Gran Premio de Francia de 1999

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francia Gran Premio de Francia de 1999
Detalles da carreira
Carreira 7 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999.
Trazado do Circuíto de Nevers Magny-Cours
Trazado do Circuíto de Nevers Magny-Cours
Data 27 de xuño de 1999
Nome oficial LXXXV Mobil 1 Grand Prix de France
Localización Circuíto de Nevers Magny-Cours, Magny-Cours, Francia
Percorrido Circuíto permanente
4´250 km. km
Distancia 72 voltas, 306 km
ClimaNubrado, suave, seco ao principio, choiva máis tarde
Pole position
Piloto Rubens Barrichello Stewart-Ford
Tempo 1:38.441
Volta rápida
Piloto David Coulthard McLaren-Mercedes
Tempo 1:19.227 na volta 8
Podio
Primeiro Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda
Segundo Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Terceiro Rubens Barrichello Stewart-Ford

O Gran Premio de Francia de 1999 de Fórmula 1 (oficialmente o LXXXV Mobil 1 Grand Prix de France) celebrouse no Circuíto de Nevers Magny-Cours en Francia o 27 de xuño de 1999. Foi a sétima proba da tempada de Fórmula Un de 1999, o 77º Gran Premio de Francia, ou o 85º Gran Prix de l'ACF. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto Heinz-Harald Frentzen pilotando un automóbil Jordan tras comezar desde a quinta posición. Mika Häkkinen rematou a segunda posición para McLaren, e Rubens Barrichello terminou terceiro para o equipo Stewart. As posicións restantes de puntos foron ocupadas por Ralf Schumacher (Williams),Michael Schumacher (Ferrari), Eddie Irvine (Ferrari).

Como consecuencia da carreira, Häkkinen ampliou o seu liderado no Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un a oito puntos sobre Schumacher e con 14 sobre Irvine. No Campionato Mundial de Construtores de Fórmula Un, McLaren reduciu a vantaxe sobre Ferrari a seis puntos con Williams pasando a Benetton pola cuarta posición, 43 puntos por detrás de Ferrari.

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Chegando á sétima rolda da tempada, o piloto de McLaren, Mika Häkkinen, lideraba o Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un con 34 puntos. O piloto de Ferrari Michael Schumacher era o segundo con 30 puntos, 4 puntos por detrás de Häkkinen. Detrás de Häkkinen e Schumacher no Campionato de Pilotos, Eddie Irvine era o terceiro con 25 puntos no outro Ferrari, con Heinz-Harald Frentzen e Giancarlo Fisichella en 13 puntos. Na lista do Campionato de Construtores de Fórmula Un, Ferrari tiña 55 puntos e McLaren era o segundo con 46 puntos, con Jordan terceiro con 16 puntos.

Despois do Canadá o 13 de xuño, os equipos realizaron sesións de proba no circuíto de Magny-Cours do 16 ao 18 de xuño. David Coulthard (McLaren) fixou o tempo máis rápido o primeiro día, mentres Eddie Irvine foi o máis rápido no segundo e último día de probas.[1] Williams fixo modificacións para a suspensión dos seus coches, que provocaron varios trompos. Entre os outros equipos, Minardi elixiu realizar traballos de mapeamento aerodinámico no Automotive Safety Center, co seu piloto de probas Gastón Mazzacane. Arrows realizou carreiras de reestruturación no Santa Pod Raceway.[2]

O 16 de xuño, o piloto de Jordan e campión mundial de pilotos de 1996 Damon Hill anunciou que se retiraría das carreiras de Fórmula Un ao final da tempada.[3] Hill máis tarde dixo que un factor na súa decisión foi a cantidade de probas realizadas polos equipos e o seu propio resultado persoal durante a tempada, aínda que considerou retirarse con efecto inmediato.[4]

Práctica e cualificación[editar | editar a fonte]

Realizáronse dúas sesións de prácticas antes da carreira do domingo, o venres de 11:00 a 14:00 hora local e unha segunda o sábado pola mañá de 09:00 a 11:00. A primeira sesión práctica tivo lugar en condicións secas. A temperatura ambiente era de 24 °C.[5]

A segunda sesión práctica foi realizada en condicións de clima nubrado e chuvioso, cunha caída na temperatura da pista a 19 °C e a temperatura ambiente a 20 °C.[5]

