Blas de Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blas de Otero
Nacemento15 de marzo de 1916
Lugar de nacementoBilbao
Falecemento29 de xuño de 1979
Lugar de falecementoMadrid
Causaembolia pulmonar
SoterradoCemiterio Civil de Madrid
NacionalidadeImperio Español
Ocupaciónpoeta e escritor
CónxuxeTachia Quintanar e Sabina de la Cruz
PremiosPremio Fastenrath e Premio Boscán
Na rede
Dialnet: 882011 Musicbrainz: a74a2631-dff8-4b3b-b9d4-b0d2cf9a60c8 Find a Grave: 7758567 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Blas de Otero Muñoz, nado en Bilbao o 15 de marzo de 1916 e finado en Majadahonda, Madrid o 29 de xuño de 1979, foi un poeta en lingua castelá. Dúas son as súas obras principais, cada unha representativa dos seus dous ciclos poéticos principais: o desarraigado existencialismo de Ángel fieramente humano (1950) e a crítica social de Pido la paz y la palabra (1955).

Biografía[editar | editar a fonte]

Realizou os seus primeiros estudos nunha institución relixiosa da súa cidade natal para logo comezar Dereito en Madrid e rematala en Valladolid. Trala guerra civil exerceu brevemente de avogado nunha industria biscaíña e no 1952 tivo unha experiencia laboral nunha mina de ferro xunto cos pintores Agustín Ibarrola e Ismael Fidalgo.

Dende o punto de vista ideolóxico pasou dun cristianismo dramático a un marxismo militante.

Traxectoria poética[editar | editar a fonte]

Distínguense dúas etapas principais e unha xa terminal na evolución poética de Blas de Otero:

Etapa existencialista[editar | editar a fonte]

Crea nesta época unha poesía desarraigada, expresión do "eu" coas súas angurias existenciais. É, sobre todo, unha poesía metafísica, orientada a preguntarse polo sentido do home e do mundo. Escribe, así, poemas relixiosos dirixidos a un Deus arelado pero incomprensible, e tamén poemas amorosos, impregnados da mesma sede do Absoluto.

Predominan nesta etapa as formas clásicas, principalmente o soneto. A linguaxe é violenta, dramática e cunha forte densidade estilística.

Etapa de poesía social[editar | editar a fonte]

O poeta abandona o seu "eu" e pásase ao "nós". Os versos expresan agora arelas de paz, liberdade e xustiza social. Dirixe a súa poesía á "inmensa maioría" (en contraste con Juan Ramón Jiménez, que adicaba a súa obra á "minoría, sempre"). Deste xeito, procura unha linguaxe máis sinxela, máis accesible. Concibe a poesía como loita e construción; efectivamente, xunto a esa actitude crítica (ata onde a censura lle deixou) aparece a chamada á esperanza, o desexo de transformar o mundo a través da poesía.

Emprega neste período o verso libre e as formas dos cantares populares.

Derradeira etapa[editar | editar a fonte]

Inicia esta etapa en 1965. Sen rexeitar a loita política, Otero desbota a poesía como medio para cambiar o mundo. Sabe que esa "inmensa maioría" non le os seus versos, polo que decide ser revolucionario na súa obra doutro xeito: na linguaxe poética e o enriquecemento formal das súas creacións, a través de imaxes insólitas, ritmos novos e mesmo toques surrealistas. Na temática, sen renunciar de todo aos problemas sociais e políticos, volve a cobrar presenza o íntimo.

Prefire no seu derradeiro ciclo poético as formas métricas moi libres, de considerable amplitude.

Significación[editar | editar a fonte]

Blas de Otero resume á perfección a evolución da poesía en lingua castelá a partir de 1939, da anguria vital á poesía social para rematar coa procura de novas formas. A súa obra conseguiu unir conciencia ética e rigor estético, converténdoo en figura clave da literatura do seu tempo.

Obras[editar | editar a fonte]

Etapa existencialista[editar | editar a fonte]

  • Ángel fieramente humano (1950).
  • Redoble de conciencia (1951).
  • Ancia (1958) (Fusión nun só volume dos dous anteriores, con algúns poemas novos).

Etapa de poesía social[editar | editar a fonte]

Derradeira etapa[editar | editar a fonte]

  • Mientras (1970).
  • Historias fingidas y verdaderas (1970).
  • Poesía con nombres (1977).
  • Viejo camarada (1978).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura Española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]