Saltar ao contido

José Ortega y Gasset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ortega y Gasset

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1883 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′03″N 3°43′49″O / 40.400806, -3.730319 Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
8 de xullo de 1931 – 29 de xullo de 1931 – José Piqueras Muñoz →

Circunscrición electoral: Xaén
Deputado nas Cortes republicanas
7 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: León (en) Traducir
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1926 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central
Universidade de Deusto
St. Stanislaus Kostka College, Málaga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo , xornalista de opinión , crítico literario , político , poeta , tradutor , matemático , profesor universitario , sociólogo , pedagogo , escritor , ensaísta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAgrupación al Servicio de la República (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNovecentismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJulio Cejador Frauca e Juana Capdevielle Editar o valor en Wikidata
AlumnosAntonio Rodríguez Huéscar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRosa Spottorno Topete
FillosJosé Ortega Spottorno (pt) Traducir, Soledad Ortega Spottorno (en) Traducir, Miguel Ortega (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Ortega Munilla Editar o valor en Wikidata
IrmánsRafaela Ortega y Gasset (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesEduardo Gasset Artime (avó materno)
Eduardo Gasset Chinchilla (maternal uncle (en) Traducir)
Rafael Gasset Chinchilla (maternal uncle (en) Traducir)
Simone Ortega (nora (pt) Traducir)
Juan Spottorno y Topete (pt) Traducir (irmán da esposa)
Mario Spottorno (en) Traducir (sobriño) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

BNE: XX913447 Bitraga: 3814 Dialnet: 21020 Musicbrainz: 2e7287a7-925f-406f-8efc-451857d6391a Find a Grave: 9761551 Editar o valor en Wikidata

José Ortega y Gasset, nado en Madrid o 9 de maio de 1883 e finado na mesma cidade o 18 de outubro de 1955, foi un filósofo español considerado o principal expoñente da teoría do perspectivismo e do raciovitalismo, situado no movemento do Novecentismo. Tamén actuou como activista político e como xornalista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa natal en Madrid, rua Alfonso XII n.º 4.

Fillo de José Ortega Munilla[a] e Dolores Gasset, filla de Eduardo Gasset Artime.[b][1]

Cursou os seus primeiros estudos en Madrid, logo trasladouse a Málaga, onde estudou o bacharelato en Miraflores de El Palo, no colexio Santo Estanislau da Compañía de Xesús onde rematou ós 14 anos. A súa etapa universitaria comeza en 1897 matriculado en Dereito e Filosofía na Universidade de Deusto, Bilbao (1897–1898), máis tarde retornou a Madrid para estudar Filosofía e Letras na Universidade Central (1898–1902). Dous anos máis tarde obtivo o doutoramento de filosofía coa súa obra: Los terrores del año mil. Crítica de una leyenda. A súa idea de que o que necesitaba España era ciencia e moralidade pública- iso era Europa como ideal de futuro- levouno a estudar a Alemaña, universidade considerada a mellor de Europa por aquel entón. Entre 1905 e 1907 realizou estudos en Leipzing, Núremberg, Colonia, Berlín e, sobre todo, Marburgo onde estableceu contacto coa corrente neokantiana.

En 1909, en España, foi nomeado profesor numerario de Psicoloxía, Lóxica e Ética da Escola Superior de Maxisterio de Madrid e en outubro de 1910 gaña por oposición a cátedra de metafísica da Universidade Central, vacante tras o falecemento de Nicolás Salmerón.

Nese mesmo ano contrae matrimonio con Rosa Spottorno Topete. En 1911 nace o seu primeiro fillo, Miguel Germán Ortega Spottorno, médico de profesión, tres anos despois, naceu a súa filla Soledad Ortega Spottorno, creadora da Fundación Ortega y Gasset en 1978, da que será presidenta de honra. En 1918 nace José Ortega Spottorno, enxeñeiro agrónomo.

Colaborador do diario El Sol dende 1917, onde publicou en folletíns dúas obras: España invertebrada e La rebelión de las masas. En 1923 fundou a Revista de Occidente da que foi director ata 1936. Dende esta publicación promoveu a tradución e comentario das máis importantes tendencias filosóficas e científicas.

O 15 de novembro de 1930 publicou en El Sol o artigo "El error Berenguer"[2] que finalizaba coa frase Delenda est Monarchia, en referencia ao Delenda est Carthago de Catón. Ademais dunha crítica do goberno da Dictablanda, de Dámaso Berenguer, era unha condena absoluta da Monarquía como forma de Estado para España.

Durante a Segunda República foi elixido deputado pola provincia de León coa Agrupación ó Servizo da República. No debate de totalidade do proxecto da Comisión de Constitución celebrado entre os días 27 de agosto e 9 de setembro de 1931 interveu como voceiro do grupo parlamentario da Agrupación.

