Dionisio Fierros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dionisio Fierros
Dionisio Fierros - Autorretrato -1866.jpg
Nacemento5 de maio de 1827
Lugar de nacementoVaḷḷouta
Falecemento24 de xuño de 1894
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónpintor
CónxuxeAntonia Carrera García (1852-1942)
Coñecido porO pintor Manuel Castellano, Afonso V, A saída da misa nunha aldea das proximidades de Santiago de Galicia e Episodio do reinado de don Henrique III de Castela chamado o Doente
PremiosEncomenda de número da Orde de Carlos III
Firma de Dionisio Fierros.jpg
editar datos en Wikidata ]

Dionisio Fernández Álvarez (artisticamente autodenominouse Dionisio Fierros Álvarez), nado en Cudillero o 5 de maio de 1827 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1894, foi un pintor do romanticismo, de orixe asturiana, moi vinculado a Galicia, retratista, autor de cadros de historia e escenas de costumes.[1][2]. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da de San Salvador de Oviedo.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Muiñeira, gravado a partir dunha pintura de Fierros. La Ilustración Gallega y Asturiana n.º XX, 20/7/1879.[4]

Nado no ámbito rural asturiano, fillo de Nicolás Fernández Fierros e de María Álvarez del Valle, viaxou a Madrid con catorce anos de idade. Formouse nos talleres de José de Madrazo e Federico de Madrazo, na Real Academia de San Fernando e como copista do Museo del Prado.

En 1858 expuxo cinco retratos e tres composicións en Santiago de Compostela, obtendo a medalla de honor.

Teñen obra súa institucións como o Museo del Prado,[5] a Deputación da Coruña,[6] o Museo de Belas Artes da Coruña,[7] o Concello de Santiago de Compostela, a Colección Afundación,[8] o Concello de Vigo (Pinacoteca Francisco Fernández del Riego/Museo Quiñones de León),[9] o Museo de Belas Artes de Asturias,[10] o Monasterio del Escorial… e diversas coleccións privadas.

En 1966 fíxose unha mostra antolóxica no Ateneo de Madrid,[11] e de marzo a abril do ano 2000 unha exposición no Centro Cultural Caixavigo titulada Dionisio Fierros (1827-1894): Íntimo y mundano.[12]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]