Gran Premio do Brasil de 1990
| Nome oficial | XIX Brazilian Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (pt) 19o Grande Premio do Brasil |
| Tipo | Gran Premio do Brasil |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1990 |
| Distancia do evento | 71 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Brasil Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) |
| País | Brasil |
| Data | 25 de marzo de 1990 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Alain Prost Scuderia Ferrari |
| Pole position | Ayrton Senna |
| Volta máis rápida | Gerhard Berger |
O Gran Premio do Brasil de 1990 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1990 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de 1990 e tamén foi o décimo noveno Gran Premio do Brasil e o noveno en Interlagos. O circuíto de São Paulo non albergaba o Gran Premio desde 1980 e o circuíto foi amplamente renovado e a lonxitude do circuíto reducida case á metade. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de catro quilómetros (fronte a 40 nas carreiras do circuíto orixinal), para unha carreira de 307 quilómetros.
A carreira foi gañada por sexta vez polo campión do mundo reinante Alain Prost pilotando un Ferrari 641. O triunfo ampliou a marca de Prost como máximo vencedor do Gran Premio do Brasil. A marxe de vitoria de Prost foi de 13 segundos sobre o piloto austríaco Gerhard Berger que pilotaba un McLaren MP4/5B. O compañeiro de equipo de Berger, Ayrton Senna, foi terceiro.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]O circuíto reconstruído que era a sede da carreira por primeira vez desde 1980 alterouse drasticamente, a pista fora acurtada en 3´5 km e perdeu moitas curvas rápidas e a recta Retao, que permitía aos pilotos de Fórmula 1 usar o acelerador a fondo durante 20 segundos.
Na pre-cualificación, o equipo de Life Racing Engines viu ao seu coche estalar a 400 metros logo de saír dos boxes, Gary Brabham afirmou que os mecánicos estaban en folga e negáranse a poñer gasolina no coche.[Cómpre referencia]
O heroe local Ayrton Senna logrou a súa 43ª pole position na carreira e liderou desde o principio. Gianni Morbidelli cualificou por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un.
Carreira
[editar | editar a fonte]Logo de cualificarse, o piloto de Williams Thierry Boutsen, 3º na grella, predixo que a Scuderia Ferrari na 3ª fila da grella serían os coches a bater, citando a súa transmisión semiautomática e o seu cambio semiautomático que permitían a Alain Prost e Nigel Mansell manter as súas mans no volante ao redor das curvas cheas de fochancas na parte posterior do circuíto.
Na primeira curva, Jean Alesi, Alessandro Nannini e Andrea de Cesaris engancháronse, eliminando a de Cesaris e obrigando ao piloto de Benetton a deterse para cambiar o morro. Na volta 8, Boutsen pasou a Berger para o segundo lugar, e Prost no Ferrari adiantou ao piloto de McLaren na volta 17. Mansell entrou nos boxes na volta 27 para poñer pneumáticos novos e tamén para inspeccionar unha barra estabilizadora rota, reincorporándose no noveno lugar.
A parada en boxes de Boutsen na volta 30 foi un desastre. Falláronlle os freos, e no pitlane, o Williams non puido parar e estrelouse contra un montón de pneumáticos que o equipo tiña apilados fora do garaxe. Isto requiriu un novo morro e cando reincorporouse, estaba na 11ª posición.
Prost presionaba, na volta 35 puxérase segundo a 10 segundos de Senna, e estaba agora por diante de Riccardo Patrese, Berger e Nelson Piquet. Cando Senna achegouse ao seu excompañeiro de equipo en Lotus, Satoru Nakajima, contactaron e o McLaren tivo que entrar en boxes a poñer un morro novo. Reincorporouse e loitou duramente, pero os reducidos niveis da carga aerodinámica fixeron o coche difícil conducir. Na volta 66, Patrese retirouse co refrixerador de aceite roto.