Rubens Barrichello, que logrou a pole position no seu Stewart

A sesión de cualificación da tarde do sábado realizouse de 13:00 a 14:00 hora local. Cada piloto estaba limitado a doce voltas coa implantación dunha regra de [107%] para excluír aos pilotos lentos de competir na carreira. A sesión realizouse baixo a chuvia, a temperatura ambiente e a pista tiñan 18 °C.[5] Rubens Barrichello acadou a súa primeira pole position da tempada, no seu Stewart, cun tempo de 1:38.441. Foi acompañado na primeira fila por Jean Alesi, que tiña catro décimas de segundo menos. Olivier Panis foi o terceiro no seu Prost.[6] Coulthard quedou cuarto a pesar de entrar na grava e trompear a última hora da sesión. Heinz-Harald Frentzen foi quinto, con Michael Schumacher completando os primeiros seis.[7]

Debido ás condicións de chuvia, un récord de cinco pilotos: Damon Hill, Marc Gené, Luca Badoer, Pedro de la Rosa e Toranosuke Takagi, non puideron cumprir co tempo do 107%. Hill perdeu apenas tres milisegundos, a menor marxe da historia. Debido ás condicións de chuvia e á competitividade dos pilotos na práctica, os cinco pilotos recibiron permiso para competir debido a "circunstancias excepcionais".

Carreira[editar | editar a fonte]

O domingo pola mañá, realizouse unha sesión de pre-carreira ás 09:30 hora local e durou 30 minutos. Tivo lugar en condicións de chuvia, coa temperatura da pista en 15 °C e a temperatura ambiente era de 14 °C.[5] Coulthard fixo a volta rápida cun tempo de 1:32.091. Foi seguido na lista de tempos polos pilotos de Ferrari Irvine e Michael Schumacher que completaron as tres primeiras posicións.[8]

A carreira tivo lugar pola tarde a partir das 14:00 hora local e comezou nunha pista seca, cunha temperatura ambiente de 19 °C e unha temperatura na pista de 20 °C.[5] Rubens Barrichello logrou fuxir rapidamente para manter a primeira posición.[9] Jean Alesi, comezou segundo, foi máis lento que Barrichello e retivo aos pilotos despois do inicio. David Coulthard puido pasar a Alesi na volta dous. Mika Häkkinen avanzou desde a súa posición inicial no décimo cuarto ao noveno lugar na volta dous.[10] Häkkinen capturou e pasou a Olivier Panis para o sexto lugar e despois pasou a Michael Schumacher no quinto posto n quinta volta. Cando isto sucedeu, Herbert retirouse por culpa dun problema na caixa de cambios. Coulthard pasou a Barrichello na volta seis na forquita de Adelaida.[10] Diniz retirouse debido a un fallo na transmisión na volta 7. Mika Häkkinen intentou pasar a Michael Schumacher na volta nove ao longo da recta antes da forquita de Adelaida, pero entrou polo exterior en Adelaida e Schumacher puido quedar á fronte. Häkkinen repetiu a xogada na seguinte volta, esta vez polo interior, e foi capaz de quedar diante de Schumacher. Schumacher neste momento estaba loitando nun coche que estaba preparado para unha carreira de mollado.[9]

David Coulthard sufriu un fallo eléctrico completo (fallo do alternador) na volta 10 e retirouse, devolvendo o liderado a Rubens Barrichello.[9] No grupo de detrás Irvine superou a Villeneuve. Mika Häkkinen colleu a Heinz-Harald Frentzen na volta 12, e logo o acosouno tres voltas antes de pasalo nunha repetición do movemento que fixera antes con Michael Schumacher.[10] Frentzen intentou defenderse e foi capaz de manterse xunto a Häkkinen, pero a trazada interna de Häkkinen ata a curva seis cimentou a súa posición. Detrás a metado do grupo Irvine superou outro coche. Esta vez a Alexander Wurz no Benetton. Na volta 16, Häkkinen atrapou a Jean Alesi rapidamente, pero quedou atrapado detrás del por varias voltas. Häkkinen usou o rebufo para poñerse xunto a Alesi na volta 19, pero ambos quedaron bloqueados en Adelaida.[10] Häkkinen puido seguir adiante e comezou a perseguir a Barrichello, catro segundos e medio por diante.