Permaneceu no escano durante un ano, tras criticar publicamente o curso que a República tomaba no seu célebre discurso coñecido como «Rectificación de la República» de decembro de 1931. Cando comezou a guerra civil española, Ortega estaba enfermo no seu domicilio; tres días despois presentáronse na súa casa varios comunistas con pistolas e esixiron a súa firma no pé dun manifesto contra o golpe de Estado e en favor do Goberno republicano. Ortega negouse a recibilos e foi a súa filla quen conversou con eles e conseguiu convencelos de redactar outro texto curto e menos politizado que Ortega firmou un tempo despois xunto con Gregorio Marañón, Ramón Pérez de Ayala e outros intelectuais[c]. Nese mesmo mes de xullo e a pesar da súa grave enfermidade, fuxiu de España, grazas ao seu irmán Eduardo, primeiro exiliouse a París, logo nos Países Baixos, Arxentina e finalmente en Lisboa en 1942.

A partir de 1945 a súa presenza en España foi frecuente aínda que nunca conseguiu recuperar a súa cátedra. Optou por fundar un Instituto de Humanidades onde impartiu as súas leccións. Durante estes anos ata a súa morte a súa vida transcorreu sobre todo en Alemaña, onde recibiu o creto e as oportunidades de expresión que lle correspondían.

Ortega y Gasset exerceu unha grande influencia filosófica en España no século XX non só pola temática da súas obras filosóficas senón tamén polo seu estilo literario áxil, descrito por algúns como próximo ó Quixote, o que lle permitiu chegar facilmente ó público.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Ortega divide a súa formación en dúas fontes moi diferenciadas: a filosofía grega e a filosofía europea continental iniciada con Descartes, tamén cabe destacar a filosofía alemá neokantiana que asimilou na súa etapa en Marburgo. O resto de teorías da época son practicamente ignoradas por el. O seu pensamento acostuma dividirse en tres etapas:

  • Obxectivismo (1902-1914).
  • Perspectivismo (1914–1923).
  • Raciovitalismo (1924–1955).

Obxectivismo

[editar | editar a fonte]
Retratado por Joaquín Sorolla en 1918.

Presente na filosofía de Ortega e Gasset dende 1902 ata 1914, durante a súa estadía en Alemaña, nesta época reflexiona sobre como evitar a decadencia de España. O filósofo ve como solución a europeización, isto quere dicir, que o país necesita cultivar un modo de civilización que, sen deixar de ser español, poida ser europeo. Influenciado polo neokartinismo proponse como o principal problema o coñecemento pero lonxe do realismo e do idealismo.

Deste período é a súa famosa declaración "Yo soy yo y mi circunstancia, y si no la salvo a ella no me salvo yo" (eu son eu e a miña circunstancia e se non a salvo a ela non me salvo eu) no seu libro Meditaciones sobre el Quijote. O eu do que falaba Ortega é un eu no mundo, no escenario no que actúa, porque a vida é unha actuación, temos que cultivar nós o noso propio coñecemento. Esta declaración destínase a salientar a singularidade da vida de cada ser humano, non transferible (non pode vivir por min) e determinada por circunstancias temporais e espaciais: Eu nacín nun tempo e lugar e, consecuentemente, a miña vida mostra certas características. As circunstancias son moitas e variadas de home para home, o que fai a súa vida singular. Á luz das circunstancias e, polo tanto, para determinar cada individuo. A súa eliminación pode anularnos a nos mesmos.

Perspectivismo

[editar | editar a fonte]

“Cada vida es un punto de vista sobre el universo” (cada vida é un punto de vista sobor do universo) publicada no libro Tema de nuestro tiempo recolle á perfección a idea perspectivista de Ortega que é un partidario do perspectivismo histórico, é dicir, ten unha concepción da historia segundo a cal podemos analizar e entender as cousas dende diferentes perspectivas. Cada home ten unha especial comprensión da realidade que só lle pertence a el. O total da suma de todos os puntos de vista de todos os homes proporcionan unha visión real e verdadeira do mundo. En esencia, a variedade de perspectivas permite ver unha realidade máis completa e máis obxectiva. Un dos puntos máis importantes do perspectivismo é defender cada posición co obxectivo de que sexa considerada a pesar de que sexa contraria á doutros. Cada individuo debe mostrarse cunha posición única e orixinal que debe ser tolerada polo resto para evitar enfrontamentos entre as diferentes posicións.

Raciovitalismo

[editar | editar a fonte]

O raciovitalismo consistiu no intento de fusionar a vida e a razón, superando as incompatibilidades que se dan entre ambas. A vida é para Ortega a realidade existencial humana, o seu quefacer. Vivir é sentir algo, facer algo, pensar algo, vivir é a coexistencia entre o eu e o mundo, e no que temos que basear a nosa filosofía.

No raciovitalismo Ortega tamén afirma que o ser humano é o que foi, ou sexa, que non ten natureza senón historia e ten que ser capaz de asumila e de ir creando a súa propia sen que ninguén a escolla por el dentro dunhas circunstancias diarias que inflúen decisivamente no xeito de levar a cabo o seu proxecto persoal.

