Saltar ao contido

La Estafeta Literaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Estafeta Literaria
 Título
    La Estafeta Literaria (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1944 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
ISSN0014-1186 Editar o valor en Wikidata
VIAF249451178 Editar o valor en Wikidata
OCLC2244909 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

La Estafeta Literaria foi unha revista quincenal cultural editada en Madrid desde 1944.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Editada pola Delegación Nacional de Prensa, dirixiuna inicialmente Juan Aparicio. Nos seus artigos incluía referencias á poesía subxectiva, aos escritores do 98 e ao seu pesimismo, aos experimentos vangardistas, á poesía española do século XIX e á xeración do 27. Tamén tiveron cabida na revista os poetas garcilasistas. Cesou na súa primeira etapa en 1946.

A súa segunda época desenvolveuse entre 1956 e 1957. Na terceira etapa, ata 1962, dirixiuna Rafael Morales e a edición correu a cargo do Ateneo de Madrid. Na cuarta etapa (1962-1968) levou a dirección Luis Ponce de León e a edición dependeu da Editora Nacional. En tres dos números editados en 1965 apareceron un Mapa literario de Galicia e un Dicionario de escritores.[1][2][3]

Na quinta etapa, a partir de 1968 e ata 1977, exerceu como director Ramón Solís. Dedicouse á información cultural, á crítica e á creación literaria. En 1978 modificou o seu nome polo de Nueva Estafeta e desapareceu en 1983.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]