Navia, Vigo
Navia | |
---|---|
Praia de Samil en Navia. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°12′23″N 8°46′03″O / 42.20648587, -8.767417 |
Poboación | 6.269 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Paio de Navia é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Comesaña e Coruxo e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 12 entidades de poboación, 10 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 6.269 habitantes (3.130 homes e 3.139 mulleres).
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Devesa (316), A Gándara (181), Goberna (45), As Pereiras (510), As Pertegueiras (59), Quintela (90), O Redondo (362), Samil (191), A Tomada (125), A Torre (119), O Xuncal (192), As Teixugueiras (600). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é navián[3].
Historia
[editar | editar a fonte]Formou parte do Concello de Fragoso ata 1837, cando se integrou en Bouzas. Dende a década dos anos 70 experimentou un profundo desenvolvemento urbanístico concentrándose a poboación ao redor da Alameda de Emilio Crespo Cano, a urbanización Samil, e co desenvolvemento do PAU de Navia, na nova urbanización.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre os monumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. Tamén ten interese o conxunto parroquial formado por templo en estilo barroco rural con campanario en espadana, adro, casa reitoral, casa da obra, cruceiro, palco da música e cemiterio histórico está incluído no Catálogo de Bens Culturais de Vigo. A igrexa nova de Navia, de 1969, foi concibida segundo os postulados da arquitectura moderna de Le Corbusier, e constitúe unha das obras máis destacadas do arquitecto Antón Román Conde, xunto coa igrexa dos Picos do Calvario.[4]
Na parroquia atópase a praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nocturnos (tamén chamados "búhos").
Asociacións
[editar | editar a fonte]A principal entidade social da parroquia é a Asociación Veciñal de Navia, con sede na rúa Bravo nº6 e conta cunhas completas instalacións con auditorio e sala de conferencias onde se celebran eventos culturais, conferencias, cursos e proxeccións durante todo o ano. Tamén existe a Asociación Veciñal "Novo Vigo" que foi creada en 2011 para tódolos veciños do Pau de Navia. Destaca a existencia dunha emisora de radio veciñal, Onda Navia, que emite na frecuencia 106.10 FM.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Navia
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Navia no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
A Barroca | O Bravo | O Cerqueiro | A Devesa | A Eira Vella | Ferreira | A Gándara | Goberna | A Igrexa | O Lourido | O Outeiro | As Pereiras | As Pertegueiras | O Piñeiro | Quintela | O Redondo | As Saíñas | Samil | A Tomada | A Torre | O Xuncal |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 22. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ Cúbica, Comunicación. "Vigo Casi Secreto | Inicio". www.vigocasisecreto.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2018-07-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Veciñal de NaviaArquivado 02 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
- PaudeNavia.net