Saltar ao contido

Praza do Obradoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Praza do Obradoiro
A praza do Obradoiro vista dende a varanda suroeste da catedral; ao fondo, á dereita: o Hospital dos Reis Católicos; á esquerda: o Pazo de Raxoi; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escalinatas que dá acceso á catedral.
Tipoloxíapraza
Ruta europeaCamiño de Santiago
Dimensións
Lonxitude65 m
Largura100 m
Áreamáis de 6 000 m2
A praza coa fachada da catedral.
A praza, de terra, fotografada por Andrés Cisneros Pereiro en 1858.

A praza do Obradoiro é a praza máis senlleira de Santiago de Compostela. Está arrodeada polo Hospital Real, hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o colexio de San Xerome ao sur (hoxe reitoría da Universidade), o Pazo de Xelmírez e a catedral de Santiago de Compostela (coa fachada do Obradoiro e o museo da catedral) ao leste, e o pazo de Raxoi ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a administración.

A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da catedral, que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada románica. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción[1].

Importancia social

[editar | editar a fonte]

É o punto de encontro dos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Na praza celébranse a queima da fachada nas Festas do Apóstolo Santiago a noite do 24 de xullo. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes papas.

Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 a prol da lingua galega.

Despois do accidente ferroviario de Angrois en 2013, turistas, cidadáns e peregrinos manifestaron a súa solidariedade con diferentes mostras reivindicativas na praza, como colocando flores e notas no enreixado da escalinata de entrada á catedral[2].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]