Carlos Jiménez Díaz (médico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Jiménez Díaz
Nome completoCarlos Jiménez Díaz
Nacemento9 de febreiro de 1898
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento18 de maio de 1967
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónmédico, profesor universitario e escritor
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, honorary doctorate of the University of Navarre e Medalla de Ouro ó Merito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Carlos Jiménez Díaz, nado en Madrid o 9 de febreiro de 1898 e finado ibid. o 18 de maio de 1967 foi un médico español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Jiménez Díaz fixo estudos de bacharelato no Instituto San Isidro de Madrid, cun brillante expediente académico. Ao rematar, comezou Medicina na Facultade de San Carlos, pero asistíu só ás clases de Histoloxía Normal e Histoquímica e Anatomía Patolóxica de Santiago Ramón y Cajal na Universidade Central de Madrid, hoxe Universidade Complutense de Madrid, de Teófilo Hernando en Terapéutica nas salas do Hospital Clínico San Carlos, e de Juan de Azúa Suárez en Dermatoloxía no Hospital Provincial de Madrid completando a súa formación na biblioteca.

A mediados de 1919 remata os estudos con Premio Extraordinario e nese verán, mentres traballaba no desaparecido balneario de La Fuente del Toro, realiza a súa tese titulada Factores esenciales de alimentación y crecimiento, obtendo o doutoramento en outubro.

Oposición[editar | editar a fonte]

Fixo o servizo militar (obrigatorio na época) combinando a instrución co estudo como opositor.

O 20 de febreiro de 1920 comezan as oposicións á Cátedra de Patoloxía Médica de Barcelona e Valladolid coa presenza de Pablo Ferrer Piera (favorito por ser médico de Alejandro Lerroux, que acabaría gañándoa, elixindo Barcelona), Carlos Jiménez Díaz e outros seis aspirantes. Misael Bañuelos ficou coa cátedra de Valladolid por unanimidade. Esa decisión, considerada parcial, xerou manifestacións de estudantes e doutores contra os amiguismos, mesmo cando o propio Díaz recoñeceu que a súa preparación e experiencia non eran suficientes para obter a cátedra.

Viaxes[editar | editar a fonte]

Continuou a formación no estranxeiro a través dunha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos, viaxando ao recentemente derrotado Imperio Alemán, onde traballou en Berlín con Leonor Michaelis (Bioquímica), Friedrich Kraus (Clínica), Adolf Bickel (Medicina Experimental), Arthur Heffter (Farmacoloxía), Otto Lubarsch (Anatomía Patolóxica) e Adolf von Strümpell (Clínica), entre outros. Despois trasladouse a Frankfurt onde traballou con Carl von Noorden.

Cátedra[editar | editar a fonte]

De volta a España, optou por outra cátedra, que por ser moi novo non acadou, aínda que a conseguiría pouco despois, con só 24 anos. Despois de dirixir durante dous cursos a cátedra da Clínica Médica de Sevilla, pasou en 1926 á de Madrid, onde até a súa morte exerceu unha destacada docencia que atraería a estudantes e a numerosos profesionais sanitarios.

Jiménez Díaz concibiu a idea do que —xunto á docencia e á labor clínica— constituiría o motivo da súa vida: a creación dun Instituto que reuniría clínicas e laboratorios nun complexo ben estruturado, dedicado á investigación ao servizo da Medicina. Consegue concretar o Instituto de Investigaciones Médicas, que se instala nunha das ás da nova Facultade de Medicina de Madrid e comeza a funcionar en 1935; ao pouco, na Guerra civil, o lugar foi destruído. Mentres, Jiménez Díaz foi dar conferencias a Londres e preparou un libro en París. De regreso á súa terra natal, dirixe temporalmente o Hospital Nuestra Señora de las Mercedes de Donostia[1] até establecerse en Madrid. Ao final da guerra, a destrución material e os desencontros, a pesar de non ter manifestado simpatías polo bando republicano (agás a súa sintonía con Santiago Ramón y Cajal) impiden que reinicie o traballo do seu Instituto nas dependencias da Facultade. Malia os atrancos, foi readmitido pola comisión depuradora da Universidade de Madrid en xaneiro de 1940, e finalmente a fundación renace o 13 de febreiro do mesmo ano, no barrio do Pacífico.

Fundación Jiménez Díaz.

En 1955, o Instituto de Investigacións Médicas abre as súas portas no novo edificio que se alza en Moncloa, sobre as ruínas da Fundación Rubio. Entre 1955 e 1960 levouse a cabo unha experiencia docente, dirixida a estudantes de medicina, afogada pola escasa autonomía universitaria; posteriormente retomouse esa actividade en colaboración coa Universidade Autónoma de Madrid.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O profesor Jiménez Díaz foi académico de número en Medicina Nacional e honorario de diversas Academias; Doutor honoris causa polas universidades de Coímbra, do Porto e de Navarra; membro fundador da Sociedade Internacional de Medicina Interna —que presidiría entre 1960 e 1964— das de Alerxia, Cardioloxía e outras varias; premio Juan March; Medalla Sahli, Gran Cruz de Afonso X, etc.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Os problemas médicos que Jiménez Díaz e os seus colaboradores estudaron especialmente son os do « latirismo », a esteatorrea, o asma, o fenómeno da inmunosupresión, a hipertensión e as enfermidades dos riles. Os seus criterios médicos foron quen de unificar a visión anatómico-clínica da ciencia alemá coa fisiopatoloxía do ámbito anglosaxón.

Son moi coñecidas as súas Lectures on Medical Pathology (1934-52), Problems of Internal Pathology (1944 e 1953), Asthma and Allied Processes (1953) e The Physician Examining His Patient (1954) e moitos dos seus numerosos artigos científicos. Tamén fundou en 1940 a Revista Clínica Española, que aínda hoxe se edita. En 1948 comezou a edición do Boletín do Instituto de Investigacións Médicas.

Pasamento[editar | editar a fonte]

A pesar da grave enfermidade sufrida en 1963, e do grave accidente de tráfico que se produciu dous anos despois, Jiménez Díaz continuou o seu traballo incansable apoiado nas súas muletas; Morreu de súpeto, mentres traballaba na súa propia clínica, o 18 de maio de 1967.[2]

Legado[editar | editar a fonte]

A constitución en 1962 da Fundación Jiménez Díaz (Hospital Universitario Jiménez Díaz), a xenerosidade do fundador e a súa muller —finada pouco despois— e o grupo dos seus eminentes colaboradores, garanten a continuidade do seu labor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El profesor Don Carlos Jiménez Díaz por Don Fernando Pérez Peña". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  2. "Dr. Carlos Jiménez Díaz". PressReader.com - Digital Newspaper & Magazine Subscriptions (en castelán). Consultado o 2022-05-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]