Gran Premio de Bélxica de 1995

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1995
Detalles da carreira
Carreira 11 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data 27 de agosto 1995
Nome oficial LIII Gran Premio de Bélxica
Localización Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6´974 km
Distancia 44 voltas, 306´856 km
ClimaNubrado, logo chuvia forte
Pole position
Piloto Austria Gerhard Berger Ferrari
Tempo 1:54.392
Volta rápida
Piloto David Coulthard Williams-Renault
Tempo 1:53.412 na volta 11
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault
Segundo Damon Hill Williams-Renault
Terceiro Martin Brundle Ligier Mugen-Honda


O Gran Premio de Bélxica de 1995 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 27 de agosto de 1995 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a undécima carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1995 da FIA.

A carreira de 44 voltas gañouna Michael Schumacher, pilotando un Benetton - Renault. A pesar de cualificar 16º, Schumacher logrou a súa sexta vitoria da tempada tras unha intensa batalla con Damon Hill no Williams-Renault. Hill se logrou o segundo lugar, con Martin Brundle terceiro nun Ligier - Mugen-Honda.

Informe de carreira[editar | editar a fonte]

A carreira contou coa presenza de máis de 100.000 persoas de países europeos.[1] Schumacher e Hill clasificaron máis baixo do habitual nunha sesión de cualificación en seco e mollado, pero contraatacaron durante a carreira. Tanto Jean Alesi como Johnny Herbert lideraron brevemente a carreira, pero Alesi rompeu e Harbert tivo que loitar por manter ritmo unha vez que a pista secou. O pole Gerhard Berger loitou antes de abandonar.

David Coulthard adiantouse co Williams antes de sufrir un problema na caixa de cambios, deixando a Hill liderando a carreira. Cando Hill fixo o seu primeiro pit stop para poñer pneumáticos novos e brandos, Schumacher tomou o control da pista. Logo empezou a chover e, mentres Hill regresaba aos boxes para poñer os pneumáticos de chuvia, Schumacher permaneceu cos seus pneumáticos de seco. O piloto de Williams superou rapidamente ao alemán, pero a pesar de ser seis segundos por volta máis lento, Schumacher puido manter a Hill detrás del ata que deixou a trazada mollada e Hill pasouno. Case inmediatamente, as condicións cambiantes da pista comezaron a favorecer aos slicks unha vez máis e Schumacher volveu pasar a Hill, que entrou outra vez a boxes, esta vez para poñer slicks.

A choiva volveuse a intensificar e a pista estabilizouse cando apareceu o coche de seguridade. Ambos pilotos entraron en boxes para por pneumáticos de chuvia e regresaron á pista con Schumacher por diante de Hill. Isto parecía poñer aos dous rivais nunha batalla polo liderado nas últimas dez voltas, pero Hill tivo que volver aos pits para cumprir unha penalización de stop & go de dez segundos por exceso de velocidade no pit lane, unha penalización que cumpriu seis voltas antes do final e deixouno na terceira posición. Hill recuperouse adiantando a Martin Brundle na recta Kemmel na última volta para recuperar o segundo lugar.