Comezou a chover na volta 21. Eddie Irvine entrou en boxes cando comezaba a choiva, pero Ferrari non estaba preparado e a súa parada en boxes durou 43 segundos (42.9) despois de que os seus mecánicos montasen inicialmente uns pneumáticos lisos no seu coche.[10] Ben despois do desastre de parada en boxes de Irvine Giancarlo Fisichella trompeou, sen retirarse. Seguiu un rebumbio nos boxes, pero os líderes mantiveron as súas posicións. Unha volta despois de pasar por boxes Hill sufriu unha picada nunha roda cando golpeou un muro. Jean Alesi trompeou cando ía no terceiro lugar na volta 25 en Chateaux d'Eau e retirouse, xa que espetou o seu coche na grava. E entón saíu o coche de seguridade debido á cantidade de auga na pista.[10] Na volta 26 Villeneuve entrou a montar pneumáticos de chuvia. A cantidade de auga na pista era tan grande que catro pilotos, Jacques Villeneuve, Alexander Wurz, Marc Gene e Alex Zanardi trompearon seguindo o coche de seguridade.[9] Na volta 29 Takagi entrou en boxes a cambiar o morro. Damon Hill retirouse cunha falla eléctrica detrás do coche de seguridade.[9] O coche de seguridade chegou ao final da volta 35. O reinicio foi limpo, sen cambios de postos entre os corredores de diante.

Mika Häkkinen fixo un intento para pasar a Rubens Barrichello ao frear en Adelaida na volta 38, pero puxo as rodas interiores no piano e trompeou o coche en 360 grados.[9][10] Mika Häkkinen caeu ao sétimo lugar. Michael Schumacher pasou Heinz-Harald Frentzen en Adelaida na seguinte volta.[10] Schumacher realizou un movemento de freada moi tarde para pasar momentaneamente a Barrichello en Adelaida na volta 42, pero abriuse e Barrichello cortou a Schumacher para retomar o liderado. Schumacher repetiu o movemento dúas voltas máis tarde, pero esta vez non saíu aberto e conseguiu o primeiro lugar.[10]

Heinz-Harald Frentzen. que gañou a carreira por 11 segundos (foto tomada no 2006 mentres pilotaba para Audi na serie de DTM)

Tras 47 voltas, formouse un longo tren detrás de Olivier Panis cuarto, con Ralf Schumacher, Eddie Irvine e Mika Häkkinen detrás del. Ralf Schumacher pasou a Panis na volta 50, e despois Irvine entrou nos boxes, montando pneumáticos de mollado. Häkkinen conseguiu unha boa saída de Adelaida na volta 51 e pasou a Panis polo quinto lugar na curva de Nurburgring. Na mesma volta, Michael Schumacher sufriu un fallo eléctrico e perdeu a maior parte da súa vantaxe de oito segundos con Rubens Barrichello.[9] Entrou en boxes tres voltas máis tarde, cambiando o volante ademais dos pneumáticos.[10] Mika Häkkinen pasou a Heinz-Harald Frentzen polo segundo lugar na volta 57, con Frentzen abríndose en Adelaida. Hakkinen pasou a Barrichello na volta 60 para retomar o liderado.[10] Mika Häkkinen e Rubens Barrichello recargaron combustible na volta 66, o que permitiulle a Heinz-Harald Frentzen tomar o liderado.[11] Durante a única parada de Frentzen para cambiar aos pneumáticos de chuvia, o equipo de Jordan recargou o seu coche con combustible suficiente para rematar a carreira.[10] Ralf Schumacher pasou a Michael Schumacher na volta 70, Michael Schumacher aparentemente aínda tiña problemas no coche. Frentzen gañou a carreira logo de 72 voltas para conseguir a súa primeira vitoria da tempada cun tempo de 1:58.24.343. Häkkinen ocupou a segunda posición, con Barrichello terceiro, 43 segundos por detrás.[12]

Post-carreira[editar | editar a fonte]

Os tres primeiros apareceron no podio e na posterior roda de prensa.

Damon Hill insinuou logo da carreira que este podería ser a última, ou se compitise en Silverstone na seguinte carreira, despois podería saír da Fórmula Un.[10]

Toranosuke Takagi foi descualificado polo uso de pneumáticos marcados para o seu compañeiro de equipo, Pedro de la Rosa.[13]

