulthard e Jean Alesi. Ao mesmo tempo Jacques Villeneuve ñoitaba conn Eddie Irvine para o último posto do podio.

Ralf Schumacher trompeou, perdeu o sexto lugar, pero como se menciona nas notas, Michael Schumacher (que o había dobrado), permitiulle volver na última curva. Naquel momento, o comentarista Murray Walker dixo que era un movemento de parvo. Con todo, na última volta, Alesi empurrou a Coulthard cara a fora, custandolle a Coulthard o quinto lugar, dando así a Ralf Schumacher o punto final porque se desdobrou.

Mentres tanto, na última curva, Villeneuve colleu a Irvine. Nun ataque desesperado na curva final trompeou, recuperouse, e pasou a Alesi na bandeira.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo diferenza
1 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:14.548
2 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:14.749 +0.201
3 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:14.755 +0.207
4 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:14.800 +0.252
5 6 Eddie Irvine Ferrari 1:14.860 +0.312
6 14 Italia Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 1:14.957 +0.409
7 8 Austria Alexander Wurz Benetton-Renault 1:14.986 +0.438
8 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:15.228 +0.680
9 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:15.270 +0.722
10 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:15.339 +0.791
11 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:15.453 +0.905
12 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:15.857 +1.309
13 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:15.876 +1.328
14 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:16.018 +1.470
15 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 1:16.149 +1.601
16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:16.536 +1.988
17 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:16.729 +2.181
18 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:16.941 +2.393
19 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 1:17.256 +2.708
20 17 Norberto Fontana Sauber-Petronas 1:17.538 +2.990
21 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:17.563 +3.015
22 21 Tarso Marques Minardi-Hart 1:18.280 +3.732

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 72 1:38:50.492 1 10
2 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 72 +23.537 2 6
3 6 Eddie Irvine Ferrari 72 +1:14.801 5 4
4 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 72 +1:21.784 4 3
5 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 72 +1:22.735 8 2
6 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 72 +1:29.871 3 1
7 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 71 Colisión 9
8 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 71 +1 volta 14
9 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 71 +1 volta 11
10 14 Italia Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 70 +2 voltas 6
11 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 70 +2 voltas 21
12 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 69 +3 voltas 17
Ret 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 61 Eléctrico 19
Ret 8 Austria Alexander Wurz Benetton-Renault 60 Trompo 7
Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 58 Trompo 16
Ret 17 Norberto Fontana Sauber-Petronas 40 Trompo 20
Ret 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 36 Motor 13
Ret 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 33 Freos 15
Ret 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 18 Motor 10  
Ret 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 15 Trompo 18
Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 7 Trompo 12
Ret 21 Tarso Marques Minardi-Hart 5 Motor 22
Fonte:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Pedro Diniz cualificou por diante do seu compañeiro de equipo Damon Hill por primeira vez.
  • Michael permitiu que o seu irmán Ralf o superase e se desdobrase na última curva. Posteriormente, Ralf logrou o último punto da carreira, subindo de 7º a 6º, despois de que Jean Alesi botara a David Coulthard fóra da pista.
  • Jarno Trulli cambiou desde Minardi a Prost substituíndo ao ferido Olivier Panis.
  • O asento de Trulli no Minardi ocupouno Tarso Marques.
  • Norberto Fontana substituíu a Gianni Morbidelli no Sauber. Morbidelli rompera un brazo.

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1996
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1998

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1997 French Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]