O Autódromo do Estoril, cuxo nome oficial é Autódromo Fernanda Pires da Silva, é unha pista de carreiras de 4,36km en Portugal, e foi a sede do Gran Premio de Portugal de Fórmula 1 entre 1984 e 1996.
O circuíto de Estoril foi construído en 1972 nunha meseta rochosa preto de Estoril, Portugal. O circuíto ten dúas curvas moi pechadas, en forma de grampa, subidas, baixadas e unha longa recta onde se sitúa a meta. Nos primeiros anos realizáronse moitas competicións nacionais e ocasionalmente carreiras de Fórmula 2. Con todo, a falta de mantemento quitoulle posibilidades de ser utilizada para a Fórmula 1 ata 1984, ano en que de novo estivo a punto.
A través dos anos o circuíto de Estoril adoeceu de problemas de seguridade, e varias veces non logrou aprobar as inspeccións. Ademais, os ventos son frecuentes no autódromo.
Cabe destacar que este foi o último circuíto de Fórmula 1 no que non había chicanes. Con todo, tras a morte de Ayrton Senna no Gran Premio de San Marino de 1994, en Imola, decidiuse pór unha chicane na curva de "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho".
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Estoril