Gran Premio de España de 1989
| Nome oficial | XXXI Gran Premio Tio Pepe de España |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de España |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 |
| Distancia do evento | 73 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
España Circuíto Ángel Nieto (Xerez da Fronteira) |
| País | España |
| Data | 1 de outubro de 1989 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Ayrton Senna McLaren |
| Pole position | Ayrton Senna |
| Volta máis rápida | Ayrton Senna |
O Gran Premio de España de 1989 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto Permanente de Xerez en Jerez de la Frontera, España o 1 de outubro de 1989. A carreira foi a décimo cuarta rolda da tempada 1989 de Fórmula Un. Foi o 31º Gran Premio de España e a cuarta que se celebrou en Xerez. A carreira disputouse sobre 73 voltas no circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 308 quilómetros.
Logo de fallar nos boxes e ver a bandeira negra dúas veces por dar marcha atrás nos boxes durante a carreira anterior no Gran Premio de Portugal de 1989, o piloto Nigel Mansell foi suspendido para a carreira pola FISA. Lonxe do drama, Mansell declarou nunha conferencia de prensa previa á práctica que se vería obrigado a considerar a retirada se a FISA honestamente cría que ignorara unha bandeira negra. O sentimento xeral entre os que estaban no paddock e os membros da prensa era que Mansell estaba sendo castigado por 'arruinar o campionato' logo da súa colisión trala bandeira negra por sacar a Ayrton Senna da carreira. Ferrari non substituíu a Mansell en España e só participou co coche de Gerhard Berger.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A pre-cualificación foi de novo unha lotería. O último clasificado no podio Stefan Johansson fallou, e non precualificou o seu Onyx, mentres que o seu novo compañeiro de equipo JJ Lehto terminou segundo detrás do Osella de Nicola Larini. O terceiro foi o compañeiro de equipo de Larini Piercarlo Ghinzani, mentres que o especialista en cualificación Philippe Alliot terminou cuarto no seu Lamborghini. Quedaron fora Johansson, Michele Alboreto e Roberto Moreno.
Ayrton Senna arrasou ao redor dos 4.218 km. do circuíto de Jerez en 1:20.291 para lograr a súa 40ª pole position. Gerhard Berger foi segundo no seu Ferrari 640, só 0,274 segundos detrás do home que sería o seu compañeiro de equipo en 1990 en McLaren. Sobre un segundo detrás de Senna en terceiro estaba o líder do campionato do mundo Alain Prost no seu McLaren, coa sorpresa do cualificado na última sesión Pierluigi Martini, cuarto no seu Minardi, os pneumáticos de clasificación Pirelli volveron ocupar o primeiro posto. Martini fixo un incrible segundo máis rápido logo da cualificación do venres, só 0,388 máis lento que Senna.
Philippe Alliot obtivo o mellor quinto posto na grella coseu Larrousse, demostrando que tanto o chasis Lola como o motor Lamborghini V12 deseñado por Mauro Forghieri comezaban a ser bos. Tamén mellorou a reputación de Alliot como gran cualificador.
Williams-Renault participou con dous modelos de coche diferentes para os seus pilotos Thierry Boutsen e Riccardo Patrese. Boutsen clasificou 21º no novo Williams FW13 que debutou en Portugal, mentres que Patrese volveu ao modelo máis vello de Williams e terminou sexto na grella xunto ao seu sorprendentemente rápido ex compañeiro no equipo Brabham Nelson Piquet no seu Lotus.
René Arnoux (Ligier) e os pilotos de Rial Pierre-Henri Raphanel e Gregor Foitek non puideron cualificar para a carreira .
Resumo da Carreira
[editar | editar a fonte]O Campión do Mundo de McLaren, Ayrton Senna, logrou a pole, estableceu a volta rápida e mantivo vivo o campionato mundial coa súa sexta vitoria da tempada. Segundo co seu terceiro podio consecutivo logo do seu segundo posto en Italia e a súa vitoria na anterior carreira en Portugal foi o Ferrari 640 de Gerhard Berger. O líder do Campionato do Mundo, Alain Prost, terminou terceiro no seu McLaren na súa última carreira no equipo co que gañou os campionatos mundiais de pilotos de 1985 e 1986.
Completando os puntos estaban a 'revelación da tempada' Jean Alesi no seu Tyrrell en cuarto lugar, o modelo máis vello de Williams-Renault de Patrese en quinto no que sería a última carreira do FW12C, e sexto o Lamborghini V12 que logrou o seu primeiro e único punto da tempada pilotado por Alliot.