A actuación de Schumacher non impresionou a Hill logo de que os seus movementos defensivos obrigaran a Hill a frear ou saír da pista. Schumacher dixo que só bloqueara a Hill nas curvas de baixa velocidade, pero probas de vídeo suxeriron que Schumacher bloqueara a Hill nalgunhas curvas de alta velocidade, como o "Radillion" e "Blanchimont". Hill comentou despois que "nós (el e Schumacher) tivemos algúns momentos bastante peliagudos eu non estou satisfeito por verme obrigado a sairme, non creo que iso sexa aceptable. Esta ben, pero se foi a propósito, estaría moi molesto, os coches de F1 non son karts, creo que hai algunhas cousas que son aceptables e outras que non o son". Schumacher defendeuse aceptando que o toque das rodas nas curvas de alta velocidade non é "aceptable", pero engadiu que á velocidade que levaban el e Hill, considerou que era aceptable. Schumacher foi suspendido por unha carreira por conducir de forma agresiva para evitar que Hill o adiantase.[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 2:14.744 1:54.392
2 27 Francia Jean Alesi Ferrari 2:15.077 1:54.631 +0.239
3 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 2:15.848 1:55.435 +1.043
4 2 Johnny Herbert Benetton-Renault 1:56.085 +1.693
5 6 David Coulthard Williams-Renault 2:15.232 1:56.254 +1.862
6 7 Mark Blundell McLaren-Mercedes 2:18.136 1:56.622 +2.230
7 15 Eddie Irvine Jordan-Peugeot 2:16.540 1:57.001 +2.609
8 5 Damon Hill Williams-Renault 2:15.143 1:57.768 +3.376
9 26 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 2:17.579 1:58.021 +3.629
10 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 2:15.533 1:58.148 +3.756
11 4 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 2:18.104 1:58.224 +3.832
12 14 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 2:17.144 1:58.293 +3.901
13 25 Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 2:17.207 1:58.314 +3.922
14 29 Francia Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 2:17.406 1:58.356 +3.964
15 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 2:18.194 1:58.551 +4.159
16 1 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault 2:14.962 1:59.079 +4.687
17 23 Portugal Pedro Lamy Minardi-Ford 2:18.547 1:59.256 +4.864
18 10 Taki Inoue Footwork-Hart 2:23.311 2:00.990 +6.598
19 24 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 2:17.335 2:01.013 +6.621
20 9 Italia Massimiliano Papis Footwork-Hart 2:19.300 2:01.685 +7.293
21 17 Italia Andrea Montermini Pacific-Ford 2:25.291 2:02.405 +8.013
22 22 Roberto Moreno Forti-Ford 2:23.417 2:03.817 +9.425
23 16 Italia Giovanni Lavaggi Pacific-Ford 2:26.311 2:06.407 +12.015
24 21 Pedro Diniz Forti-Ford 2:25.699 2:09.537 +15.145

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault 44 1:36:47.875 16 10
2 5 Damon Hill Williams-Renault 44 + 19.493 8 6
3 25 Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 44 + 24.998 13 4
4 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 44 + 26.972 10 3
5 7 Mark Blundell McLaren-Mercedes 44 + 33.772 6 2
6 14 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 44 + 39.674 12 1
7 2 Johnny Herbert Benetton-Renault 44 + 54.043 4
8 4 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 44 + 54.548 11
9 26 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 44 + 1:06.170 9
10 23 Portugal Pedro Lamy Minardi-Ford 44 + 1:19.789 17
11 29 Francia Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 43 + 1 volta 14
12 10 Taki Inoue Footwork-Hart 43 + 1 volta 18
13 21 Pedro Diniz Forti-Ford 42 + 2 voltas 24
14 22 Roberto Moreno Forti-Ford 42 + 2 voltas 22
Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 28 Trompo 15
Ret 16 Italia Giovanni Lavaggi Pacific-Ford 27 Caixa de cambios 23
Ret 24 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 23 Accidente 19
Ret 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 22 Eléctrico 1
Ret 15 Eddie Irvine Jordan-Peugeot 21 Lume 7
Ret 9 Italia Massimiliano Papis Footwork-Hart 20 Trompo 20
Ret 17 Italia Andrea Montermini Pacific-Ford 18 Sen combustible 21
Ret 6 David Coulthard Williams-Renault 13 Caixa de cambios 5
Ret 27 Francia Jean Alesi Ferrari 4 Suspensión 2
Ret 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1 Trompo 3
Fonte:[3]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Murray Walker, Jonathan Palmer (1995). Grand Prix (Television Production). London, England: BBC. Escena en 00:51-01:04. 
  2. "Schumacher in trouble again". GrandPrix.com. 28 de agosto de 1995. Consultado o 15 de decembro de 2006. 
  3. "1995 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1995
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1995
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1994
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1996