Saltar ao contido

Francisco Serrano Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Serrano Domínguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Serrano y Domínguez Editar o valor en Wikidata
17 de decembro de 1810 Editar o valor en Wikidata
Ilha de León, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 1885 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Saint Jerome the Royal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do Senado de España
12 de decembro de 1883 – 31 de marzo de 1884
← José Gutiérrez de la ConchaFrancisco Javier Arias Dávila y Matheu →
Senador do Reino
27 de abril de 1877 – 26 de novembro de 1885
Xefe de Estado de España
3 de xaneiro de 1874 – 29 de decembro de 1874
Presidente do Poder Executivo
3 de xaneiro de 1874 – 30 de decembro de 1874
← Emilio CastelarAfonso XII de España →
Presidente do Consello de Ministros
3 de xaneiro de 1874 – 26 de febreiro de 1874
← Emilio CastelarJuan Zavala de la Puente →
Ministro da Guerra
26 de maio de 1872 – 13 de xuño de 1872
← Juan Zavala de la PuenteFernando Fernández de Córdova →
Rexente de España
26 de maio de 1872 – 13 de xuño de 1872
← Práxedes Mateo SagastaManuel Ruiz Zorrilla →
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
14 de abril de 1871 – 28 de xuño de 1872
Circunscrición electoral: Xaén
Ministro da Guerra
4 de xaneiro de 1871 – 24 de xullo de 1871
← Juan Bautista Topete y CarballoFernando Fernández de Córdova →
Rexente de España
4 de xaneiro de 1871 – 24 de xullo de 1871
← Juan Bautista Topete y CarballoManuel Ruiz Zorrilla →
Rexente de España
18 de xuño de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
← Isabel II de EspañaAmadeu I de España →
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
16 de febreiro de 1869 – 16 de xuño de 1869 – Q131893404 Traducir →
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Rexente de España
3 de outubro de 1868 – 18 de xuño de 1869
← Joaquín Aguirre de la PeñaJoan Prim i Prats →
Presidente do Senado de España
12 de decembro de 1865 – 30 de decembro de 1866
← Manuel Gutiérrez de la ConchaManuel Pando Fernández de Pineda →
Ministro de Estado de España
17 de xaneiro de 1863 – 2 de marzo de 1863
← Saturnino Calderón CollantesManuel Pando Fernández de Pineda →
Gobernador e Capitán Xeneral de Cuba
24 de novembro de 1859 – 14 de agosto de 1862
← José Gutiérrez de la ConchaDomingo Dulce →
Embaixador de España en Francia
4 de agosto de 1856 – 20 de xuño de 1857
← Salustiano OlózagaDuque de Rivas →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
13 de novembro de 1854 – 2 de setembro de 1856
Circunscrición electoral: Xaén
Q117396260 Traducir
outubro de 1847 – agosto de 1848
Senador vitalicio de España
15 de agosto de 1845 – decembro de 1868
Ministro da Guerra
23 de xullo de 1843 – 1 de decembro de 1843
← Agustín NoguerasManuel de Mazarredo (en) Traducir →
Ministro da Guerra
9 de maio de 1843 – 19 de maio de 1843
← José Ramón RodilIsidoro de Hoyos →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
22 de marzo de 1841 – 10 de xullo de 1844
Circunscrición electoral: Málaga
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
20 de setembro de 1839 – 18 de novembro de 1839
Circunscrición electoral: Málaga
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónSeminary of Bergara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, político, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Liberal
Partido Constitucional Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarxeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoprimeira guerra carlista
Terceira Guerra Carlista Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque
Duke of la Torre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAntonia Domínguez y Borrell (1850–1885) Editar o valor en Wikidata
ParellaAntonia Domínguez y Borrell Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco Serrano y Domínguez
 () Antonia Domínguez y Borrell
Ventura Jacinta Serrano y Domínguez
 () Antonia Domínguez y Borrell
Leopoldo Serrano y Domínguez
 () Antonia Domínguez y Borrell Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé López Domínguez, sobriño
Fernando Díaz de Mendoza y Serrano, neto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 185494 BNE: XX1119743 Arquivo Histórico de Deputados: 108840

Francisco Serrano Domínguez, nado en Isla de León (Cádiz) o 17 de decembro de 1810 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1885, Duque de la Torre, foi un militar e político español. Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862), Presidente do Senado (1865-1866 e 1883-1884), Presidente do Consello de Ministros (1868-1868, (1871-1871) e (1872-1872), Rexente (1869-1870) e Presidente do Goberno de España (1874-1874).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Serrano naceu durante o asedio francés de Cádiz, fillo dun militar liberal. Ingresou no exército en 1822, ascendendo por méritos propios durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). En 1839 se incorporou ao Partido Progresista de Espartero.