O terceiro posto de Prost deulle unha vantaxe de 16 puntos sobre Senna, a falta de dúas carreiras. Se quería conservar o seu título, o brasileiro tería que gañar tanto no Xapón como no Gran Premio de Australia de 1989 e que Prost non anotara máis de dous puntos. Se ese fora o caso e ambos terminasen a tempada coa mesma cantidade de puntos, Senna gañaría o campionato por ter seis vitorias sobre as catro de Prost.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pre Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 17 | Osella-Ford | 1:23.566 | — | |
| 2 | 37 | Onyx-Ford | 1:23.958 | +0.392 | |
| 3 | 18 | Osella-Ford | 1:24.586 | +1.020 | |
| 4 | 30 | Lola-Lamborghini | 1:24.610 | +1.044 | |
| 5 | 40 | AGS-Ford | 1:24.847 | +1.281 | |
| 6 | 36 | Onyx-Ford | 1:24.944 | +1.378 | |
| 7 | 31 | Coloni-Ford | 1:25.074 | +1.508 | |
| 8 | 29 | Lola-Lamborghini | 1:25.646 | +2.080 | |
| 9 | 34 | Zakspeed-Yamaha | 1:25.673 | +2.107 | |
| 10 | 41 | AGS-Ford | 1:26.131 | +2.565 | |
| 11 | 35 | Zakspeed-Yamaha | 1:26.609 | +3.043 | |
| 12 | 33 | EuroBrun-Judd | 1:26.803 | +3.237 | |
| 13 | 32 | Coloni-Ford | 1:27.236 | +3.670 |
Cualificción
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 1 | McLaren-Honda | 1:21.855 | 1:20.291 | — | |
| 2 | 28 | Ferrari | 1:22.276 | 1:20.565 | +0.274 | |
| 3 | 2 | McLaren-Honda | 1:23.113 | 1:21.368 | +1.077 | |
| 4 | 23 | Minardi-Ford | 1:22.243 | 1:21.479 | +1.188 | |
| 5 | 30 | Lola-Lamborghini | 1:23.597 | 1:21.708 | +1.417 | |
| 6 | 6 | Williams-Renault | 1:24.033 | 1:21.777 | +1.486 | |
| 7 | 11 | Lotus-Judd | 1:23.235 | 1:21.922 | +1.631 | |
| 8 | 7 | Brabham-Judd | 1:23.761 | 1:22.133 | +1.842 | |
| 9 | 4 | Tyrrell-Ford | 1:24.615 | 1:22.363 | +2.072 | |
| 10 | 20 | Benetton-Ford | 1:24.647 | 1:22.567 | +2.276 | |
| 11 | 17 | Osella-Ford | 1:23.538 | 1:22.620 | +2.329 | |
| 12 | 8 | Brabham-Judd | 1:23.679 | 1:22.826 | +2.535 | |
| 13 | 3 | Tyrrell-Ford | 1:23.494 | 1:23.052 | +2.761 | |
| 14 | 19 | Benetton-Ford | 1:24.233 | 1:23.105 | +2.814 | |
| 15 | 22 | Dallara-Ford | 1:24.900 | 1:23.186 | +2.895 | |
| 16 | 9 | Arrows-Ford | 1:24.161 | 1:23.222 | +2.931 | |
| 17 | 37 | Onyx-Ford | 1:24.322 | 1:23.243 | +2.952 | |
| 18 | 12 | Lotus-Judd | — | 1:23.309 | +3.018 | |
| 19 | 16 | March-Judd | 1:23.401 | — | +3.110 | |
| 20 | 24 | Minardi-Ford | 1:23.908 | 1:23.443 | +3.152 | |
| 21 | 5 | Williams-Renault | 1:24.839 | 1:23.657 | +3.366 | |
| 22 | 10 | Arrows-Ford | 1:24.222 | 1:23.729 | +3.438 | |
| 23 | 21 | Dallara-Ford | 1:24.658 | 1:23.763 | +3.472 | |
| 24 | 26 | Ligier-Ford | 1:24.991 | 1:23.931 | +3.640 | |
| 25 | 18 | Osella-Ford | 1:26.147 | 1:24.003 | +3.712 | |
| 26 | 15 | March-Judd | 1:28.311 | 1:24.707 | +4.416 | |
| 27 | 25 | Ligier-Ford | 1:26.767 | 1:25.190 | +4.899 | |
| 28 | 39 | Rial-Ford | 1:28.311 | 1:25.443 | +5.152 | |
| 29 | 38 | Rial-Ford | — | 1:29.226 | +8.935 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- Primeira saída nun Grand Prix : J.J. Lehto
- Gregor Foitek substituíu a Christian Danner en Rial, pero abandonou o equipo despois da carreira, cando sufriu un forte accidente na cualificación debido a perda do alerón traseiro do coche.
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1989 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015.
| Carreira anterior: Gran Premio de Portugal de 1989 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1989 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1989 |
| Carreira anterior: Gran Premio de España de 1988 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1990 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1989 |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