Como consecuencia da carreira, Häkkinen ampliou o seu liderado no Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un a oito puntos sobre Schumacher e con 14 detrás Irvine. No Campionato Mundial de Construtores de Fórmula Un, McLaren reduciu a vantaxe sobre Ferrari a seis puntos con Williams pasando a Benetton Fórmula Benetton pola cuarta posición, 43 puntos por detrás de Ferrari.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Volta diferenza Grella
1 16 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:38.441   1
2 11 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 1:38.881 +0.440 2
3 18 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 1:40.400 +1.959 3
4 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:40.403 +1.962 4
5 8 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:40.690 +2.249 5
6 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:41.127 +2.686 6
7 9 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:41.825 +3.384 7
8 19 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:42.096 +3.655 8
9 17 Johnny Herbert Stewart-Ford 1:42.199 +3.758 9
10 23 Ricardo Zonta BAR-Supertec 1:42.228 +3.787 10
11 12 Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:42.942 +4.501 11
12 22 Jacques Villeneuve BAR-Supertec 1:43.748 +5.307 12
13 10 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:44.319 +5.878 13
14 1 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:44.368 +5.927 14
15 5 Italia Alessandro Zanardi Williams-Supertec 1:44.912 +6.471 15
16 6 Alemaña Ralf Schumacher Williams-Supertec 1:45.189 +6.748 16
17 4 Eddie Irvine Ferrari 1:45.218 +6.777 17
18 [14] 7 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:45.334 +6.893 18
19 [14] 21 España Marc Gené Minardi-Ford 1:46.324 +7.883 22
20 [14] 20 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 1:46.784 +8.343 21
21 [14] 14 España Pedro de la Rosa Arrows 1:48.215 +9.774 19
22 [14] 15 Toranosuke Takagi Arrows 1:48.322 +9.881 20
Fonte:[15]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 72 1:58:24.343 5 10
2 1 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 72 +11.092 14 6
3 16 Rubens Barrichello Stewart-Ford 72 +43.432 1 4
4 6 Alemaña Ralf Schumacher Williams-Supertec 72 +45.475 16 3
5 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 72 +47.881 6 2
6 4 Eddie Irvine Ferrari 72 +48.901 17 1
7 19 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 72 +57.771 8
8 18 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 72 +58.531 3
9 23 Ricardo Zonta BAR-Supertec 72 +1:28.764 10
10 20 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 71 +1 volta 21
11 14 España Pedro de la Rosa Arrows 71 +1 volta 19
Ret 9 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 42 Trompo 7
Ret 7 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 31 Eléctrico 18
Ret 5 Italia Alessandro Zanardi Williams-Supertec 26 Motor 15
Ret 22 Jacques Villeneuve BAR-Supertec 25 Trompo 12
Ret 10 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 25 Trompo 13
Ret 21 España Marc Gené Minardi-Ford 25 Trompo 22
Ret 11 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 24 Trompo 2
Ret 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 9 Eléctrico 4
Ret 12 Pedro Diniz Sauber-Petronas 6 Transmisión 11
Ret 17 Johnny Herbert Stewart-Ford 4 Caixa de cambios 9
DSC 15 Toranosuke Takagi Arrows 71 Descualificado 20
Fontes:[12][16]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1999
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1999
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1998
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 2000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lupini, Michele. "Ready, Eddie, Go!". Atlas F1 Autosport. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  2. "Irvine tops testing at Magny-Cours". GrandPrix.com. 21 de xuño de 1999. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  3. "End of the road for Hill". BBC News (BBC). 16 de xuño de 1999. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  4. "Damon Hill Retirement Announcement". motorsport.com. 25 de xuño de 1999. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Grand Prix of France". Gale Force F1. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2006. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  6. "Rain hits French GP qualifier". BBC News (BBC). 26 de xuño de 1999. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  7. "Barrichello, Alesi front row". Gale Force F1. 26 de xuño de 1999. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2006. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  8. "Coulthard arriba en quente". Autosport (Publicacións Haymarket. 27 de xuño de 1999. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 "Formula One's Greatest Races: The 1999 French Grand Prix". Formula One's Greatest Races. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 10,12 "Grand Prix of France Review". Autosport Atlas F1. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  11. "French Grand Prix, 1999 Race Report". GP Encyclopedia. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  12. 12,0 12,1 "1999 French Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015. 
  13. "Takagi Disqualified | F1 News | Jun 1999". Crash.Net. 28 de xuño de 1999. Consultado o 28 de xullo de 2012. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Debido ás malas condicións meteorolóxicas, todos os coches do 18 ao 22 na grella non conseguiron cualificar dentro da norma do 107%. Non obstante, os comisarios optaron por renunciar á regra debido ao espazamento da pista causado polos problemas meteorolóxicos. Foron ordenados na grella polos tempos da práctica libre, polo que Hill comezou o 18, de la Rosa 19, Takagi 20, Badoer 21 e Gené 22.
  15. "1999 French GP". chicanef1.com. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  16. "1999 French GP". chicanef1.com. Consultado o 3 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]