Durante a Rexencia de Espartero (1841), foi nomeado por este mariscal e Ministro da Guerra. Despois, porén, virouse contra o excesivo poder do rexente, cooperando con Juan Prim para derrocalo (1843). Entre 1846-1848 sería amante da raíña Isabel II, sobre a cal exerceu unha grande influencia política.

Serrano espertaba receos entre os políticos moderados da época. En 1848, foi nomeado Capitán Xeneral de Granada, para telo afastado da Corte. Decidiu apartarse da política, dimitindo do cargo que ostentaba, casou e dedícouse a viaxar.

Cando en 1854 estala unha revolución progresista, Serrano volta a apoiar a Espartero. Ao longo do Bienio Progresista, que entón comezara, foi director xeneral de Artillaría, aliñándose cos centristas que impulsa O’Donnell a través do partido Unión Liberal.

Sería máis tarde embaixador en París, (1856); Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862) e Ministro de Estado (1863). Foi nesa altura que a raíña, Isabel II, o nomea duque de la Torre.

Un ano despois da morte de O’Donnell (5-XI-1867), Serrano sucederao como xefe da Unión Liberal, sumando este partido ás conspiracións antidinásticas de progresistas e demócratas. Participará de contado e decisivamente na Revolución de 1868, que destronaría a Isabel II, vencendo ás tropas gobernamentais na batalla de Alcolea.

Presidente de Goberno e Rexente

[editar | editar a fonte]

Triunfante a revolución, de seguido foi nomeado Presidente do Goberno Provisorio (1868-1869) e, vacante a xefatura do Estado, recaeu sobre el, como Presidente do poder executivo (1869-1870). No tempo no que se aceptou a instauración dun réxime monárquico para España e, mentres non chegaba o novo rei, as Cortes nomearon a Serrano como Rexente, con tratamento de Alteza. Unha vez instaurada a monarquía democrática coa coroación de Amadeu de Savoia, Serrano devolveu os poderes de que fora investido. Con Amadeu foi chamado a presidir o goberno en dúas ocasións (1871 e 1872).

Cando estala a Terceira Guerra Carlista, Serrano derrotaría ao pretendente Carlos (VII) en Oroquieta, asinando o Acordo de Amorebieta, coa esperanza de acabar co conflito (1872). O rexeitamento deste convenio polas Cortes, provocaría a caída de Serrano do goberno. Admitiría a proclamación da Primeira República, aínda que tería que exiliarse pola súa implicación nunha conspiración (1873).

Xefe de Estado

[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de estado do xeneral Pavía, que disolve as Cortes republicanas o 2 de xaneiro de 1874, Serrano será nomeado Presidente do goberno e do poder executivo, instaurando unha sorte de ditadura republicana de talante conservador. A súa ambición era perpetuarse como ditador, aínda que convidou ás tarefas gobernamentais tanto a Emilio Castelar como a Antonio Cánovas del Castillo, que refugaron. Ao tempo a destrución das forzas republicanas, e os conflitos carlista e cubano, que continuaban, abrirán camiño para a restauración dos Borbóns, precipitada a final daquel mesmo ano polo pronunciamento de Martínez Campos en Sagunt, 29 de decembro de 1874. Serrano acepta o novo rei, Afonso XII, pretendendo xogar un papel importante no novo réxime como xefe do Partido Constitucional. Pero as súas aspiracións foran desdeñadas por Cánovas e polo rei, preferindo a Sagasta como líder liberal, razón pola cal se escindirá co grupo da Izquierda Dinástica (1881).

O seu labor de goberno, logo de tantas peripecias, resultou insignificante, amén de que foi un político sen ideais nin proxectos, cunha ambición de poder que o faría mudar frecuentemente de orientación e de lealdades: sería así alcumado o Xudas de Arjonilla, pola súa veleidade e polo lugar onde posuía unha propiedade.


Predecesor:
Emilio Castelar y Ripoll
 
Primeira República española
Presidente do Goberno de España
 
3 de xaneiro - 30 de decembro
1874
Sucesor:
Ninguén
(Reinado de Afonso XII)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]