O descubrimento da vida como realidade metafísica, esixe un método que poida ser accesible, este método é a razón vital, o home está aberto ó mundo e é aquí onde desenvolve a súa personalidade. A vida que imos vivindo é a realidade onde a razón adquire sentido, para levar a cabo unha existencia auténtica. A razón é a capacidade para iluminar e dar sentido a existencia persoal e cultural.

El espectador en edición de 1969 da Biblioteca Básica Salvat.
  • 1914: Meditaciones del Quijote
  • 1914: Vieja y nueva política
  • 1916: El Espectador I
  • 1917: El Espectador II
  • 1921: El Espectador III
  • 1922: España invertebrada. Bosquejo de algunos pensamientos históricos
  • 1923: El tema de nuestro tiempo. El ocaso de las revoluciones. El sentido histórico de la teoría de Einstein
  • 1924: Las Atlántidas
  • 1925: La deshumanización del arte e Ideas sobre la novela
  • 1925: El Espectador IV
  • 1927: El Espectador V
  • 1926: El Espectador VI
  • 1927: Espíritu de la letra
  • 1927: Tríptico I. Mirabeau o el político
  • 1928: Notas
  • 1929: El Espectador VII
  • 1929: Kant (1724-1924): Reflexiones de centenario
  • 1930: Misión de la universidad
  • 1930: La rebelión de las masas
  • 1931: Rectificación de la República
  • 1931: La redención de las provincias y la decencia nacional
  • 1933: Goethe desde dentro
  • 1934: El Espectador VIII
  • 1939: Ensimismamiento y alteración. Meditación de la técnica
  • 1940: El libro de las misiones
  • 1940: Ideas y creencias
  • 1940: Estudio sobre el amor
  • 1941: Mocedades
  • 1941: Historia como sistema e Del Imperio romano
  • 1942: Teoría de Andalucía y otros ensayos
  • 1942: Esquema de las crisis
  • 1945: Dos prólogos. A un tratato de montería. A una historía de la filosofía
  • 1950: Papeles sobre Velázquez y Goya
  • 1955: Velázquez
  • 1957: El hombre y la gente
  • 1958: ¿Qué es filosofía? (Escrita durante 1929).

Obras completas

[editar | editar a fonte]
  • Obras completas, Editorial Alianza/ Revista de Occidente, Madrid. 12 volumes, 1946–1983. Edición de Paulino Garagorri.
  • Obras completas, Editorial Taurus/ Santillana Ediciones Generales & Fundación José Ortega y Gasset (en coedición), Madrid. 10 volumes, 2004–2010.
  1. Tomo I (1902–1915). 2004. ISBN 978-84-306-0568-2. 
  2. Tomo II (1916). 2004. ISBN 978-84-306-0564-4. 
  3. Tomo III (1917–1925). 2005. ISBN 978-84-306-0580-4. 
  4. Tomo IV (1926–1931). 2005. ISBN 978-84-306-0592-7. 
  5. Tomo V (1932–1940). 2006. ISBN 978-84-306-0605-4. 
  6. Tomo VI (1941–1955). 2006. ISBN 978-84-306-0616-0. 
  7. Tomo VII (1902–1925). Obra póstuma. 2007. ISBN 978-84-306-0624-5. 
  8. Tomo VIII (1926–1932). Obra póstuma. 2008. ISBN 978-84-306-0666-5. 
  9. Tomo IX (1933–1948). Obra póstuma. 2009. ISBN 978-84-306-0667-2. 
  10. Tomo X (1949–1955). Obra póstuma. 2010. ISBN 978-84-306-0776-1. 
  • Obra selecta: Meditaciones del Quijote; ¿Qué es la filosofía?; La rebelión de las masas; Carta a un alemán; En torno a Galileo; Historia como sistema; Ideas y creencias; Prólogo a la historia de la filosofía de Émile Bréhier; La idea de principio en Leibniz (selección). José Lasaga y Javier Gomá (presentación). Cartoné. Biblioteca de Grandes Pensadores. Madrid: Editorial Gredos. 2012. ISBN 978-84-249-2332-7. 

Premio Ortega y Gasset

[editar | editar a fonte]
  • Outorgado anualmente polo diario El País a persoas destacadas durante ese tempo no campo do xornalismo e da comunicación española.
  1. Periodista e escritor, membro da Real Academia Española, director do diario El Imparcial, do que era copropietario. Foi un dos grandes empresarios da prensa liberal hispana e protector do futuro El Sol.
  2. Propietario do diario El Imparcial e galego de nacemento.
  3. No seu artigo En cuanto al pacifismo, escrito xa no exilio, Ortega, refírese a este episodio.
Referencias
  1. José Ortega y Gasset. Real Academia da Historia.
  2. Ortega y Gasset, José (15 de novembro de 1930). "El error Berenguer". El Sol (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]