Gran Premio de Mónaco de 1998
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
| Nome oficial | Grand Prix de Monaco |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Mónaco |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
| Distancia do evento | 78 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Monte Carlo (Monte Carlo (en) Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) |
| País | Mónaco |
| Data | 24 de maio de 1998 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Mika Häkkinen McLaren Mercedes |
| Pole position | Mika Häkkinen |
| Volta máis rápida | Mika Häkkinen |
O Gran Premio de Mónaco de 1998 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 24 de maio de 1998 no Circuíto de Mónaco en Montecarlo, Mónaco.
Cualificación
[editar | editar a fonte]A maior sorpresa na clasificación do sábado foi Giancarlo Fisichella. Amañouse para pór o seu coche no terceiro posto, só por detrás dos dous McLaren - Mercedes. Durante un momento Fisichella foi o piloto máis rápido. Michael Schumacher, que estaba loitando polo campionato mundial clasificou cuarto, o que foi unha gran decepción para os miles de afeccionados italianos que viaxaron a Mónaco para a carreira.
Carreira
[editar | editar a fonte]Nunha saída perfecta para McLaren - Mercedes viu a ambos coches liderar na primeira curva, con Häkkinen diante de Coulthard. Fisichella e Schumacher marchaban 3º e 4º. Nas primeiras voltas os dous McLaren - Mercedes encabezaron a carreira. Na volta 18 David Coulthard retirouse con problemas no motor.
Michael Schumacher foi o primeiro en entrar en boxes para recargar combustible na volta 30. Unha volta máis tarde entrou Giancarlo Fisichella, a pesar de que saíu dos boxes detrás do Ferrari. Pronto Michael achegouse por detrás de Alexander Wurz e tratou de pasalo custase o que custase. Cando os dous chegaron á curva de Loews, Michael intentouno polo interior, pero o austríaco non cedeu o paso. Os dous coches tocáronse e o Ferrari resultou danado. Michael entrou a boxes para a súa reparación, e finalmente saíu a tres voltas no líder de Mika Häkkinen.
Wurz non parecía afectado polo contacto, pero a súa suspensión rompeu debido aos danos da colisión e tivo un accidente enorme na saída do túnel, finalmente parouse na chicane Nouvelle. Despois do segundo accidente de Wurz na volta 42, a orde era Mika Häkkinen seguido de Giancarlo Fisichella, Eddie Irvine, Jean Alesi e Mika Salo. Con todo, a cinco voltas do final Jean Alesi sufriu problemas co cambio, e viuse obrigado a retirarse da carreira, Pedro Diniz subiu á sexta posición. Michael Schumacher intentou pasar Diniz na chicane, pero tocáronse. Este segundo accidente rompeu o alerón dianteiro, e Michael finalmente terminou con dúas voltas perdidas no décimo lugar, fóra dos puntos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 8 | McLaren-Mercedes | 78 | 1:51:23.595 | 1 | 10 | |
| 2 | 5 | Benetton-Playlife | 78 | +11.475 | 3 | 6 | |
| 3 | 4 | Ferrari | 78 | +41.378 | 7 | 4 | |
| 4 | 17 | Arrows | 78 | +1:00.363 | 8 | 3 | |
| 5 | 1 | Williams-Mecachrome | 77 | +1 volta | 13 | 2 | |
| 6 | 16 | Arrows | 77 | +1 volta | 12 | 1 | |
| 7 | 15 | Sauber-Petronas | 77 | +1 volta | 9 | ||
| 8 | 9 | Jordan-Mugen-Honda | 76 | +2 voltas | 15 | ||
| 9 | 22 | Minardi-Ford | 76 | +2 voltas | 19 | ||
| 10 | 3 | Ferrari | 76 | +2 voltas | 4 | ||
| 11 | 21 | Tyrrell-Ford | 76 | +2 voltas | 20 | ||
| 12 | 14 | Sauber-Petronas | 72 | Caixa de cambios | 11 | ||
| Ret | 12 | Prost-Peugeot | 56 | Caixa de cambios | 10 | ||
| Ret | 11 | Prost-Peugeot | 49 | Roda | 18 | ||
| Ret | 10 | Jordan-Mugen-Honda | 44 | Suspensión | 16 | ||
| Ret | 6 | Benetton-Playlife | 42 | Trompo | 6 | ||
| Ret | 19 | Stewart-Ford | 30 | Suspensión | 17 | ||
| Ret | 7 | McLaren-Mercedes | 17 | Motor | 2 | ||
| Ret | 18 | Stewart-Ford | 11 | Suspensión | 14 | ||
| Ret | 2 | Williams-Mecachrome | 9 | Colisión | 5 | ||
| Ret | 23 | Minardi-Ford | 0 | Trompo | 21 | ||
| NSC | 20 | Tyrrell-Ford | 0 | Non cualificado | NSC |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
| Carreira anterior: Gran Premio de España de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1998 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1997 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1999 |
