Dionisio Gamallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dionisio Gamallo Fierros")
Dionisio Gamallo
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Dionisio Gamallo Fierros 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Datos persoais
Nacemento 25 de agosto de 1914
Lugar Ribadeo
Falecemento 16 de xaneiro de 2000
Lugar Madrid
Actividade
Lingua Castelán
Alma máter USC; UVa

Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e falecido en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego en lingua castelá, neto do pintor Dionisio Fierros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e primeiras publicacións[editar | editar a fonte]

Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. Posteriormente rematou Filosofía e Letras[1] en 1941 na Universidade de Valladolid. No medio, xa no 1939, foi profesor axudante de literatura no Instituto de Lugo.[2]

Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.[3]

A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, impulsor, profesor e primeiro director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.

Mundo académico[editar | editar a fonte]

Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servicio de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[4] Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro da Real Academia Española.[Cómpre referencia]

Mantivo relación directa ou por correspondencia con diversas personalidades do mundo cultural en España e en Galicia, como con Ramón Otero Pedrayo, con quen mantivo relación dende os anos 30 ata a morte deste.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Busto en Ribadeo.

A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada. Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:

Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.

Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Conferencia inaugural do curso 2014-2015 no IES de Ribadeo, impartida por Antonio Deaño.
  2. "Cronoloxía de Dionisio Gamallo". IES de Ribadeo dionisio Gamallo. Consultado o 20/09/2017. 
  3. "Dionisio Gamallo Fierros". Galicia Dixital. Consultado o 20/09/2017. 
  4. Membros correspondentes Real Academia Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]