Saltar ao contido

Manuel Vidán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Vidán
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 2019 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1372421 BUSC: vidan-torreira-manuel-1924-2019 Dialnet: 3035838


Manuel Vidán Torreira, nado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1924[1] e finado na Coruña o 29 de xullo de 2019, foi un filólogo e historiador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
La Saudade, Galaxia, 1953, inclúe artigos en galego e castelán de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Lois Tobío Fernández, Xoán Rof Carballo, Francisco Elías de Tejada, Xesús Alonso Montero, Manuel Vidán e Francisco Fernández del Riego.

Catedrático de latín de ensino medio. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo como Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores ou Francisco Otero Guldrís, que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou na tradución ao galego da Biblia e traduciu textos de Platón. Publicou traballos académicos e de investigación sobre a historia da lingua galega. Colaborou en La Voz de Galicia nas seccións "A nosa fala" e "Verbalia".

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vidán Torreira, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 593. ISBN 84-8064-113-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]