Prost obtivo o seu 40ª vitoria, e a súa primeira con Ferrari, por diante de Berger e un recuperado Senna. Mansell terminou nun excelente 4º, logo de conducir a través da pista cunha barra estabilizadora rota. Boutsen finalizou nun meritorio 5º posto e Piquet logrou o último punto fronte ao seu público en casa logo de pasar a Alesi, que sufría un severo desgaste dos pneumáticos logo de intentar correr sen parar cos seus Pirelli, na última volta.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pre Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 29 | Lola-Lamborghini | 1:23.763 | — | |
| 2 | 30 | Lola-Lamborghini | 1:23.982 | +0.219 | |
| 3 | 14 | Osella-Ford | 1:23.987 | +0.224 | |
| 4 | 18 | AGS-Ford | 1:24.015 | +0.252 | |
| 5 | 17 | AGS-Ford | 1:24.265 | +0.502 | |
| 6 | 33 | EuroBrun-Judd | 1:25.763 | +2.000 | |
| 7 | 31 | Coloni-Subaru | 1:34.046 | +10.283 | |
| 8 | 34 | EuroBrun-Judd | 1:39.188 | +15.425 | |
| 9 | 39 | Life | — | — |
Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 27 | McLaren-Honda | 1:17.769 | 1:17.277 | — | |
| 2 | 28 | McLaren-Honda | 1:17.888 | 1:18.504 | +0.611 | |
| 3 | 5 | Williams-Renault | 1:18.375 | 1:18.150 | +0.873 | |
| 4 | 6 | Williams-Renault | 1:18.465 | 1:18.288 | +1.011 | |
| 5 | 2 | Ferrari | 1:18.509 | 1:19.475 | +1.232 | |
| 6 | 1 | Ferrari | 1:18.631 | 1:18.884 | +1.354 | |
| 7 | 4 | Tyrrell-Ford | 1:19.230 | 1:18.923 | +1.646 | |
| 8 | 23 | Minardi-Ford | 1:19.039 | 1:19.688 | +1.762 | |
| 9 | 22 | Dallara-Ford | 1:19.125 | 1:19.964 | +1.848 | |
| 10 | 26 | Ligier-Ford | 1:19.309 | — | +2.032 | |
| 11 | 29 | Lola-Lamborghini | 1:19.406 | 1:21.024 | +2.129 | |
| 12 | 8 | Brabham-Judd | 1:19.425 | 1:20.126 | +2.148 | |
| 13 | 20 | Benetton-Ford | 1:19.629 | 1:20.317 | +2.352 | |
| 14 | 12 | Lotus-Lamborghini | 1:20.032 | — | +2.755 | |
| 15 | 19 | Benetton-Ford | 1:20.055 | 1:20.317 | +2.778 | |
| 16 | 21 | Dallara-Ford | 1:20.164 | 1:20.229 | +2.887 | |
| 17 | 24 | Minardi-Ford | 1:20.282 | 1:21.121 | +3.005 | |
| 18 | 30 | Lola-Lamborghini | 1:20.557 | 1:21.086 | +3.280 | |
| 19 | 3 | Tyrrell-Ford | 1:20.568 | 1:21.086 | +3.291 | |
| 20 | 25 | Ligier-Ford | 1:20.650 | 1:20.794 | +3.373 | |
| 21 | 14 | Osella-Ford | 1:21.292 | 1:20.884 | +3.607 | |
| 22 | 7 | Brabham-Judd | 1:20.965 | 1:20.902 | +3.625 | |
| 23 | 9 | Arrows-Ford | 1:20.920 | 1:21.002 | +3.643 | |
| 24 | 11 | Lotus-Lamborghini | 1:21.244 | 1:20.998 | +3.721 | |
| 25 | 10 | Arrows-Ford | 1:21.065 | 1:22.057 | +3.788 | |
| 26 | 18 | AGS-Ford | 1:22.426 | 1:21.087 | +3.810 | |
| 27 | 35 | Onyx-Ford | 1:21.241 | 1:22.184 | +3.964 | |
| 28 | 36 | Onyx-Ford | 1:21.323 | 1:21.417 | +4.046 | |
| 29 | 16 | Leyton House-Judd | 1:21.383 | 1:21.422 | +4.106 | |
| 30 | 15 | Leyton House-Judd | 1:21.616 | 1:22.862 | +4.339 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1990 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1990 |
Carreira seguinte: Gran Premio de San Marino de 1990 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1989 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1991 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1990 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1990 |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
