Gran Premio de Alemaña de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1992
Detalles da carreira
Carreira 10 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.
Trazado do circuíto de Hockenheimring.
Trazado do circuíto de Hockenheimring.
Data 26 de xullo de 1992
Nome oficial LIII Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland
Localización Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6´815 km
Distancia 45 voltas, 306´675 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Nigel Mansell Williams-Renault
Tempo 1:37.960
Volta rápida
Piloto Italia Riccardo Patrese Williams-Renault
Tempo 1:41.591 na volta 36
Podio
Primeiro Nigel Mansell Williams-Renault
Segundo Ayrton Senna McLaren-Honda
Terceiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1992 (oficialmente o LIII Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Hockenheimring o 26 de xullo de 1992. Foi a décima rolda da tempada de 1992, o 54º Gran Premio de Alemaña e o décimo sexto que se celebrou no circuíto de Hockenheim. A carreira disputouse sobre 45 voltas do circuíto de sete quilómetros para unha distancia de carreira de 306 quilómetros e foi gañada polo piloto de Williams (e polesitter) Nigel Mansell. Ayrton Senna terminou a carreira no segundo lugar para o equipo McLaren, mentres que Michael Schumacher levouse o podio final no seu Benetton.

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A chicana Ostkurve modificouse para esta carreira, había preocupacións pola seguridade coa chicana o ano anterior cando Érik Comas sufriu un accidente importante alí no seu Ligier.

Cualificación[editar | editar a fonte]

Na precualificación, os dous coches de Andrea Moda saíron, aínda que Perry McCarthy foi excluído do evento logo de perder un control de báscula.

Nigel Mansell clasificou na pole position, por diante de Riccardo Patrese e Ayrton Senna. Stefano Modena, Eric van de Poele, Andrea Chiesa e Damon Hill foron os catro pilotos que non cualificaron para a carreira. Para Chiesa, resultou ser a última vez que participou nunha carreira de Grand Prix, xa que foi substituído na seguinte carreira no equipo Fondmetal por van de Poele.

Carreira[editar | editar a fonte]

Ao principio, Mansell tomou vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Patrese, con Senna en terceiro lugar. Mansell fixo unha parada programada e rapidamente atrapou a Senna, que elixiu disputar a carreira sen unha parada en boxes. Na volta 19, Mansell cortou a curva na chicana OstKurve, saíu máis rápido e superou a Senna na recta seguinte. Mansell non foi penalizado.

Na última volta, Riccardo Patrese trompeou mentres trataba de pasar a Ayrton Senna na segunda posición. Terminaría clasificado no oitavo posto. Mansell aferrouse á vitoria da carreira, por diante de Senna en segundo lugar, cuxo McLaren quedou sen combustible pouco despois de cruzar a liña de meta e Michael Schumacher foi terceiro.

Mansell empatou o récord de Ayrton Senna en 1988 coa maior cantidade de vitorias nunha tempada con 8, logradas en só 10 carreiras.

Ayrton Senna retirouse da contenda polo título nesta carreira, aínda que parecía inevitable que só Mansell fose Campión de Pilotos de todos os xeitos, asegurouse o título na seguinte carreira en Hungría.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza
1 5 Nigel Mansell Williams-Renault 1:38.340 1:37.960
2 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 1:40.501 1:38.310 +0.350
3 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:40.331 1:39.106 +1.146
4 2 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 1:40.869 1:39.716 +1.756
5 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:42.563 1:40.959 +2.999
6 19 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:42.183 1:41.132 +3.172
7 26 Francia Érik Comas Ligier-Renault 1:43.696 1:41.942 +3.982
8 25 Bélxica Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:42.930 1:42.112 +4.152
9 20 Martin Brundle Benetton-Ford 1:43.614 1:42.136 +4.176
10 16 Austria Karl Wendlinger March-Ilmor 1:44.173 1:42.357 +4.397
11 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:46.164 1:42.645 +4.685
12 28 Italia Ivan Capelli Ferrari 1:43.744 1:42.748 +4.788
13 11 Finlandia Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:44.370 1:42.749 +4.789
14 3 Francia Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:44.689 1:42.797 +4.837
15 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:44.359 1:42.838 +4.878
16 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:46.406 1:43.079 +5.119
17 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:43.574 1:43.171 +5.211
18 22 Italia Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:45.099 1:43.556 +5.596
19 15 Italia Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:44.661 1:43.777 +5.817
20 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:43.790 1:44.505 +5.830
21 21 Finlandia JJ Lehto Dallara-Ferrari 1:45.132 1:43.931 +5.971
22 17 Francia Paul Belmondo March-Ilmor 1:45.190 1:44.130 +6.170
23 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:45.941 1:44.521 +6.561
24 23 Italia Alessandro Zanardi Minardi-Lamborghini 1:45.788 1:44.593 +6.633
25 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:44.596 +6.636
26 24 Italia Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:45.455 1:44.763 +6.803
27 32 Italia Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:46.211 1:45.088 +7.128
28 7 Bélxica Eric van de Poele Brabham-Judd 1:47.321 1:45.098 +7.138
29 14 Suíza Andrea Chiesa Fondmetal-Ford 1:46.362 1:45.459 +7.499
30 8 Damon Hill Brabham-Judd 1:49.843 1:45.871 +7.911
Fonte:[1][2][3]

Race[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Nigel Mansell Williams-Renault 45 1:18:22.032 1 10
2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 45 + 4.500 3 6
3 19 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 45 + 34.462 6 4
4 20 Martin Brundle Benetton-Ford 45 + 36.959 9 3
5 27 Francia Jean Alesi Ferrari 45 + 1:12.607 5 2
6 26 Francia Érik Comas Ligier-Renault 45 + 1:36.498 7 1
7 25 Bélxica Thierry Boutsen Ligier-Renault 45 + 1:37.180 8
8 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 44 Trompo 2
9 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 44 + 1 volta 17
10 21 Finlandia JJ Lehto Dallara-Ferrari 44 + 1 volta 21
11 22 Italia Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 44 + 1 volta 18
12 24 Italia Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 44 + 1 volta 26
13 17 Francia Paul Belmondo March-Ilmor 44 + 1 volta 22
14 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 44 + 1 volta 25
15 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 43 + 2 voltas 23
16 16 Austria Karl Wendlinger March-Ilmor 42 + 3 voltas 10
Ret 15 Italia Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 33 Motor 19
Ret 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 25 Motor 20
Ret 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 23 Motor 11
Ret 28 Italia Ivan Capelli Ferrari 21 Motor 12
Ret 11 Finlandia Mika Häkkinen Lotus-Ford 21 Motor 13
Ret 2 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 16 Eléctrico 4
Ret 3 Francia Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 8 Motor 14
Ret 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 8 Trompo 16
Ret 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1 Trompo 15
Ret 23 Italia Alessandro Zanardi Minardi-Lamborghini 1 Caixa de cambios 24
NSC 32 Italia Stefano Modena Jordan-Yamaha
NSC 7 Bélxica Eric van de Poele Brabham-Judd
NSC 14 Suíza Andrea Chiesa Fondmetal-Ford
NSC 8 Damon Hill Brabham-Judd
NSCP 34 Roberto Moreno Moda-Judd
EXC 35 Perry McCarthy Moda-Judd
Fonte:[4]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 1992
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1991
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1993

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mobil 1 German Grand Prix - QUALIFYING 1". formula1.com. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  2. "Mobil 1 German Grand Prix - QUALIFYING 2". formula1.com. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  3. "Mobil 1 German Grand Prix - OVERALL QUALIFYING". formula1.com. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  4. "1992 German Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]