Francisco Silvela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Silvela
Francisco Silvela, de Kaulak, en Nuevo Mundo.jpg
Nome completoFrancisco Silvela y de Le Villeuze
Nacemento15 de decembro de 1843 e 1845
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento29 de maio de 1905 e 1905
Lugar de falecementoMadrid
Soterradocamposanto de San Isidro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central de Madrid
Ocupaciónpolítico, historiador, avogado, diplomático, xornalista e escritor
PaiFrancisco Agustín Silvela Blanco
CónxuxeAmalia Loring y Heredia
FillosJorge Silvela
IrmánsLuis Silvela y de Le Vielleuze e Manuel Silvela
Firma de Francisco Silvela.svg
editar datos en Wikidata ]
Francisco Silvela

Francisco Silvela y de Le Villeuze, nado en Madrid o 15 de decembro de 1843 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 1905 foto un historiador, avogado e político español. Entre 1899 e 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros. Silvela tamén foi un destacado ensaísta e escritor que editou obras históricas, xurídicas, ensaios e colaborou en publicacións como La Época, La Revista de España, El Imparcial e El Tiempo. Pertenceu as Reais Academias Española, de Ciencias Morais e Políticas e de Xurisprudencia e Lexislación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do ilustre avogado Francisco Agustín Silvela, ministro de Gobernación e de Graza e Xustiza, Vicepresidente do Congreso e Maxistrado do Tribunal Supremo.

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e ingresou na Academia de Xurisprudencia en 1862. Iniciou a súa actividade política como deputado nas Cortes Constituíntes de 1870, representando de Ávila, adscribíndose ao grupo conservador de Cánovas del Castillo. Non participou en actividades políticas durante todo o sexenio revolucionario, rexeitando calquera cargo político durante o reinado de Amadeu de Savoia e na Primeira República.

Coa Restauración borbónica en España foi nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Martínez Campos en 1879, logo de se ter ocupado da Subsecretaría dese Ministerio desde 1875. Introduciu reformas no sistema de beneficencia que suscitarían a oposición de Romero Robledo. Destacou polas súas disidencias no seo do conservadorismo da Restauración, movemento desde o cal defendía un réxime político parlamentario constitucional. Discrepou con Cánovas ao rexeitar o sistema de quenda política, baseado no caciquismo e na fraude electoral, e rexeitou o sistema político canovista como decadente e carente de moralidade. Cando se produciu a ruptura entre Robledo e Cánovas, a raíz do asinamento do Pacto do Pardo (1895), co establecemento da quenda política co líder liberal Sagasta en 1881, Silvela converteuse no lugartenente do líder conservador.

En 1885 foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza.

No goberno de Cánovas de 1890, ocuparía o posto de Ministro de Gobernación, pero ante a reconciliación entre Robledo e o líder conservador preferiu dimitir, formando un novo grupo disidente: os silvelistas; cun programa no que unha parte importante era a reforma total do goberno municipal, como base para crear unha moralidade política que impedise o funcionamento do caciquismo e o uso da política local para fins electoralistas. Pretendeu realizar un proxecto rexeneracionista desde arriba, que despois sería continuado por Antonio Maura.

Despois da morte de Cánovas en 1897, Silvela foi nomeado xefe indiscutido do Partido Conservador.

Entre 1899 e 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros, incorporando no seu gabinete figuras da categoría de Villaverde, Polavieja, Maura o Dato. No seu primeiro goberno acumulou tamén a carteira de Estado e no segundo a de Mariña.

No 1903 retirouse definitivamente da vida política, non sen antes designar a Antonio Maura como o seu sucesor.


Predecesor:
Práxedes Mateo Sagasta
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1899
Sucesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
Predecesor:
Práxedes Mateo Sagasta
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1902
Sucesor:
Raimundo Fernández Villaverde

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cartas de la Venerable Sor María de Agreda y El Señor Rey Don Felipe IV. (1885)
  • Sin Pulso. Xornal El Tiempo (1898)
  • La Filocalia, el arte de distinguir a los cursis de los que no lo son - en colaboración con Santiago Liniers - (1868)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]