Gran Premio de Australia de 1996

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Australia Gran Premio de Australia de 1996
Detalles da carreira
Carreira 1 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Data 10 de marzo 1996
Localización Circuíto de Melbourne
Melbourne, Australia
Percorrido Circuíto urbano
5´302 km
Distancia 58 voltas, 307´516 km
ClimaSeco con temperaturas de ata 23º C[1]
Pole position
Piloto Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault
Tempo 1:32.371
Volta rápida
Piloto Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault
Tempo 1:33.421 na volta 27
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault
Segundo Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Ferrari


O Gran Premio de Australia de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de marzo de 1996 en Melbourne. Foi a primeira vez que se celebrou esta carreira en Melbourne, substituindo ao Circuíto urbano de Adelaide como anfitrión do Gran Premio de Australia. A rolda do Campionato do Mundo de Australia volvía a unha sede anterior do Gran Premio de Australia, aínda que nun circuíto moi diferente, nos alrededores do Lago de Albert Park, anfitrión dos Grandes Premios de Australia de 1953 e 1956. Esta foi a carreira de debut do futuro campión mundial Jacques Villeneuve.

Informes[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Foi o segundo gran premio consecutivo celebrado en Australia, a carreira anterior fora a conclusión da tempada 1995 de Fórmula Un poucos meses antes En Adelaide.

Estaba programado que Taki Inoue correra co equipo Minardi como piloto de pago, pero non conseguíu os cartos antes da carreira e foi substituído por Giancarlo Fisichella.[2] Marlboro expresou interese en que Fisichella correra desde o inicio da tempada.[3]

A carreira foi a primeira en usar o novo sistema de inicio de carreira, aínda usado hoxe na Fórmula 1.[4] substituíndo o vello sistema de luz vermella a verde. Co novo sistema, cinco luces vermellas encéndense nun intervalo de un segundo, comezando despois de que o último piloto chege á súa caixa na grella. Haí unha pausa pre-determinada, e entón as cinco luces apáganse simultaneamente.[5] Esta foi tamén a primeira carreira en ter unha sesión cualificadora o sábado pola tarde; a sesión de venres retirouse en 1996.

Cualificación[editar | editar a fonte]

Jacques Villeneuve, no seu debut na Fórmula 1, logrou a pole position.

Ambos Forti non iniciaron a carreira debido á nova regra do 107% para cualificar, que dice que calquera coche que clasificase un 107% máis lento que o tempo da pole (1:38.837 nesta carreira) quedaría excluído. Por certo, que o equipo lograra o seu mellor resultado 7º na anterior carreira no fin da tempada no Gran Premio de Australia de 1995[6]

A medida foi introducida para asegurar que os equipos fosen o suficientemente rápidos como para correr e non ser só unha especie de chicanas móbiles.[7]

Carreira[editar | editar a fonte]

A primeira fila foi para Williams con Damon Hill e o debutante Jacques Villeneuve nos coches Rothmans azuis e brancos. Na primeira curva, Irvine foi presionado por Hill e o que significou que perdeu o seu impulso e foi superado polos dous Ferraris antes de entrar na terceira curva. Detrás de Hill, Alesi cruzouse diante de Hakkinen e Barrichello para reclamar a curva e comezou unha reacción en cadea de fortes freadas, xa que os pilotos intentaron evitar chocar uns contra outros. Foi ben ata que tocoulle a Coulthard. O McLaren de súpeto virou á esquerda e cruzou a pista cara ao lado do Sauber de Herbert. Herbert intentou evitar o coche e frenou fortemente pero detrás de él Martin Brundle non puido controlar o seu coche. O piloto de Jordan intentou parar, pero contactou coa parte traseira de Herbert e Coulthard, e saíu voando para aterrar na trampa de area da curva 3 onde o coche rompeu en dous, facendo que a carreira fose reiniciada. Brundle saíu ileso.[8] O McLaren de David Coulthard e o Sauber de Johnny Herbert, tamén resultaron danados.[4]

Posteriormente Brundle trompeou logo dun pequeno contacto con Pedro Diniz no reinicio. Schumacher fixo un bo traballo para seguir adiante, pero nunca pareceu un candidato para o liderado. Nun patrón de carreira a dúas paradas, Schumacher perdeu medio minuto coa súa parada, aínda que permaneceu no terceiro lugar ata a volta 28 cando un problema cos freos deixouno fora. Iso deixou a Irvine, que anteriormente sobrevivira a unha colisión na sexta volta co Benetton de Jean Alesi, en terceiro lugar.

