Gran Premio de Austria de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Austria Gran Premio de Austria de 1997
Detalles da carreira
Carreira 14 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Data 21 de setembro de 1997
Nome oficial XXI Großer Preis von Österreich
Localización Circuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´323 km
Distancia 71 voltas, 306´933 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Jacques Villeneuve Williams-Renault
Tempo 1:10.304
Volta rápida
Piloto Jacques Villeneuve Williams-Renault
Tempo 1:11.814 na volta 36
Podio
Primeiro Jacques Villeneuve Williams-Renault
Segundo David Coulthard McLaren-Mercedes
Terceiro Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault

O Gran Premio de Austria de 1997 (oficialmente o XXI Großer Preis von Österreich) foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 21 de setembro de 1997. Foi a décima cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1997, o 21º Gran Premio de Austria o décimo noveno que se celebrou en Österreichring e o primeiro Gran Premio de Austria desde o Gran Premio de Austria de 1987. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de 4´323 quilómetros para unha distancia total de carreira de 307 quilómetros.

Jacques Villeneuve, pilotando un Williams - Renault, gañou desde a pole position, xunto a David Coulthard en segundo lugar no McLaren - Mercedes, e o compañeiro de Villeneuve Heinz-Harald Frentzen foi terceiro. O rival de Villeneuve para o campionato de pilotos, Michael Schumacher, só puido ocupar o sexto posto no seu Ferrari.

Informes[editar | editar a fonte]

A cualificación trouxo algunhas sorpresas, xa que os pneumáticos Bridgestone usados ​​por varios dos equipos máis pequenos demostraron ser fortes, pero foi finalmente Jacques Villeneuve quen gañou. Mika Häkkinen liderou diante de Villeneuve despois do comezo pero o seu motor fallou de novo, antes de que puidese completar a primeira volta. como consecuencia Jarno Trulli liderou as primeiras voltas, e estaba correndo no segundo lugar (aínda que tiña que facer outro pit stop) cando o seu motor tamén fallou.

Ocorreu unha espectacular colisión entre Eddie Irvine e Jean Alesi. Cando loitaban polo cuarto lugar na volta 37, Alesi intentou adiantar a Irvine na chicana desde aproximadamente oito lonxitudes de automóbil atrás,[1] Irvine tomou medidas evasivas,[1] o francés chocou contra o auto do irlandés a tal velocidade que o coche de Alesi pasou por encima do coche de Irvine mentres este último trompeaba. Alesi quedou baixo investigación polos comisarios por condución perigosa despois da carreira,[1] aínda que non se fixeron acusacións formais contra ningún piloto.

Michael Schumacher foi terceiro, pero recibiu unha penalización dun stop&go por adiantar a Heinz-Harald Frentzen baixo bandeiras amarelas. Schumacher dixo que non as vira e que non eran visibles desde o interior da curva.[1][2]

O veterano piloto austríaco de Fórmula Un, Gerhard Berger, anunciou que se retiraría ao final da tempada, pouco despois de ter cualificado décimo oitavo na grella.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:10.304
2 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:10.398 +0.094
3 14 Italia Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 1:10.511 +0.207
4 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:10.670 +0.366
5 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:10.700 +0.396
6 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 1:10.893 +0.589
7 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:11.025 +0.721
8 6 Eddie Irvine Ferrari 1:11.051 +0.747
9 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:11.056 +0.752
10 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:11.076 +0.772
11 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:11.186 +0.882
12 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:11.210 +0.906
13 17 Italia Gianni Morbidelli Sauber-Petronas 1:11.261 +0.957
14 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:11.299 +0.995
15 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:11.382 +1.078
16 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:11.596 +1.292
17 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:11.615 +1.311
18 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:11.620 +1.316
19 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:12.036 +1.732
20 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:12.230 +1.926
EX 21 Tarso Marques Minardi-Hart 1:12.304 +2.000
21 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 1:14.246 +3.942
Fonte:[3]
Notas
  • Tarso Marques foi excluído de participar na carreira despois de que o seu coche atopase un peso insuficiente trala cualificación.

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 71 1:27:35.999 1 10
2 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 71 + 2.909 10 6
3 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 71 + 3.962 4 4
4 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 71 + 12.127 14 3
5 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 71 + 31.859 11 2
6 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 71 + 33.410 9 1
7 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 71 + 37.207 7
8 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 71 + 49.057 12
9 17 Italia Gianni Morbidelli Sauber-Petronas 71 + 1:06.455 13
10 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 70 + 1 volta 18
11 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 69 + 2 voltas 19
12 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 69 + 2 voltas 20
13 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 67 Suspensión 17
14 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 64 Trompo 5
Ret 14 Italia Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 58 Motor 3
Ret 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 58 Motor 6
Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 57 Motor 16
Ret 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 48 Caixa de cambios 21
Ret 6 Eddie Irvine Ferrari 38 Danos por colisión 8
Ret 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 37 Colisión 15
Ret 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1 Motor 2
EX 21 Tarso Marques Minardi-Hart 0 Excluído
Fonte:[4]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio de Luxemburgo de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1987
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1998

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "From Österreichring to A1-Ring, a brief overview on Austria's fastest little circuit". spinsmag.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  2. "Grand Prix Results: Austrian GP, 1997". grandprix.com. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  3. "Austria 1997 - Qualifications". StatsF1. Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  4. "1997 Austrian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]