Francisco Mayán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Mayán
Nacemento30 de setembro de 1916
Lugar de nacementoCee
Falecemento5 de setembro de 2010
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e político
Na rede
Dialnet: 2144881
editar datos en Wikidata ]

Francisco Castor Mayán Fernández, nado en Cee o 30 de setembro de 1916 e finado en Lugo o 5 de setembro de 2010[1], foi un historiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os primeiros estudos en Cee e obtivo o título de bacharel na Coruña en 1934, nese ano matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras (sección de Historia). Antes de rematar a carreira foi nomeado profesor no colexio “Fernando Blanco” de Cee. Ingresou en FET y de las JONS en 1938. En 1939 obtivo a máxima cualificación no exame de reválida e o Premio Extraordinario de Historia. En 1940 foi doutor en Filosofía e Letras. Exerceu como profesor axudante de clases prácticas de Historia Antiga de España na Universidade Central de Madrid. En 1946 foi destinado como profesor ao Colexio Carrasconte de Villablino, onde tamén foi director. En 1953 foi nomeado profesor titular de Xeografía e Historia no Centro de Ensinanza Media e Profesional de Mondoñedo, do que foi catedrático e despois director até 1985, cando se xubilou con 68 anos. Foi alcalde de Mondoñedo de 1964 a 1966 e cronista oficial de Mondoñedo de 2001 a 2010. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia da Historia de Madrid. Obtivo o premio nacional de leccións modelo de Xeografía e Historia e Cruz da Orde Civil de Afonso X O Sabio.


Predecesor:
José Lorenzo García
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1964 - 1966
Sucesor:
Carlos Areñas Azcárraga
Predecesor:
Xosé Díaz Xácome
 Cronista de Mondoñedo 
2001 - 2010
Sucesor:
Antonio Reigosa

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los franceses en Cee, 1941.
  • El arquitecto gallego Domingo Antonio de Andrade, 1942.
  • Gonzalo, el Obispo Santo, 1955.
  • El Mariscal Pardo de Cela, a la luz de nueva documentación histórica, 1962.
  • Breve Historia de la Villa de Cee.
  • Breve Guía Histórico-Artística de Mondoñedo, 1975.
  • Domingo Antonio de Andrade, Hijo ilustre de Cee, 1990.
  • Manuel Ledo Bermúdez, O Pallarego: Un dos meirandes amigos de Álvaro Cunqueiro, 1991.
  • Historia de Mondoñedo, desde sus orígenes hasta 1833 en que dejó de ser su capital de provincia, 1994.
  • Trajano o el cumplimiento del deber, 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]