Auñamendi Eusko Entziklopedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Auñamendi Eusko Entziklopedia (ESA), é unha enciclopedia numérica co obxectivo de ser unha ponte entre a tradición, presente e futuro do País Vasco.[1] Tamén é coñecida polo nome de Enciclopedia Auñamendi-Fondo Bernardo Estornés Lasa. A enciclopedia ten como obxectivo actualizar, traducir ó éuscaro os artigos e complementar os contidos da Enciclopedia Auñamendi de Bernardo Estornés Lasa.

Presentación[editar | editar a fonte]

A enciclopedia inclúe máis de 150.000 artigos sobre cultura vasca e unha colección de 350.000 documentos da Sociedade da Vasco Estudos (Eusko Ikaskuntza).

A Sociedade de Estudos Vascos puxo na Internet no 2001 a Enciclopedia Auñamendi, e no 2007 empezou a traballar na Auñamendi Eusko Entziklopedia. Dende o 10 de marzo de 2010, pódese acceder a enciclopedia de balde a través da internet, grazas á fundación Euskomedia. O proxecto ten o seu punto de partida na Enciclopedia Xeral Ilustrada do País Vasco, fundada polos irmáns Mariano e Bernardo Estornés Lasa.

Ten preto de 300 empregados, socios ou colaboradores, renovando e completando o contido. Auñamendi Eusko Entziklopedia é unha iniciativa financiada polo Bilbao Bizkaia Kutxa, Kutxa, Caja Vital e o Goberno vasco.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]