A carreira estivo marcada polo dominio de Jacques Villeneuve, que liderou a maior parte da carreira pero o seu debut nas carreiras víuse estragado por unha fuga de aceite ao final da carreira. Hill atrapou e pasou a Villeneuve.

Hill logrou a súa 14ª vitoria nun Gran Premio, igualando ao seu pai Graham no número total de vitorias. Ao final, o podio foi Hill-Villeneuve-Irvine.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 6 Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:32.371
2 5 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 1:32.509 +0.138
3 2 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Ferrari 1:32.889 +0.518
4 1 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:33.125 +0.754
5 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:34.054 +1.683
6 3 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:34.257 +1.886
7 4 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:34.344 +1.973
8 11 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:34.474 +2.103
9 15 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:34.494 +2.123
10 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:34.832 +2.461
11 9 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:35.330 +2.959
12 17 Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Footwork-Hart 1:35.338 +2.967
13 8 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes 1:35.351 +2.980
14 14 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Sauber-Ford 1:35.453 +3.082
15 18 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:35.715 +3.344
16 21 Italia Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 1:35.898 +3.527
17 20 Flag of Portugal.svg Pedro Lamy Minardi-Ford 1:36.109 +3.738
18 16 Flag of Brazil.svg Ricardo Rosset Footwork-Hart 1:36.198 +3.827
19 12 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Jordan-Peugeot 1:36.286 +3.915
20 10 Flag of Brazil.svg Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 1:36.298 +3.927
107% tempo: 1:38.837
NSC 22 Italia Luca Badoer Forti-Ford 1:39.202 +6.831
NSC 23 Italia Andrea Montermini Forti-Ford 1:42.087 +9.716

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 58 1:32:50.491 2 10
2 6 Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault 58 +38.020 1 6
3 2 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Ferrari 58 +1:02.571 3 4
4 4 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 58 +1:17.037 7 3
5 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 58 +1:35.071 5 2
6 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 57 +1 volta 10 1
7 9 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 57 +1 volta 11
8 15 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 57 +1 volta 9
9 16 Flag of Brazil.svg Ricardo Rosset Footwork-Hart 56 +2 voltas 18
10 10 Flag of Brazil.svg Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 56 +2 volta 20
11 18 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 55 +3 voltas 15
Ret 20 Flag of Portugal.svg Pedro Lamy Minardi-Ford 42 Cinto de seguridade 17
Ret 1 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 32 Freos 4
Ret 21 Italia Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 32 Embrague 16
Ret 11 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 29 Motor 8  
Ret 8 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes 24 Acelerador 13
Ret 17 Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Footwork-Hart 15 Motor 12
Ret 3 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 9 Colisión 6
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Jordan-Peugeot 1 Colisión 19
Ret 14 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Sauber-Ford 0 Colisión 14
Fonte:[9]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Weather info for the 1996 Australian Grand Prix at Weather Underground
  2. "Minardi to get Fisichella?". www.grandprix.com. 4 de marzo de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  3. "Five drivers bidding for Minardi". www.grandprix.com. 15 de xaneiro de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Grand Prix Results: Australian GP, 1996". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  5. "FIA Formula One World Championship - Lights and Pit Lane" (PDF). FIA.com. 14 de marzo de 1996. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de marzo de 2005. Consultado o 20 de xaneiro de 2010. 
  6. Forti - Team Summary Arquivado 5 de maio de 2012 en Wayback Machine.
  7. "107% Disapproval". Autosport. 
  8. "Martin Brundle's Melbourne crash". www.grandprix.com. 11 de marzo de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  9. "1996 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1996
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1996
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1995
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1997