Médico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O doutor e o seu paciente (século XVII) de Jan Havicksz Steen, Rijksmuseum.

Un médico é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente. Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor[1] a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutorado.

O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.[2]

Obxectivo[editar | editar a fonte]

O principal obxectivo do médico, e da medicina por extensión, é "coidar a saúde do paciente e aliviar o seu sufrimento".[3] "O médico poucas veces cura, algunhas alivia, pero sempre debe consolar".

Motivación[editar | editar a fonte]

As razóns para ser médico na actualidade poden ser de catro tipos:[4][5]

Personais[editar | editar a fonte]

Rúa dedicada aos Médicos, en Chinchilla de Monte-Aragón, Albacete.

Son as razóns principais e máis importantes.

  • O atractivo social da profesión.
  • Acceder a unha posición económica máis ou menos holgada.
  • Influencia de familiares, amigos, ou dos medios de comunicación.
  • Compromiso cos pacientes e o seu sufrimento, co concreto e individual.
  • Formulacións relixiosas, filosóficos ou de vida, como a crenza do impacto da medicina na equidade.
  • Rexeitamento a outras opcións de vida.

Sociais[editar | editar a fonte]

Científicas[editar | editar a fonte]

  • Traballar en centros que irradien novo coñecemento científico, para que cambie a cara do sufrimento humano.
  • Dominar unha parte poderosa da ciencia e da técnica, de enorme atractivo polo seu impacto na saúde do paciente.
  • O esforzo pola innovación da organización de servizos, e a mellóraa da investigación aplicada á atención dos pacientes cos ensaios clínicos, os estudos observacionais e o conxunto que chamamos "medicina baseada en probas" (Evidence Based Medicine).
  • A ansia do desenvolvemento das ciencias médicas é fundamental, e serve de acicate á continua necesidade de formación continuada que caracteriza ao médico.
  • A produción de ética médica, que pon o contrapunto filosófico e deontolóxico ao que facer do médico clínico.

Prácticas[editar | editar a fonte]

  • Pode ser unha elección que dea moita versatilidade á vida, como ofrecen as diferentes especialidades médicas, os lugares de traballo e o tempo dedicado á profesión.
  • A remuneración do médico. En xeral, como médico recíbese unha compensación económica que adoita estar na media ou por encima da media doutros profesionais (aínda que hai variacións extremas), e en todo caso ser médico é un medio de vida. A constante é ter ingresos que permiten levar unha vida honrada, con solvencia para facer fronte a formar unha familia e criar algúns fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]