IES Dionisio Gamallo Fierros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′15″N 7°03′04″O / 43.5374143, -7.051101

IES Dionisio Gamallo Fierros
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O IES Dionisio Gamallo Fierros foi un centro educativo de Secundaria de Ribadeo. No ano 2012, foi unificado co IES Porta da Auga, constituíndo o IES de Ribadeo.

Características[editar | editar a fonte]

O instituto comezou a funcionar en 1955 pero o edificio inaugurouse en 1958 e foi o primeiro Instituto de Bacharelato da comarca, co nome de Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel.[1] A denominación de "Instituto Laboral" debíase a que nel se realizaban prácticas dos diferentes oficios e profesións. A finais do século XX, pasa a ser chamado IES nº 1 de Ribadeo, e posteriormente, xa no ano 2000, recibe o nome de IES Dionisio Gamallo Fierros,[1] quen fora o seu primeiro director, e era un especialista na literatura do século XIX.

No centro impartíronse clases de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, así como dalgunha rama de Formación Profesional. Gañou algún[Cómpre clarificar] premio de deseño de páxinas web educativas.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Cronoloxía do Instituto". centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros. Consultado o 12 de abril de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]