IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′15.29″N 7°3′4.34″O / 43.5375806, -7.0512056

Acto de apertura do curso escolar 2017/2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, coa presentación da conferencia de Roberto Rodríguez Rodríguez sobre Suso Peña.

O IES de Ribadeo é un centro público de ensino secundario da vila de Ribadeo. Foi constituído no ano 2012 a raíz da unificación do IES Porta da Auga e o IES Dionisio Gamallo Fierros[1], no curso 2018-2019 ten uns 500 alumnos. En febreiro de 2014, a raíz da proposta do Consello Escolar, pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

A súa constitución implicou unha serie de obras, engadindo un novo edificio ó antigo do IES Dionisio Gamallo Fierros, que provocaron unha demora no proceso. O seu primeiro director foi Alfonso Piñeiro Funcasta.

Dende os seus comezos ven realizando diversas actividades, como intercambios internacionais co Karl Von Frisch Gymnasium[2] ou a Feira da Ciencia de Ribadeo[3].

Dende o curso 2014/2015, a partir dunha indicación de Roberto Rodríguez, estableceuse a tradición de facer unha conferencia inaugural do curso[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Decreto de creación do centro". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 08 de abril de 2014. 
  2. "Intercambio". IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Arquivado dende o orixinal o 20/08/2017. Consultado o 18/09/2017. 
  3. "Feira da Ciencia 2017". IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Consultado o 18/09/2017. 
  4. Presentación da conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]